Con saias e a rachar: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Título en cursiva}}
{{Filme
{{Filme
| título = Con saias e a rachar
| título = Con saias e a rachar
| títuloorixinal = Some Like It Hot
| títuloorixinal = Some Like It Hot
| imaxe =
| imaxe =
Liña 45: Liña 46:
* Sugar: ''Como? Non importa onde vaia, sempre haberá unha estación Shell en cada esquina.''
* Sugar: ''Como? Non importa onde vaia, sempre haberá unha estación Shell en cada esquina.''


[[Categoría:Películas]]
[[Categoría:Cine 1959]]
[[Categoría:Cine 1959]]
[[Categoría:Cine en lingua inglesa]]
[[Categoría:Cine en lingua inglesa]]
[[Categoría:Cine producido nos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Cine producido nos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Filmes de United Artists]]
[[Categoría:Filmes de United Artists]]
[[Categoría:Filmes sobre temática LGTB]]
[[Categoría:Estreas en versión galega]]
[[Categoría:Estreas en versión galega]]

Revisión como estaba o 29 de maio de 2015 ás 22:06

Con saias e a rachar
Ficha técnica
Título orixinalSome Like It Hot
DirectorBilly Wilder
ProdutorBilly Wilder
GuiónBilly Wilder, I.A.L. Diamond (adaptación), Robert Thoeren, Michael Logan (libreto orixinal)
IntérpretesMarilyn Monroe
Tony Curtis
Jack Lemmon
George Raft
Pat O'Brien
Joe E. Brown
Nehemiah Persoff
MúsicaAdolph Deutsch
FotografíaCharles Lang
DistribuidoraUnited Artists
Estrea1959
Duración120 minutos
OrixeEstados Unidos
XéneroComedia
Na rede
IMDB: tt0053291 Filmaffinity: 353180 Allocine: 26186 Rottentomatoes: m/some_like_it_hot Mojo: somelikeithot Allmovie: v45555 TCM: 16637 Metacritic: movie/some-like-it-hot TV.com: movies/some-like-it-hot Netlix: 60010910Editar o valor em Wikidata

Con saias e a rachar (orixinalmente en inglés Some Like It Hot) é unha comedia de 1959 de Billy Wilder protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis, Jack Lemmon, George Raft, Pat O'Brien, Joe E. Brown e Nehemiah Persoff. A película foi adaptada por Billy Wilder e I.A.L. Diamond partindo dunha historia de Robert Thoeren e Michael Logan. Logan escribira a historia (sen gánsteres) para unha película alemá, Fanfaren der Liebe (dirixida por Kurt Hoffmann en 1951), así que a película de Wilder é considerada por algúns como un remake. Foi lanzada o 29 de marzo de 1959, distribuída por United Artists (comprada en 1981 por MGM) e custou pouco máis de 2'8 millóns de dólares.

Sinopse

Dous músicos, Joe e Jerry, presencian a Masacre de San Valentín en Chicago en 1929, feita pola Mafia. Son perseguidos polos gánsteres, que queren desfacerse destas incómodas testemuñas e ao non ter diñeiro e para fuxir de Chicago, disfrázanse de mulleres e ingresan nunha banda de mozas, pasando a chamarse Josephine e Daphne. A banda diríxese a Florida. Joe e Jerry namóranse da cantante e intérprete de ukelele, Sugar, e compiten por chamar a súa atención, á vez que loitan por que non se descubra que son homes. En Florida, o millonario Osgood namórase de Daphne/Jerry, mentres Joe adopta unha dobre personalidade masculina/feminina e vístese imitando a Cary Grant, finxe ser millonario para conquistar a Sugar. A Mafia chega a Miami finalmente e descobre ás testemuñas.


Curiosidades

  • Durante a rodaxe, dise que Marilyn Monroe tivo serios problemas para recordar o seu texto. Había que ir colocando o seu texto por distintos lugares do estudo.
  • Di a lenda que Tony Curtis dixo que "bicar a Marilyn Monroe é como bicar a Hitler". En 2001, negou que tal dixera.
  • A película contén "homenaxes" a diversas películas de gánsteres dos anos 1930 e unha serie de "ironías" acerca da vida e cultura estadounidense en 1929: divorcios de famosos, a seguridade da bolsa (ese mesmo ano derrúbase) e a morte de Valentino.

Premios

Gañou un Oscar por Mellor vestiario en branco e negro (Orry-Kelly) e foi nomeada para Mellor actor (Jack Lemmon), Mellor dirección de arte-set branco e negro, Mellor fotografía en branco e negro, Mellor director e mellor guión.

A película foi aclamada mundialmente como unha das mellores comedias xamais feitas (n.º 1 na Lista das grandes comedias da American Filme Institute e 14.º na Lista das 100 mellores películas americanas). A película foi considerada de "significado cultural" pola Biblioteca do Congreso de Washington e seleccionada para a súa preservación na National Filme Registry.

Frases famosas

  • Jerry (como Daphne): Xa o fixeches! / Joe (como Josephine): Fixen que?? / Jerry (como Daphne): Arrincaches un dos meus peitos!
  • Sugar: Verdadeiros diamantes! ¡Deben valer o seu peso en ouro!
  • Jerry (como Daphne): Non me comprendes Osgood! Aaah... ¡Son un home!" / Osgood: "Bo, ninguén é perfecto.
  • Sugar: É a historia da miña vida, sempre me toca o lado sucio da paleta.
  • Sugar: Como? Non importa onde vaia, sempre haberá unha estación Shell en cada esquina.