Ahmed Shawqi: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 34: Liña 34:
[[Categoría:Escritores de Exipto]]
[[Categoría:Escritores de Exipto]]
[[Categoría:Escritores en lingua árabe]]
[[Categoría:Escritores en lingua árabe]]
[[Categoría:Finados en 1932]]

Revisión como estaba o 23 de maio de 2015 ás 14:17

Ahmed Shawqi, nado no Cairo en 1868 e finado o 23  de outubro de 1932, foi un poetadramaturgo exipcio. Considerado un dos pioneiros da literatura árabe moderna, introduciu as epopeas na literatura árabe e mais é tamén autor dunha poesía única e fortemente orixinal.

Traxectoria

Shawqi procedía dun ambiente privilexiado e cosmopolita, tiña orixe kurda e circasiana par parte de pai e turcagrega pola nai, e estaba en boas relacións coa corte do khedive de Exipto. Tras rematar o bacharelato, seguiu estudos xurídicos e despois logrou un diploma en tradución.

Traballou durante un ano na corte de Abbas II, e despois estudou dereito durante tres anos en Franciae, nas universidades de Montpellier e París. Durante a súa estada en Francia, recibe unha fonda influencia da obra dos dramaturgos franceses (en primeiro lugar Molière etRacine) o mesmo que as fábulas de La Fontaine. O 18 de xullo de1893 obtivo o diploma de estudos xurídicos e ao ano seguinte volveu Exipto. Shawqi converteuse nunha das personalidades con máis influencia na cultura exipcia ata que as autoridades británicas o exilian en 1914 en Andalucía, onde permaneceu ata 1920, data do seu segundo regreso a Exipto.

Obra

A obra de Ahmed Shawqi pódese clasificar en tres períodos principais :

  • O primeiro período coincide co seu emprego na corte. Nesta época escribe eloxios dedicados ao khedive. 
  • O segundo período corresponde co seu exilio en España. Nesta etapa predomina o sentimento de nostalxia e alienación que se verten en poemas patrióticos sobre Exipto e  munde árabe.
  • O derradeiro período comeza despois da volta do exilio. Interésase polas historia gloriosa do Exipto antigo e do Islam. Escribe poemas relixiosos, glosando o profeta do islam Mahoma. A madurez do seu estilo poético reflíctese nas súas pezas de teatro que se editaron neste período.

Teatro

Ahmed Shawqi foi o primeiro autor árabe en escribir teatro teatro poético.

  • Traxedias :
    • Majnoun Laila, (مجنون ليلى,),  a súa primeira peza.
    • Masra Kilyubatra (مصرع كليوبترا "A morte de Cleopatra"), a súa peza máis célebre.
    • 'Antara(عنترة), inspirada na lenda árabe de Antara.
    • Ali Bek Al-Kabir (علي بك الكبير).
    • Qambiz (قمبيز).
  • Comedias:
    • As-sit Houda (الست هدى, "A señora Houda")
    • Al-Bakhila (البخيلة, "O avaro")

Poesía

Os seus poemas foron recoñecidos desde o comezo como obras mestras, reagrúpanse na colectánea "Esh-Shawqiyyat" (الشوقيات), en catro volumes, axuntando poemas e fábulas en verso ao estilo de La Fontaine. Os volumes conteñen Nahj Al-Burda (نهج البردة), unha apoloxía de Mahoma.

Véxase tamén

Ligazóns externas