Morgana en Esmelle: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 38: Liña 38:
A novela, escrita en [[terceira persoa]], alterna varios narradores: Felipe de Amancia, Merlín, a propia Morgana e as ''Crónicas de Ávalon''. Os dous primeiros amosan unha visión persoal deses personaxes, e os textos tomados das ''Crónicas'' pretenden dar unha visión máis obxectiva.
A novela, escrita en [[terceira persoa]], alterna varios narradores: Felipe de Amancia, Merlín, a propia Morgana e as ''Crónicas de Ávalon''. Os dous primeiros amosan unha visión persoal deses personaxes, e os textos tomados das ''Crónicas'' pretenden dar unha visión máis obxectiva.


A trama entronca coa [[Materia de Bretaña]] e co mundo fabuloso descrito por [[Álvaro Cunqueiro]] na terra de Miranda. Con todo, esta é unha novela que pretende botar sobre o asunto unha mirada feminina, resaltando o papel de Viviana e Morgana fronte ás pretensións de Merlín<ref>"Morgana en Esmelle", artigo sobre o libro na revista ''[[Andaina]]'' nº 60, xaneiro de 2012.</ref>.
A trama entronca coa [[Materia de Bretaña]] e co mundo fabuloso descrito por [[Álvaro Cunqueiro]] na terra de Miranda na obra ''[[Merlín e familia]]''. Con todo, esta é unha novela que pretende botar sobre o asunto unha mirada feminina, resaltando o papel de Viviana e Morgana fronte ás pretensións de Merlín<ref>"Morgana en Esmelle", artigo sobre o libro na revista ''[[Andaina]]'' nº 60, xaneiro de 2012.</ref>.


==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 5 de maio de 2015 ás 10:53

Morgana en Esmelle
Autor/aBegoña Caamaño
CubertaEdward Burne-Jones
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa (nº 308)
Tema(s)Materia de Bretaña
Xénero(s)Novela
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.2012
FormatoRústica con lapelas
Páxinas220
ISBN978-84-9865-412-7
editar datos en Wikidata ]

Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.

Trama

A sedición de Merlín, cadro de Edward Burne-Jones usado na capa do libro, 1864 (Birmingham Art Gallery).


No castelo de Tintaxel vive o rei Garlois, a súa muller Igraine e mais Morgana, a filla de ambos. Nunha batalla Garlois resulta malferido, e o mago Merlín logra que Uther de Pendragón, o nobre que derrotara a Garlois, adopte a aparencia deste e deixe preñada a Igraine. Froito da relación nace Artur. Anos despois, Merlín fai que Artur case con Xenebra, co propósito de convertelo en caudillo dos celtas en Britania e acadar a cristianización do seu pobo.

Pola súa banda, Morgana marcha coa súa tía Viviana á illa de Ávalon, a formarse e desenvolver a súa sabedoría, regresando a Miranda para a voda do seu irmán. Mais malia os propósitos de Merlín, o amor entre Artur e Xenebra non é tal, posto que Xenebra está namorada de Lancelot e Artur da súa irmá.

Narración

A novela, escrita en terceira persoa, alterna varios narradores: Felipe de Amancia, Merlín, a propia Morgana e as Crónicas de Ávalon. Os dous primeiros amosan unha visión persoal deses personaxes, e os textos tomados das Crónicas pretenden dar unha visión máis obxectiva.

A trama entronca coa Materia de Bretaña e co mundo fabuloso descrito por Álvaro Cunqueiro na terra de Miranda na obra Merlín e familia. Con todo, esta é unha novela que pretende botar sobre o asunto unha mirada feminina, resaltando o papel de Viviana e Morgana fronte ás pretensións de Merlín[1].

Notas

  1. "Morgana en Esmelle", artigo sobre o libro na revista Andaina nº 60, xaneiro de 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Ficha na web de Editorial Galaxia.