Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Aldonza de Galicia e León»

corrixo presionar por premer
m (ligazóns)
(corrixo presionar por premer)
Efectivamente, ao morrer ([[1230]]), Afonso VIII lega os reinos en [[testamento]] ás súas fillas Aldonza I e Sancha II. Non obstante aproveitando a febleza política do momento, e rompendo o tratado de Toro, Fernando III, instigado pola súa nai así coma polos sectores aristocráticos do reino de Castela, decídese a usurpar os reinos de Galiza e León ás súas irmás, coa fin de incorporalos ós seus dominios. Tras un convulso momento bélico entre os leais a Aldonza e Sancha, e os seguidores de Fernando III, a maioría da [[aristocracia]] leonesa así coma o clero galego-leonés decántase pola unión con Castela a cambio de terras e favores.
 
Baixo a ameaza de guerra e con defensores do rei castelán no propio reino, Fernando III conseguiu presionarpremer para que as dúas herdeiras do primeiro casamento do pai renunciasen ao trono no seu favor, en troco dunha significativa contía en diñeiro, foi o que se chamou o «Tratado das Tercerias». Desta forma uníronse durante un tempo e por primeira vez os reinos de Galiza e León con Castela e Toledo na persoa de Fernando III, pasando Castela a deter a hexemonía no conxunto dos reinos, e máis tarde motivado pola súa grande extensión acadada, na [[Península Ibérica]].
 
Aldonza decidiu entón acompañar a súa nai para Portugal, téndose recollido con ela ao mosteiro do [[Lorvão]], onde viría a falecer cerca de [[1243]].