King Kong (filme de 1933): Diferenzas entre revisións
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata |
m Jglamela moveu a páxina "King Kong (1933)" a "King Kong (filme de 1933)": Homoxeneízo título |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 21 de maio de 2015 ás 16:06
King Kong | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | King Kong |
Director | Merian C. Cooper |
Produtor | Merian C. Cooper Ernest B. Schoedsack |
Guión | James Ashmore Creelman Ruth Rose ] Edgar Wallace |
Intérpretes | Fay Wray Robert Armstrong Bruce Cabot Frank Reicher Sam Hardy Noble Johnson Steve Clemente James Flavin |
Música | Max Steiner |
Fotografía | Edward Linden J.O. Taylor Vernon L. Walker |
Montaxe | Ted Cheesman |
Estrea | 1933 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Aventuras |
Na rede | |
King Kong (1933) é o título dun filme clásico de aventuras, que trata sobre a aparición dun simio xigante nunha illa perdida.
Resumo
Un equipo de cinema levanta áncora rumbo a unha illa ignota (Skull Island) na busca dun misterioso ser chamado Kong. Na illa descobren unha civilización perdida que rapta a atractiva Ann Darrow, a actriz protagonista, para ofrecela en sacrificio ritual a Kong, que resulta ser un xigantesco gorila.
Kong adquire unha estraña atracción por Ann e deféndea do ataque de dinosauros e outros animais prehistóricos antes de ser reducido pola expedición. Inmediatamente decidirase transportar o abraiante simio a Nova York, para ser exhibido publicamente. O contacto de King Kong cun mundo que non é o seu e o amor que sente por Ann son o motor de grande parte do filme.
Equipo
Dirixido por Merian C. Cooper e Ernest B. Schoedsack, contou coa inestimable colaboración do experto en efectos especiais Willis O'Brien (mestre e precursor de Ray Harryhausen, o "mago" das animacións nas producións da Hammer británica).
O argumento e de Merian C. Cooper e Edgar Wallace e a dirección artística de Carroll Clark, Alfred Herman
A actriz protagonista foi a canadense Fay Wray, quen alcanzou o éxito en 1928 con The Wedding March, dirixida polo austríaco Erich von Stroheim.
Notas
En certa medida é debedora da situación económica e social xerada polo crack da Bolsa en outubro de 1929.
John Guillermin realizou en 1976 un remake, de escaso éxito. O cineasta Peter Jackson realizou unha versión de éxito, cun estilo visual moi propio do director e con máis acción e aventuras que a versión de 1933.