Diferenzas entre revisións de «Morgado»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
m (Arranxiños)
O ''mayorazgo'' é creado mediante as Leis de [[Toro, España|Toro]] en [[1505]], baixo o reinado dos [[Reis Católicos]] (malia que a raíña xa morrera, deixara estabelecida a súa vontade no testamento). A súa función era controlar o fraccionamento dos bens dun nobre que producían as herdanzas e as vendas, como un medio de manter o seu poder económico. Algunhas familias da incipiente burguesía castelá acolléronse tamén a esta figura legal.
 
A creación dun ''mayorazgo'' comezaba usualmente coa vinculación dun solarsoar ou casa solarsoar. Ás veces, estes vínculos incluían un [[título nobiliario]], que pasaba xunto ao resto de bens, mentres que a todos os excluídos do morgado se lles provía dalgún xeito a condición de [[fidalguía]]. A institución contemplaba a posibilidade de engadir novos bens ao vínculo, pero os bens xa vinculados non poderían ser alienados nin repartidos en herdanza.
 
A institución do ''mayorazgo'' foi a culminación dunha serie de privilexios outorgados aos nobres casteláns por [[Henrique IV de Castela]], quen foron logo os principais favorecidos no outorgamento de cargos de goberno polos Reis Católicos. O estamento nobiliario castelán fíxose así máis poderoso e influente que o dos outros reinos que compuñan os seus dominios.
11.752

edicións

Menú de navegación