Cabo de Palos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
creo cat
m elimino a Categoría:Cartagena; engado a Categoría:Cartaxena mediante HotCat
Liña 35: Liña 35:
[[Categoría:Accidentes xeográficos da Rexión de Murcia]]
[[Categoría:Accidentes xeográficos da Rexión de Murcia]]
[[Categoría:Cabos de España|Palos]]
[[Categoría:Cabos de España|Palos]]
[[Categoría:Cartagena]]
[[Categoría:Cartaxena]]
[[Categoría:Cabos de Europa]]
[[Categoría:Cabos de Europa]]
[[Categoría:Cabos ao Mar Mediterráneo]]
[[Categoría:Cabos ao Mar Mediterráneo]]

Revisión como estaba o 2 de xuño de 2015 ás 13:54

Coordenadas: 37°38′36″N 0°41′00″O / 37.643333, -0.683333

Vista do Porto de Cabo de Palos
Faro de Cabo de Palos

O cabo de Palos é un cabo situado no concello de Cartagena, na Rexión de Murcia. Orograficamente, o cabo forma parte dunha pequena cordilleira de outeiros volcánicas que forman unha pequena península. Unha proba desta cordilleira son as illas próximas no mar Mediterráneo: illa Grosa e as illas Hormigas, así como as cinco situadas no Mar Menor.

A proximidade do Mar Menor ("palus" ou lagoa en latín) é a que dá orixe á etimología do lugar.

Historia

Segundo Plinio o Vello e Rufo Festo Avieno, sobre o promontorio do cabo houbo na antigüidade un templo consagrado a Baal Hammón, identificado logo polos romanos como Saturno.

No s. XVI, no reinado de Filipe II construír sobre o promontorio unha torre de vixilancia para defensa da costa contra os ataques dos piratas berberiscos.

En 1862 iniciouse a construción do actual faro que se alza ata os 80 metros de altura sobre o nivel do mar e 50 sobre o terreo situado na parte oriental do cabo, sobre un pequeno outeiro. Iluminouse por primeira vez o 31 de xaneiro de 1865.

O pobo de Cabo de Palos, foi na súa orixe un poboado de pescadores, aínda que hoxe é principalmente unha localidade turística coñecida pola súa gastronomía (en especial pola súa "Caldeiro do Mar Menor", receita local a base de arroz e peixes da zona, en particular o mero) e como destino de mergullo.

Cabo de Palos forma parte da Estación Náutica do Mar Menor, o que asegura ao turista que acode á zona unha ampla oferta en deportes náuticos, sobre todo o mergullo, en todas as épocas do ano, grazas ao clima cálido do sueste murciano e aos seus impoñentes fondos mariños.

A riqueza e bo estado de conservación dos seus fondos mariños motivaron a protección dos mesmos dentro da Reserva Mariña de Cabo de Palos e Illas Hormigas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas