Vivien Leigh: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Vivien_Leigh_still.jpg" que foi borrado en Commons por INeverCry. Motivo: Per c:Commons:Deletion requests/File:Vivien Leigh still.jpg
Liña 1: Liña 1:
{{Actor
{{Actor
|nome = Vivien Leigh
|nome = Vivien Leigh
|imaxe = Vivien Leigh still.jpg
|imaxe =
|imaxetamaño =
|imaxetamaño =
|textoimaxe = Vivien Leigh en [[1939]].
|textoimaxe = Vivien Leigh en [[1939]].

Revisión como estaba o 28 de maio de 2015 ás 01:44

Modelo:Actor

Vivian Mary Hartley, nada en Darjeeling, India o 5 de novembro de 1913 e finada en East Sussex o 8 de xullo de 1967, foi unha actriz de cinema e teatro británica.

Traxectoria

Naceu na St. Paul’s School en Darjeeling, India, filla dun oficial de cabalería inglés. Con seis anos foi enviada a estudar ao Reino Unido. Cando contou aos seus pais que desexaba converterse en actriz, apuntárona na Royal Academy of Dramatic Art de Londres.

En 1932 casou cun compañeiro, trece anos maior, Leigh Holman, e pouco despois debutou cun pequeno papel nun filme e conseguiu un axente. Este foi quen lle suxeriu que o nome de “Vivian Holman” non era axeitado, decidíndose a usar como nome artístico “Vivien Leigh”, collendo o nome de pía do seu marido.

Grazas a participar en producións de Alexander Korda coñeceu a Laurence Olivier, co que comezou un romance mentres actuaban en 1937 en Fire Over England, mentres aínda ámbolos dous estaban casados.

En 1939 interpretou o papel de Scarlett O’Hara en Foise co vento, que lle valeu o seu primeiro oscar.

En 1940, casou con Laurence Olivier en Santa Barbara, California. Volveron a Europa en 1943, onde Leigh actuaría para os soldados, antes de pasar unha tempada no hospital por tuberculose. Ao pouco tempo sufriu tamén un aborto que a levaría a unha fonda depresión.

En 1946 volveu ao traballou con obras de éxito, como A Streetcar Named Desire, de Tennessee Williams. Repetiría o personaxe de Blanche DuBois na versión cinematográfica, coa que gañou de novo o oscar, entre outros premios.

Nos anos seguintes a súa saúde empeorou, así como a súa relación con Olivier, do que se divorciou en 1960. A pesar da axuda da súa nova parella, o actor Jack Merivale acabou volvendo a tuberculose e finou en 1967.

Filmografía

Ano Filme
1935 The Village Squire
1935 Things are looking up
1935 Look Up and Laugh
1935 Gentlement’s Agreement
1937 Fire Over England
1937 Dark Journey
1937 Storm in a Teacup
1938 A Yank at Oxford
1938 Sidewalks of London
1939 Foise co vento
1940 21 Days
1940 Waterloo Bridge
1941 That Hamilton Woman
1945 Caesar and Cleopatra
1948 Anna Karenina
1951 A Streetcar Named Desire
1955 The Deep Blue Sea
1961 The Roman Spring of Mrs. Stone
1965 Ship of Fools

Véxase tamén

Ligazóns externas