Diferenzas entre revisións de «Gran Premio de Mónaco de 1984»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
Prost asumiu o liderado de novo, pero [[Ayrton Senna]], quen, na súa primeira carreira nun circuíto urbano<ref>http://www.macau.grandprix.gov.mo/mgpc/interesting.php?lang=en&page=lap&id=2</ref> na sua primeira tempada na Fórmula Un nun pouco competitivo coche [[Toleman]], alcanzouno rapidamente, a pesar de comezar a carreira décimo terceiro. Na volta 29, Prost fixo acenos aos comisarios da carreira para indicar que a carreira debía ser detida. Fixo un novo xesto na volta 31 cando pasou a liña de chegada. A bandeira vermella para deter a carreira móstrase na parte final da volta 32 logo de que o director de carreira [[Jacky Ickx]] decidiu que as condicións eran demasiado perigosas para seguir a carreira. Senna pasou ao McLaren de Prost antes da liña de meta, pero de acordo ás regras, as posicións que contan son os da última volta completada por todos os pilotos, a volta 31, momento no que Prost era aínda líder.<ref name="Autocourse1">Hamilton, Maurice (1984)) ''Autocourse 1984–85'' p.141 Hazleton publishing ISBN 0-905138-32-5</ref> A parada foi controvertida, xa que beneficiou Prost, que levaba un motor deseñado por [[Porsche]], e que fora ideado por Ickx, empregado de Porsche nas carreiras de autos deportivos. Ickx foi suspendido das súas funcións de control das carreiras por non consultar cos delegados a súa decisión antes de tomala.<ref>http://www.redeyeevents.co.uk/index.php?option=com_content&view=article&id=53&Itemid=60</ref> A choiva non caía tan forte nese momento como o caía previamente.
 
Se lle permitisen continuar ata completar o 75% das voltas, lograría a totalidade dos puntos e Prost puido ter os 6 puntos do 2º lugar no canto de 4´5 puntos da vitoria, a mitademetade dos puntos concedidos ao non chegar a dito porcentaxe. Prost co tempo chegaría a perder o campionato con [[Niki Lauda]] por medio punto.
 
Senna e Mansell non foron os únicos pilotos novos en correr cerca da cabeza. [[Stefan Bellof]], pilotando o único coche de aspiración natural da carreira, terminou terceiro. Os resultados do equipo [[Tyrrell Racing | Tyrrell]] foron borrados máis tarde debido ás infraccións por peso, o que significa que Bellof foi desposuído do seu podio, o seu lugar foi tomado por [[René Arnoux]].

Menú de navegación