Illa Trinidad: Diferenzas entre revisións
m nova clave para a Categoría:Illas de Trinidad e Tobago: "Trinidad" mediante HotCat |
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo |
||
Liña 21: | Liña 21: | ||
| [[Lingua]]s || |
| [[Lingua]]s || |
||
|- |
|- |
||
| [[Poboación]] (2007) || 1 |
| [[Poboación]] (2007) || 1 050 000 hab. |
||
|- |
|- |
||
| [[Superficie]] || 4.769 Km² |
| [[Superficie]] || 4.769 Km² |
Revisión como estaba o 14 de maio de 2015 ás 16:08
Trinidad | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | Porto España |
País | Trinidad e Tobago |
Localización | Mar Caribe |
Arquipélago | |
Linguas | |
Poboación (2007) | 1 050 000 hab. |
Superficie | 4.769 Km² |
Densidade | 220 hab/km² |
Coordenadas | 10°27′38″N 61°14′55″O / 10.46056, -61.24861 |
Maior Altura | 940 m. Cerro Aripo |
Localización | |
Trinidad é unha illa do mar Caribe, a maior de Trinidad e Tobago e das Antillas Menores, e aproximadamente a unha decena de quilómetros de distancia da costa oriental de Venezuela. A capital da illa e do país é Porto España, situado no noroeste, no Golfo de Paria. A segunda cidade máis importante, San Fernando, atópase situada no suroeste.
Historia
Foi descuberta por Cristóbal Colón o 31 de xullo de 1498 na súa terceira viaxe. En 1530 foi conquistada por España baixo a dirección de Antonio Sedeño, quen é tamén o seu primeiro gobernador, cargo que asume en 1532, pero debido á tenaz resistencia dos nativos é abandonada dous anos máis tarde.
Un século máis tarde, España estableceu misións de cristianización con pais Capuchinos. Durante o período colonial español a illa, coñecida por Trinidad de Barlovento, é dependente da Real Audiencia de Santo Domingo, á súa vez dentro da xurisdición do Virreinato da Nova España.
No ano 1640 a illa rexeita un intento de invasión dos Países Baixos e en 1677 outro de Francia.
En 1797, durante unha de guerra entre España e o Reino Unido, unha flota inglesa ataca a illa e obtén a rendición do seu Gobernador.[1] Tras o Tratado de Amiens en 1802 anéxase a illa, e a cal unirá posteriormente á illa de Tobago nunha soa colonia denominada Trinidad e Tobago.
Notas
- ↑ "Railroad Map of Trinidad". World Digital Library. 1925. Consultado o 2013-10-25.