Xoán Vidal Martínez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 23: Liña 23:
* {{cita libro | autor = [[Ana Acuña Trabazo|Acuña Trabazo, A.]] | título = Xoán Vidal Martínez. Voz e memoria | ano = 2005 | lugar = Pontevedra: |editorial = Concello de Pontevedra }}
* {{cita libro | autor = [[Ana Acuña Trabazo|Acuña Trabazo, A.]] | título = Xoán Vidal Martínez. Voz e memoria | ano = 2005 | lugar = Pontevedra: |editorial = Concello de Pontevedra }}
* {{cita libro | autor = [[Aurora Vidal Caramés|Vidal Caramés, A]]. e [[Clementina Vidal Caramés|Vidal Caramés, C]]. | título = Xoán Vidal Martínez. Vida e obra | ano = 2009 | lugar = Pontevedra | editorial = Deputación provincial | id = ISBN 978-84-8457-326-5 }}

*[[Antonio Couceiro Freijomil|Couceiro Freijomil, A.]] (1954): "Vidal Martínez, Aurora". Entrada en ''[[Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores]]'', tomo III, páx. 503 {{es}}.

===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===

Revisión como estaba o 24 de maio de 2015 ás 15:25

Xoán Vidal Martínez, nado en Salcedo (Pontevedra) o 29 de marzo de 1904 e finado na mesma vila o 19 de xuño de 1994, foi un mestre e poeta galego.

Vida

Placa na casa familiar, na rúa dos Soportais de Pontevedra.

Estuda maxisterio e faise mestre traballando a prol do ensino en galego con Antón Iglesias Vilarelle. Foi cofundador xunto con Castelao e outros persoeiros do Partido Galeguista de Pontevedra, do que chegou a ser presidente. Despois o partido integrouse no Partido Galeguista.

Tralo Alzamento Nacional foi represaliado. Abandonou a poesía para dedicarse ao seu traballo como mestre. En 1946 asentouse coa súa dona en Ares e foi mestre da Alianza Aresana (1946-1969). En 1969 marchou ás Illas Canarias exercendo o maxisterio no Colexio Ramón y Cajal de Santa Cruz de Tenerife, no que se xubilou aos 65 anos de idade.

Era irmán da tamén poeta Aurora Vidal Martínez. Tivo dúas fillas, as tamén escritoras Aurora e Clementina Vidal Caramés.

Obra

Xunto a Modesto Bará Álvarez fundou a revista Hebe. Amais, tamén fundou a revista literaria de corte nacionalista Alborada e a revista Cristal (1932-33) xunto a Xosé María Álvarez Blázquez.

Como poeta pertenceu á xeración do 25 xunto a Luís Amado Carballo e Álvarez Blázquez. Publicou catro obras:

  • Mágoas, 1921.
  • Alcor, 1927.
  • Los senderos inútiles, 1956.
  • Voz y memoria (Antología poética), 1986.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

  • Ficha en www.poesiagalega.org