Jimi Hendrix: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño (rebáixase o ton grandilocuente nunha frase para facela máis informativa)
Liña 37: Liña 37:
En realidade só os catro primeiros discos foron sacados en vida, os demais son obras póstumas.
En realidade só os catro primeiros discos foron sacados en vida, os demais son obras póstumas.


Ademais dos álbums oficiais hai unha chea de discos con recompilacións, actuacións en directo, festivais...Incrible e afortunadamente hai moitísimos discos en directo non oficiais cun son que xa o quixeran moitos grupos para os seus directos oficiais.
Ademais dos álbums oficiais hai unha chea de discos con recompilacións, actuacións en directo, festivais... Afortunadamente, hai moitísimos discos en directo non oficiais cun son mellor que os directos oficiais de moitos outros grupos.


== Equipo ==
== Equipo ==

Revisión como estaba o 22 de maio de 2015 ás 07:40

Jimi Hendrix
Nome completoJohnny Allen Hendrix
Data nacemento27 de novembro de 1942
Nado enSeattle, Washington
Falecemento18 de setembro de 1970 (27 anos)
 Kensington
Causaasfíxia
SoterradoGreenwood Memorial Park
IrmánsLeon Hendrix
Ocupacióncantante, produtor musical, vocalista, guitarrista, cantautor e compositor
Relacionado conThe Isley Brothers, Little Richard, The Blue Flame, Curtis Knight and the Squires, The Jimi Hendrix Experience, Band of Gypsys
Tempo en activo1967 - 1970
PseudónimoJimmy James
Na rede
https://www.jimihendrix.com/
IMDB: nm0001342 Rottentomatoes: celebrity/jimi_hendrix TV.com: people/jimi-hendrix IBDB: 73101
Facebook: JimiHendrix Twitter: JimiHendrix MySpace: officialjimihendrix Youtube: UCEqrtYLjy1o4hvaUI0J530w Spotify: 776Uo845nYHJpNaStv1Ds4 Last fm: Jimi+Hendrix Musicbrainz: 06fb1c8b-566e-4cb2-985b-b467c90781d4 Songkick: 263306 Discogs: 110593 Allmusic: mn0000354105 WikiTree: Hendrix-634 Find a Grave: 471 Deezer: 849 Genius: Jimi-hendrix Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Jimi Hendrix Memorial, en Seattle.

James Marshall Hendrcks, máis coñecido polo nome artístico de "Jimi" Hendrix, nado en Seattle (Washington) o 27 de novembro de 1942 e finado en Kensington (Londres) o 18 de setembro de 1970, foi un músico norteamericano, considerado por parte da crítica como o mellor guitarrista eléctrico do rock. Conseguiu fama internacional en 1967 logo de participar no Festival Pop de Monterey e participou no Festival de Woodstock de 1969.

Traxectoria

Autodidacta, dende pequeno escoitou Blues e R&B da colección de discos do seu pai, quen lle mercou a súa primeira guitarra cando tiña 10 anos. Ó ano seguinte o seu pai foi a unha tenda de música de Seattle e mercou unha guitarra eléctrica para Jimi e un saxofón para el, saxofón que tería que devolver para poder rematar de pagar a guitarra. Inspirouse na innovación de xente como B. B. King, Albert King e T-Bone Walker e converteu a guitarra eléctrica nun instrumento distinto a unha guitarra normal amplificada, que era como se viña utilizando ata o de entón. Sendo aínda adolescente, xa adquirira unha considerable reputación coma guitarrista tocando con xente coma Ike e Tina Turner, Little Richard ou o mesmo B.B. King.

En 1965 Jimi formou a súa propia banda, chamada Jimmy James and the Blue Flames. Chas Chandler, baixista dos Animals, oíuno tocar e ofreceulle inmediatamente trasladarse a Londres. Jimi volveu a adoptar o seu verdadeiro nome modificando a ortografía. Chas Chandler conseguiulle coma baixista a Noel Redding, quen en realidade era un guitarrista que necesitaba o emprego, e a un batería chamado Mitch Mitchell. Xuntos formaron The Jimi Hendrix Experience. Os Experience sacaron o seu primeiro single con Polydor, "Hey Joe" (canción de Tim Robins) chegou ó nº4 das listas. Durante 1967 conseguiu outros tres singles de éxito considerados hoxe coma clásicos: "Purple Haze", "The Wind Cries Mary" e "The Burning of the Midnight Lamp".

A finais de 1967 regresou aos EUA para tocar no festival de Monterrey. Ó finalizar a súa actuación prendeulle lume á guitarra, cousa que non fixo moita graza a un dos seus managers. Bill Graham fíxose cargo entón da banda contratándoa para telonear durante varias noites ós Jefferson Airplane. Despois da impresionante actuación de Jimi na primeira noite, os Airplane retiráronse do cartel.

En 1969 Jimi, canso dos Experience, separouse e sacou un disco en directo con Bill Cox ó baixo e Buddy Miles á batería que non tivo moito éxito. De mala gana volve a reunir ós Experience, pero comeza a eludir as actuacións en directo. Instala en Nova Iork os seus propios estudios ("Electric Lady Studios") e dedicase a gravar.

O 18 de setembro de 1970 morre coma consecuencia dunha inxestión masiva de barbitúricos, afogado no seu propio vómito. Truncábase deste modo a carreira do máis grande guitarrista de tódolos tempos.

En realidade só os catro primeiros discos foron sacados en vida, os demais son obras póstumas.

Ademais dos álbums oficiais hai unha chea de discos con recompilacións, actuacións en directo, festivais... Afortunadamente, hai moitísimos discos en directo non oficiais cun son mellor que os directos oficiais de moitos outros grupos.

Equipo

A maior parte da súa carreira Jimi tocou con Fender Stratocaster normais (preferentemente brancas) postas ó revés e coas cordas en orde inversa, xa que era zurdo. Usou tamén unha Fender Jaguar, Gibson Les Paul, Gibson SG e a Gibson Flying V para zurdos (el chamábaa o meu anxo voador).

Coma amplificadores usaba seis bafles Marshall de 4 x 12, un monitor de 4 x 12 e nada menos que catro cabezas para poder manter o equipo funcionando nos concertos, xa que o puña ó máximo controlando o volume có potenciómetro da guitarra, así saturaba o amplificador. Un dos legados de Jimi foi o uso do Wah-Wah entre os guitarristas, usaba modelos Vox ou Crybaby, ademais dun Fuzz-Box para saturar o amplificador. Coma complementos utilizaba un divisor de oitavas, un phaser e un delay analóxico.

Jimi, coma moitos grandes guitarristas (Eric Clapton, Jeff Beck....), facía el mesmo modificacións á electrónica das súas guitarras, experimentando con calquera cousa posible e conseguindo deste modo sons inverosímiles.

Discos