Guerra de Afganistán (1978-1992): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite news
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal
Liña 95: Liña 95:
o [[17 de xullo]] de 1973, o ex-Primeiro Ministro Daoud fíxose co poder mediante un [[Golpe de Estado]], acusando ao goberno real de corrupción e de ser o causante das mala situación económica que atravesaba o país. Este golpe, supuxo a fin da monarquía e durante o seu goberno, Daoud gozou dunha boa reputación entre boa parte da poboación afgá, aínda que non entre os partidarios do PDPA.
o [[17 de xullo]] de 1973, o ex-Primeiro Ministro Daoud fíxose co poder mediante un [[Golpe de Estado]], acusando ao goberno real de corrupción e de ser o causante das mala situación económica que atravesaba o país. Este golpe, supuxo a fin da monarquía e durante o seu goberno, Daoud gozou dunha boa reputación entre boa parte da poboación afgá, aínda que non entre os partidarios do PDPA.


A forte oposición das faccións do PDPA foi reprimida polo réxime de Daoud. A morte de [[Mir Akbar Khyber]], un dos líderes do PDPA, en estrañas circunstancias desencadeou unha ola de protestas en Cabul contra o goberno de Daoud, nas que foron arrestados varios dos principais dirixentes do PDPA.<ref>{{cite journal|last=Hilali|first=A. Z.|title=The Soviet Penetration into Afghanistan and the Marxist Coup|journal=The Journal of Slavic Military Studies|volume=18|year=2005|page=709|issue=4|doi=10.1080/13518040500354984}}</ref><ref>{{Cita libro|last=Bradsher|first=Henry S.|title=Afghanistan and the Soviet Union|location=Durham|publisher=Duke Press Policy Studies|year=1983|pages=72–73}}</ref>
A forte oposición das faccións do PDPA foi reprimida polo réxime de Daoud. A morte de [[Mir Akbar Khyber]], un dos líderes do PDPA, en estrañas circunstancias desencadeou unha ola de protestas en Cabul contra o goberno de Daoud, nas que foron arrestados varios dos principais dirixentes do PDPA.<ref>{{Cita publicación periódica|last=Hilali|first=A. Z.|title=The Soviet Penetration into Afghanistan and the Marxist Coup|journal=The Journal of Slavic Military Studies|volume=18|year=2005|page=709|issue=4|doi=10.1080/13518040500354984}}</ref><ref>{{Cita libro|last=Bradsher|first=Henry S.|title=Afghanistan and the Soviet Union|location=Durham|publisher=Duke Press Policy Studies|year=1983|pages=72–73}}</ref>


O [[27 de abril]] de [[1978]], o [[Exército Nacional Afgá|exército afgá]], que simpatizaba co PDPA, derrocou a Daoud e executouno posteriormente xunto con algúns membros da súa familia.<ref>{{Cita libro|last=Garthoff|first=Raymond L.|title=Détente and Confrontation|location=Washington D.C.|publisher=The Brookings Institute|year=1994|page=986}}</ref> Nur Muhammad Taraki, [[Secretario Xeral]] do PDPA, converteuse en presidente dun Consello Revolucionario, así como no Primeiro Ministro da República Democrática de Afganistán, que acababa de ser creada.
O [[27 de abril]] de [[1978]], o [[Exército Nacional Afgá|exército afgá]], que simpatizaba co PDPA, derrocou a Daoud e executouno posteriormente xunto con algúns membros da súa familia.<ref>{{Cita libro|last=Garthoff|first=Raymond L.|title=Détente and Confrontation|location=Washington D.C.|publisher=The Brookings Institute|year=1994|page=986}}</ref> Nur Muhammad Taraki, [[Secretario Xeral]] do PDPA, converteuse en presidente dun Consello Revolucionario, así como no Primeiro Ministro da República Democrática de Afganistán, que acababa de ser creada.

Revisión como estaba o 2 de xuño de 2015 ás 19:26

Modelo:Infobox conflito militar

A Invasión soviética de Afganistán durou nove anos, dende decembro de 1979 ata febreiro de 1989. Foi parte da Guerra fría e librouse entre as forzas lideradas polos soviéticos e as forzas afgás contra grupos de insurxentes de varias nacionalidades chamados muxahidíns. Os insurxentes recibiron formación militar nas veciñas Paquistán e China,[1] ademais de millóns de dólares de Estados Unidos, Reino Unido, Arabia Saudita, e outros países[2][3][4][1][5] Os máis de dez anos de guerra provocaron que moitos afgáns fuxiran do seu país, con destino principalmente en Paquistán e Irán. Ademais dos que morreron en combate, centos de miles de civís afgás foron asasinados.

O Despregue soviético inicial do 40º Exército en Afganistán comezou o 24 de decembro de 1979 baixo o mando do dirixente soviético de Leonid Brezhnev.[6] A intervención soviética no conflito rematou ca retirada xeral das tropas, que comezou o 15 de maio de 1988, e concluiu o 15 de febreiro de 1989, baixo o mando do último presidente soviético, Mikhail Gorbachev e trala firma do Acordos de Xenebra entre a RDA e Paquistán; os enfrontamentos entre as tropas gobernamentais e os muxahidíns continuaron na guerra civil afgá, ata a caída do goberno da República Democrática de Afganistán en 1992.[7][8][9]

Transfondo

Véxase tamén: Historia de Afganistán.

A República Democrática de Afganistán formouse trala Revolución de Saur, o 27 de abril de 1978. O goberno implantou políticas en beneficio dos pobres e dos agricultores e aplicou a axenda socialista. Mantivo importantes relacións diplomáticas coa Unión Soviética. O 5 de decembro de 1978, asinouse un tratado de amizade entre ambos países. O 3 de xullo de 1979, o presidente estadounidense Jimmy Carter asinou a primeira directiva para ofrecer axuda financeira de maneira encuberta aos opositores ao goberno pro-soviético de Kabul.[10]

A intervención militar rusa en Afganistán remóntase ás expansións tsaristas coñecidas como "Gran Xogo", que mantiñan Rusia e Gran Bretaña. Esta comezou no século XIX, con acontecementos como o Incidente de Panjdeh, un enfrontamento militar que tivo lugar en 1885, cando o exército ruso se apoderou do territorio afgá ao sur do río Oxus, ao redor dun oasis en Panjdeh. Este interese na rexión continuou durante a era soviética, na que se destinaron millóns en axuda económica e militar a Afganistán entre os anos 1955 e 1978.[11]

En febreiro de 1979, a revolución islámica derrocou ao Sah do país contiguo de Irán, que estaba apoiado polos Estados Unidos. O embaixador de Estados Unidos en Afganistán, Adolph Dubs, foi secuestrado por militantes dunha organización vinculada ao movemento de Países Non Aliñados, coñecida como Setami Milli, e posteriormente asasinado durante un asalto levado a cabo pola policía afgá, asistida por axentes soviéticos. Esta morte provocou un importante deterioro das relacións afgano-estadounidenses.[12]

Estados Unidos despregou vinte buques e dous portaavións no Golfo Pérsico e no Mar Arábigo, e producíronse unha serie de ameazas de guerra entre Estados Unidos e Irán.[13]

En marzo de 1979 asinouse un tratado de paz, apoiado polos Estados Unidos, entre Israel e Exipto. A Unión Soviética considerou que Estados Unidos sacou proveito deste tratado. Así, un xornal soviético afirmaba que Exipto e Israel se converteran nos "xendarmes do Pentágono". Os soviéticos crían que o tratado non era só un acordo de paz entre os seus antigos aliados exipcios e Israel, senón tamén unha alianza militar.[14] Ademais, Estados Unidos vendeu máis de 5.000 mísiles a Arabia Saudita e abasteceu aos rebeldes leais á coroa, contrarios ao goberno nasserista, na Guerra Civil de Iemen do Norte. Tamén empeoraron nesa mesma época as relacións entre a Unión Soviética e Iraq. En xuño de 1978, Iraq comezou a establecer relacións cordais con países occidentais, chegando a mercar a Francia armamento de fabricación italiana, aínda que a maioría o obtiña da Unión Soviética, os seus aliados do Pacto de Varsovia e China.

Revolución de Saur

Artigo principal: Revolución de Saur.

O Rei Mohamed Zahir ascendeu ó trono en 1933 e estivo reinando até 1973. O primo de Zahir, Mohammad Daoud Khan, exerceu como Primeiro Ministro dende 1954 até 1963. O Partido Democrático Popular de Afganistán (PDPA), de ideoloxía marxista, gañou forza nestes anos. En 1967, o PDPA dividiuse en dúas faccións, o Khalq (traducido por masas ou pobo), liderado por Nur Muhammad Taraki e Hafizullah Amin e o Parcham (traducido por estandarte), liderado por Babrak Karmal.

o 17 de xullo de 1973, o ex-Primeiro Ministro Daoud fíxose co poder mediante un Golpe de Estado, acusando ao goberno real de corrupción e de ser o causante das mala situación económica que atravesaba o país. Este golpe, supuxo a fin da monarquía e durante o seu goberno, Daoud gozou dunha boa reputación entre boa parte da poboación afgá, aínda que non entre os partidarios do PDPA.

A forte oposición das faccións do PDPA foi reprimida polo réxime de Daoud. A morte de Mir Akbar Khyber, un dos líderes do PDPA, en estrañas circunstancias desencadeou unha ola de protestas en Cabul contra o goberno de Daoud, nas que foron arrestados varios dos principais dirixentes do PDPA.[15][16]

O 27 de abril de 1978, o exército afgá, que simpatizaba co PDPA, derrocou a Daoud e executouno posteriormente xunto con algúns membros da súa familia.[17] Nur Muhammad Taraki, Secretario Xeral do PDPA, converteuse en presidente dun Consello Revolucionario, así como no Primeiro Ministro da República Democrática de Afganistán, que acababa de ser creada.

Faccións dentro do PDPA

Trala revolución, Taraki asumiu a presidencia e os postos de Primeiro Ministro e de Secretario Xeral do PDPA. O goberno foi dividido segundo as faccións existentes, co President Taraki e viceprimeiro ministro Hafizullah Amin da facción Khalq fronte a líderes da facción Parcham tales coma Babrak Karmal e Mohammad Najibullah. Os conflitos no PDPA, deron lugar a situacións de exilio, purga e execución de membros do Parcham.[18]

Durante os primeiros dezaoito meses de goberno, o PDPA aplicou un programa de estilo soviético con reformas modernizadoras, moitas das cales foron vistas polos conservadores como contrarias aos principios do Islam.[19] Algúns dos decretos, que establecían cambios nas políticas matrimoniais e reformas agrarias, non foron ben recibidos por unha poboación na que predominaba tradición islámica, especialmente por parte dos grandes terratenentes, que resultaron prexudicados pola abolición da usura (aínda que esta estaba prohibida no Islam) e a cancelación das débedas que tiñan os pequenos agricultores. A mediados 1978, comezou unha rebelión, co ataque duns rebeldes a unha guarnición militar na rexión de Nuristan, ao este de Afganistán, e pronto se estendeu unha guerra civil por todo o país. En setembro de 1979, o viceprimeiro ministro Hafizullah Amin ocupou o poder trala morte nun tiroteo do presidente Taraki. Os dous meses de goberno de Amin estiveron marcados por unha inestabilidade provocada por unha toma de decisións contraria aos seus opoñentes do PDPA e á crecente rebelión.

Relacións afgano-soviéticas

Mulleres afgás participando nun programa da Asociación afgá de Scout a finais da década de 1950.

A Unión Soviética exercera unha grande influencia na política afgá, dende a infraestrutura civil e militar á sociedade.[20] Na década de 1980, moitos afgás dominaban a lingua rusa.[20] Dende 1947, Afganistán estivera baixo a influencia do goberno ruso e recibira importantes axudas, en forma de asistencia económica e adestramento e armamento militar.

Afganistán xa recibiu axuda económica rusa no ano 1919, pouco despois da Revolución Rusa, cando o novo goberno se enfrontaba á Guerra Civil. Subministraron armas de pequeno calibre, munición, e uns cantos avións, e (segundo fontes soviéticas) un millón de rublos de ouro, para apoiar á resistencia afgá durante a Terceira Guerra anglo-afgá. En 1942, a URSS volveu axudar ás Forzas Armadas de Afganistán, con avións e armamento, e establecendo centros de formación en Tashkent (República Socialista Soviética de Usbequistán). A cooperación militar entre os dous países asentouse en 1956, e os acordos de máis importancia producíronse na década de 1970, na que a URSS enviou conselleiros e especialistas. A Unión Soviética construíu así mesmo unha extensa rede de infraestruturas, participou na construción de universidades, institutos politécnicos, hospitais, infraestruturas civís, centrais eléctricas e colexios locais.


Notas

  1. 1,0 1,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome shichor
  2. Barlett, Donald L.; Steele, James B. (May 13, 2003). "The Oily Americans". Time (magazine). Consultado o 2008-07-08. 
  3. Interview with Dr. Zbigniew Brzezinski-(13/6/97).
  4. Charlie Wilson: Congressman whose support for the mujahideen helped force the Soviet Union out of Afghanistan
  5. Kinsella, Warren. "Unholy Alliances", Lester Publishing, 1992
  6. "Timeline: Soviet war in Afghanistan". BBC News. Publicado o 17 de febreiro de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2009.
  7. Yousaf, Mohammad & Adkin, Mark (1992). Afghanistan, the bear trap: the defeat of a superpower. Casemate. p. 159. ISBN 0-9711709-2-4. 
  8. Richard Cohen (22 de abril de 1988). "The Soviets' Vietnam". The Washington Post. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  9. "Afghanistan was Soviets' Vietnam". Boca Raton News. 24 de abril de 1988. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  10. From the Shadows, Pg. 146. Google Books. 9 de xaneiro de 2007. ISBN 9781416543367. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  11. Rubin, Barnett R. The Fragmentation of Afghanistan. New Haven: Yale University Press, 1995. p. 20.
  12. Harrison, Selig; Cordovez, Diego (1995). Out of Afghanistan: The Inside Story of the Soviet withdrawal. New York: Oxford University Press. pp. 34–35. ISBN 0-19-506294-9.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coauthors= (Axuda)
  13. Valenta, Jiri (1980). From Prague to Kabul: The Soviet Style of Invasion. 
  14. Goldman, Minton (1984). Soviet Military Intervention in Afghanistan: Roots & Causes. 
  15. Hilali, A. Z. (2005). "The Soviet Penetration into Afghanistan and the Marxist Coup". The Journal of Slavic Military Studies 18 (4): 709. doi:10.1080/13518040500354984. 
  16. Bradsher, Henry S. (1983). Afghanistan and the Soviet Union. Durham: Duke Press Policy Studies. pp. 72–73. 
  17. Garthoff, Raymond L. (1994). Détente and Confrontation. Washington D.C.: The Brookings Institute. p. 986. 
  18. The April 1978 Coup d'etat and the Democratic Republic of Afghanistan – Library of congress country studies(Consultado o 4 de febreiro de 2007)
  19. "Afghanistan Marxist Coup 1978". Onwar.com. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  20. 20,0 20,1 Press Release (February 13, 2009). "Tips for Soviet in Afghanistan". BBC, 1979. Consultado o March 2, 2012. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Coll, Steve (2004). Penguin Press, ed. Ghost Wars: The Secret History of the CIA, Afghanistan, and Bin Laden, from the Soviet Invasion to September 10, 2001. Nova York. ISBN 1-59420-007-6. 
  • Crile, George (2003). Atlantic Monthly Press, ed. Charlie Wilson's War: the extraordinary story of the largest covert operation in history. Nova York. ISBN 0-87113-851-4. 
  • Feifer, Gregory (2009). Harper, ed. The Great Gamble: The Soviet war in Afghanistan. Nova York. ISBN 978-0-06-114318-2. 
  • Galeotti, Mark (1995). Frank Cass, ed. Afghanistan: the Soviet Union's last war. Londres. ISBN 0-7146-8242-X. 
  • Kakar, M. Hassan (1995). University of California Press, ed. Afghanistan: The Soviet Invasion and the Afghan Response, 1979–1982. Berkeley. ISBN 0-520-08591-4.  (acceso gratuíto online cortesía da Universidade de California).
  • Kaplan, Robert D. (2001) [1990]. Vintage Books, ed. Soldiers of God: With Islamic Warriors in Afghanistan and Pakistan. Nva York. ISBN 1-4000-3025-0. 
  • Lohbeck, Kurt (1993). Regnery Publishing, ed. Holy War, Unholy Victory: Eyewitness to the CIA's Secret War in Afghanistan. Washington. ISBN 0-89526-499-4. 
  • Novinkov, Oleg (2011). Oleg Novinkov, ed. Afghan boomerang. Houston, Texas. ISBN 978-1-4392-7451-4. 
  • Prados, John (1996). I.R. Dee, ed. Presidents' Secret Wars: CIA and Pentagon covert operations from World War II through the Persian Gulf. Chicago. ISBN 1-56663-108-4. 

Outros artigos

Ligazóns externas