Difteria: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
creo a partir de fontes
 
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Liña 3: Liña 3:


==Etioloxía==
==Etioloxía==
A causa da difteria é o bacilo grampositivo ''[[Corynebacterium diphtheriae]]''. Trátase dun axente inmóvil, non encapsulado, que ten un aspecto de pau ou bastón, e adoitan agruparse en formacións coñecidas coma letras chinesas. Dentro desta especie existen diferentes cepas, algunhas de elas con alto poder toxixénico, isto é, capacidade de fabricar toxinas con acción nociva.

==Epidemioloxía==
A difteria pódese transmitir a outros individuos ben por contacto directo por esbirros, gorxa, pel, ollos ou calquera outro tipo de secreción das persoas infectadas.

O período de incubación da doenza é de aproximadamente 5 días, aínda que os síntomas poden comezar máis tarde. Porén, dende que existe [[vacina]] contra a difteria, a cal está presente no [[calendario vacinal galego]] do [[Servizo Galego de Saúde]], é extremadamente pouco habitual atopar casos de difteria alén da inmigración.


==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 31 de maio de 2015 ás 13:25

A difteria (do grego διφθέρα [diphthera], coiro) é unha doenza infecciosa que afecta á pel e á nasofarinxe, producida pola bacteria Corynebacterium diphtheriae, tamén coñecido coma bacilo de Klebs-Löffler por seren os apelidos dos descubridores do axente[1]. Algunhas cepas deste microorganismo son quen de produciren toxinas, que poden afectar a órganos coma o corazón, producindo miocardite, ou ao sistema nervioso, producindo polineuropatía. Porén, o máis habitual adoita ser a forma respiratoria da infección, caracterizada pola aparición de falsas membranas ou pseudomembradas, que se adhiren á mucosa respiratoria e á farinxe.

Etioloxía

A causa da difteria é o bacilo grampositivo Corynebacterium diphtheriae. Trátase dun axente inmóvil, non encapsulado, que ten un aspecto de pau ou bastón, e adoitan agruparse en formacións coñecidas coma letras chinesas. Dentro desta especie existen diferentes cepas, algunhas de elas con alto poder toxixénico, isto é, capacidade de fabricar toxinas con acción nociva.

Epidemioloxía

A difteria pódese transmitir a outros individuos ben por contacto directo por esbirros, gorxa, pel, ollos ou calquera outro tipo de secreción das persoas infectadas.

O período de incubación da doenza é de aproximadamente 5 días, aínda que os síntomas poden comezar máis tarde. Porén, dende que existe vacina contra a difteria, a cal está presente no calendario vacinal galego do Servizo Galego de Saúde, é extremadamente pouco habitual atopar casos de difteria alén da inmigración.

Notas

  1. Edwin Klebs e Friedrich Löffler foron os científicos que describiron por vez primeira a bacteria Corynebacterium diphtheriae

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas