Diocese católica latina de Donostia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 51: Liña 51:


[[Categoría:Divisións territoriais católicas en España|Donostia]]
[[Categoría:Divisións territoriais católicas en España|Donostia]]
[[Categoría:Divisións territoriais da Igrexa Católica Latina|Donostia]]
[[Categoría:Dioceses da Igrexa Católica Latina|Donostia]]
[[Categoría:Guipúscoa]]
[[Categoría:Guipúscoa]]

Revisión como estaba o 11 de maio de 2015 ás 13:55

Modelo:Diocese A diocese de Donostia é unha diocese católica sufragánea da Arquidiocese de Pamplona e Tudela, creada en 1949 polo papa Pío XII, segregada da diocese de Vitoria. A súa catedral é a Igrexa do Bo Pastor, sendo outros templos importantes as basílicas de Nuestra Señora del Coro, de Aránzazu e de Loiola. O bispo actual é José Ignacio Munilla.

Territorio

A diocese abrangue o territorio da provincia civil de Guipúscoa. Está dividida en 216 parroquias, estructuradas en 14 arciprestazgos: Antiguo, Arrasate-Bergara, Azpeitia, Eibar, Hernani, Herrera-Alza, Irún, Ordizia, Rentería, San Ignacio, Santa María, Tolosa, Zarautz e Zumarraga.

Limita coas dioceses de Bilbao, Vitoria e Pamplona e Tudela.

Historia

Históricamente o territorio que abrangue a diocese estivo dividido entre tres dioceses, Baiona, Pamplona e diocese de Calahorra. Pola bula «In Celcissima» de setembro de 1861 erixiuse a diocese de Vitoria, que comprendía todos os territorios da Comunidade Autónoma Vasca.[1]

A diocese de Donostia, sufragánea da arquidiocese de Pamplona e Tudela, foi creada durante o pontificado do papa Pío XII coa bula «Quo commodius» do 2 de decembro de 1949, que foi publicada varios meses máis tarde, o 1 de xullo de 1950.[2] Foi erixida dentro do territorio da diocese de Vitoria xunto coa tamén nova diocese de Bilbao, abarcando á provincia civil de Guipúscoa. Dende a súa creación até o 11 de agosto de 1956 foi sufragánea, como as outras dous dioceses vascas, da arquidiocese de Burgos, pasando a pertencer despois á provincia eclesiástica de Pamplona e Tudela.

Patróns

A diocese ten como patróns ao fundador da Compañía de Xesús, San Ignacio de Loiola (nado en Azpeitia), e á advocación mariana da Virxe de Arantzazu.

Lista de bispos de Donostia

Dende a súa erección en 1949, os bispos de Donostia teñen sido os seguintes:[3][4]

Notas e referencias

  1. Bula In celsissima, en Pii IX Pontificis Maximi Acta. Pars prima, Vol. III, Roma 1864, páxinas 262–280 (en latín)
  2. Bula Quo commodius, AAS 42 (1950), p. 535 (en latín)
  3. Ficha en Catholic-Hierarchy.org
  4. Ficha en GCatholic.org