Currás, Tomiño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Gallaecia mediante HotCat
Liña 42: Liña 42:


[[Categoría:Parroquias de Tomiño]]
[[Categoría:Parroquias de Tomiño]]
[[Categoría:Sitios arqueolóxicos romanos de Galicia]]
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Martiño]]

Revisión como estaba o 2 de xuño de 2015 ás 07:19

Coordenadas: 42°00′33″N 08°40′38″O / 42.00917, -8.67722

Currás
Igrexa parroquial.
ConcelloTomiño
Coordenadas42°00′33″N 8°40′38″O / 42.00916667, -8.67722222Coordenadas: 42°00′33″N 8°40′38″O / 42.00916667, -8.67722222{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Poboación284 hab. (2005)
Entidades de poboación5
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Currás é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2005 contaba con 284 habitantes (148 homes e 136 mulleres) segundo o padrón municipal.

Situación

A parroquia sitúase á beira do río Miño. Está atravesada pola estrada PO-552 (Tui - A Guarda).

Historia

Esta parroquia foi un anexo de San Salvador de Tebra ata o ano 1904, cando pasou a selo de Amorín.

Patrimonio

A igrexa parroquial ten orixe no século XVI, se ben o seu estilo denota a influencia portuguesa da época anterior. O retablo é de 1803, que substituíu ao anterior, do século XVIII, cando foi trasladado á parroquia de Estás.

Na parroquia hai unhas necrópoles romanas, coñecidas co nome de Medos. Tamén hai vestixios dunha vila, datada entre os séculos IV e VI, cun hipocausto (antigo sistema de calefaccións por tubos) de grande interese para o estudo e coñecemento da cultura romano-xermánica en Galicia. Parte dos restos consérvanse no Museo Diocesano de Tui, e outra parte foi cuberta con area coa intención de seguir no futuro coas escavacións. Dende o verán de 2013 está en marcha un proxecto científico de recuperación e posta en valor do asentamento romano[1].

Lugares e parroquias

Lugares da parroquia de Currás

Lugares da parroquia de Currás no concello de Tomiño (Pontevedra)

O Barral | O Cruceiro | A Estrada | O Monte | O Tapel

Parroquias de Tomiño

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

Notas

  1. Pode consultarse información sobre a vila romana e sobre este proxecto na seguinte ligazón.

Véxase tamén

Outros artigos