Catoira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 83.60.18.110 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Liña 53: Liña 53:
web= [http://www.catoira.es catoira.es]|
web= [http://www.catoira.es catoira.es]|
}}
}}
'''Catoira''' é un concello da [[provincia de Pontevedra]], pertencente á [[Comarca de Caldas]]. Segundo o padrón municipal ([[INE]] [[2013]]) conta con 3.421 habitantes (1.683 homes e 1.738 mulleres). O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|catoirense}}»ou viquingo.
'''Catoira''' é un concello da [[provincia de Pontevedra]], pertencente á [[Comarca de Caldas]]. Segundo o padrón municipal ([[INE]] [[2013]]) conta con 3.421 habitantes (1.683 homes e 1.738 mulleres). O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|catoirense}}».


== Poboación ==
== Poboación ==

Revisión como estaba o 7 de maio de 2015 ás 14:54

Coordenadas: 42°38′N 8°41′O / 42.633, -8.683

Catoira
Bandeira de Catoira
Escudo de Catoira
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]catoirense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Caldas
Poboación3.402 hab. (2014)[2][3]
Área29,4 km²[3]
Densidade115,71 hab./km²
Entidades de poboación4 parroquias[4]
Política (2011)
AlcaldeAlberto García García (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 6
Outros: -
Eleccións municipais en Catoira
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes69,69%
Na rede
catoira.es
editar datos en Wikidata ]

Catoira é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta con 3.421 habitantes (1.683 homes e 1.738 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «catoirense».

Poboación

Censo total (habitantes) 3.402 (2014)
Menores de 16 anos 455 (13,37 %)
Entre 16 e 64 anos 2.190 (64,37 %)
Maiores de 65 anos 757 (22,25 %)
Evolución da poboación de Catoira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
1.916 2.507 2.827 3.583 3.510 3.473 3.489 3.484 3.421 {{{10}}} {{{11}}} {{{12}}} {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 29,1 km², abrangue catro parroquias. Limita ao noroeste co río Ulla xa na desembocadura na ría de Arousa, ao nordeste con Valga, ao sueste con Caldas de Reis e ao suroeste con Vilagarcía de Arousa.

O punto de maior altitude é no monte Xiabre (641 m), no límite con Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis. Está comunicada con Pontecesures e Vilagarcía de Arousa a través da PO-550, e co Barbanza (na provincia da Coruña) a través dunha ponte. Na estación de Catoira fan parada algúns trens da liña Vigo-A Coruña.

Historia

O Monte das Mámoas é un conxunto de dúas mámoas do neolítico, situadas na parroquia de Santa Baia de Oeste, descubertas en 1956 por Ramón Sobrino Buhigas. Teñen uns 22 metros de diámetro cada unha, e están orientadas en dirección N-S. No lugar de Cores (de Abalo) foi atopada en 1988 unha hacha do calcolítico., feita con rocha metamórfica puída.

No río Ulla, preto das Torres do Oeste, foron atopadas varias espada de bronce, conservada en mans de particulares, no Museo de Pontevedra e no Museo arqueolóxico da Coruña. Esta última ten estoque de bronce con encaixes semicirculares na base. Fáltanlle dúas terceiras partes da empuñadura, conservándose parte dunha das perforacións para un cravo e dous remaches. A folla está moi deteriorada e reducida, con vestixios de finas estrías e dous finos nervios paralelos que se unen no terzo inferior e rematan no pico. Tiña unha lonxitude de 50 cm, cun ancho de 4,5 cm na parte máis grosa.

Da cultura castrexa consérvanse restos do castro de Tarrío, un poboado castrexo situado preto da igrexa de Dimo no que apareceron restos de cerámica. O castro das Torres mostra indicios dunha actividade metalúrxica e comercial importante, pois nel apareceron materiais de importación por vía marítima como ánforas, cerámica campesiña e fragmentos de tradición ibérico- púnica. Río arriba hai restos doutros asentamentos arqueolóxicos relacionados co comercio e as comunicacións.

A zona sufriu as invasións normandas, tendo lugar os principais ataques nos anos 858, 968 e 1016. No segundo deles unha escuadra de cen naves desembarcou en Cabreira dirixíndose cara a Iria Flavia. Na batalla de Fornelos, á beira do río Louro, na que faleceu o bispo compostelán Sisnando.

O rei Afonso V o Nobre doou a illa de Oneste no ano 1024 ó bispo iriense Vistruario para construír unha fortaleza, as Torres do Oeste, co fin de facer fronte aos ataques viquingos. O bispo de Iria Cresconio reformou a fortaleza e mandou tender unha grosa cadea entre as dúas beiras da ría para impedir o paso das naves. Os sucesores de Cresconio, Diego Páez e Diego Xelmírez, seguiron mellorando o recinto, que tomou a súa estrutura definitiva no século XII, quedando composta a fortaleza por sete torres que amurallaban un recinto arrodeado de pantanos.

Xelmírez mandou construír unha capela adicada ao Apóstolo Santiago. A partir do século XV,a fortaleza comeza a súa decadencia, e finalmente no ano 1525 gran parte das construcións foron destruídas.

Turismo

A Romaría Vikinga de Catoira, celebrada o primeiro domingo de agosto, está declarada de festa de interese turístico internacional. No segundo domingo de xullo celébrase a festa de San Antón de Padua, no marco da cal ten lugar a festa da solla de Catoira.

Na parroquia de Dimo celébrase o San Pedro o 29 de xuño. Na parroquia de San Mamede de Abalo celébranse as festas patronais na última fin de semana de xullo. Na segunda fin de semana de agosto celébrase Santa Eulalia do Oeste.

O concello está irmandado coa vila dinamarquesa de Frederikssund.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Catoira.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Catoira

Abalo (San Mamede) | Catoira (San Miguel) | Dimo (San Pedro) | Oeste (Santa Baia)

Lugares de Catoira

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Catoira vexa: Lugares de Catoira.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Catoira".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Ligazóns externas