Faia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Desfixéronse as edicións de 185.30.52.141 (conversa); cambiado á última versión feita por Breogan2008 |
||
Liña 34: | Liña 34: | ||
É infrecuente fóra da [[Cordilleira Cantábrica]] ou os [[Pireneos]]. |
É infrecuente fóra da [[Cordilleira Cantábrica]] ou os [[Pireneos]]. |
||
En [[Galicia]] atopan o seu límite occidental de distribución nas serras orientais luguesas. Por iso e por estar en contacto con [[carballeira]]s e bosques de [[cerquiño]]s non teñen as típicas características dos faiais. |
En [[Galicia]] atopan o seu límite occidental de distribución nas serras orientais luguesas. Por iso e por estar en contacto con [[carballeira]]s e bosques de [[cerquiño]]s non teñen as típicas características dos faiais. |
||
Hai faias nas ladeiras do [[Moncayo]], no parque natural dos [[Portos de Tortosa-Beceite]] ([[Provincia de Tarragona|Tarragona]]), sendo o faial máis meridional de España, e nalgúns bosques do Sistema Central, en [[ |
Hai faias nas ladeiras do [[Moncayo]], no parque natural dos [[Portos de Tortosa-Beceite]] ([[Provincia de Tarragona|Tarragona]]), sendo o faial máis meridional de España, e nalgúns bosques do Sistema Central, en [[Faial de Tejera Negra|Tejera Negra]] ([[provincia de Guadalaxara|Guadalaxara]]), [[Faial da Pedrosa|a Pedrosa]] ([[Segovia]]) ou en [[Faial de Montejo|Montejo de la Sierra]] ([[Comunidade de Madrid|Madrid]]). En [[Ciñera de Gordón]] ([[provincia de León|León]]) atópase un dos faiais mellor conservados. Tamén é frecuente nas montañas do País Vasco e o [[Val do Rudrón]] ([[Burgos]]). O límite occidental da súa distribución está nas montañas orientais da comunidade galega e o límite occidental costeiro atópase no concello de [[Valdés]] ([[Asturias]]). Nesta última comunidade destaca o maior faial da comunidade, o de Mosteiro de Hermo en [[Cangas del Narcea]] a moi poucos quilómetros da maior [[carballeira]] de Europa, a de [[Muniellos]]. |
||
== Notas == |
== Notas == |
Revisión como estaba o 7 de maio de 2015 ás 14:12
Faia | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Fagus sylvatica L. | |||||||||||||||||
A faia (Fagus sylvatica) é unha árbore caducifolia da familia das fagáceas de porte robusto e gran talla, que alcanza os 35 ou 40 m, cun tronco recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. Se a árbore crece illada (non en espesura) cambia radicalmente, ábrese moi pronto, sendo algo irregular, ramificándose desde abaixo e variando moito a copa.
Conserva a cortiza practicamente lisa durante toda a súa vida, dun gris cincento ou esbrancuxado. As follas son simples, alternas nos talos novos, nos adultos saen en fascículos sobre pequenos braquiblastos, e caedizas. Son de pecíolo curto, e o limbo é de forma ovalada, co bordo ondulado, en principio algo festonado e prolongándose nunha lanuxe sedosa moi característica. Teñen os nervios laterais ben marcados e paralelos (penninervia), son dunha cor verde moi viva polo feixe volvéndose máis escuras na madurez, e dispóñense sempre en posición moi horizontal, captando a maior cantidade de luz posible. Iso fai que os seus bosques teñan un aspecto un tanto sombrío, case propio de conto de fadas, non permitindo crecer no chan a apenas ningunha outra planta. Frecuentemente, con todo, crece en bosques mixtos co abeto e outras especies do bosque caducifolio. Ó bosque de faias chámaselle faial.
Hábitat
A faia necesita chans frescos e fértiles, con preferencia dos que teñen bastante cal; con todo logra vivir en chans silíceos. Como ten unha elevada taxa de transpiración, necesita abundantes precipitacións. É unha especie de sombra e por iso prefire situarse nas ladeiras escuras das montañas.
Europa
En Europa esténdese formando bosques desde Pilio, no centro de Grecia, ou redutos en Sicilia e no centro de España no Sur, até Suecia e Noruega, chegando até Trondheim no norte. En Finlandia coñécense algúns pequenos bosques de faias. Atópase moi estendido no centro de Europa destacando os bosques da Selva Negra (Alemaña), o Bosque de Soignesy en Bélxica, a Selva de Irati en Navarra (España), así como os faiais de Francia onde as faias conforman o 10% do total dos bosques. O reduto máis meridional atópase nas ladeiras do volcán Etna, en Sicilia.
Península Ibérica
É infrecuente fóra da Cordilleira Cantábrica ou os Pireneos. En Galicia atopan o seu límite occidental de distribución nas serras orientais luguesas. Por iso e por estar en contacto con carballeiras e bosques de cerquiños non teñen as típicas características dos faiais. Hai faias nas ladeiras do Moncayo, no parque natural dos Portos de Tortosa-Beceite (Tarragona), sendo o faial máis meridional de España, e nalgúns bosques do Sistema Central, en Tejera Negra (Guadalaxara), a Pedrosa (Segovia) ou en Montejo de la Sierra (Madrid). En Ciñera de Gordón (León) atópase un dos faiais mellor conservados. Tamén é frecuente nas montañas do País Vasco e o Val do Rudrón (Burgos). O límite occidental da súa distribución está nas montañas orientais da comunidade galega e o límite occidental costeiro atópase no concello de Valdés (Asturias). Nesta última comunidade destaca o maior faial da comunidade, o de Mosteiro de Hermo en Cangas del Narcea a moi poucos quilómetros da maior carballeira de Europa, a de Muniellos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Faia |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Faia |