Oferta e demanda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{wikificar}}{{sen referencias}}{{ligazóns internas}}
{{wikificar}}{{sen referencias}}{{ligazóns internas}}{{Atención|data=maio de 2015}}

[[Categoría:Economía]]
En [[microeconomía]], a lei da oferta e da [[demanda]] é un modelo económico que establece os prezos de [[mercado]]. Segundo este concepto, nun mercado competitivo, o prezo unitario dun ben concreto varía até se asentar nun punto no que a cantidade demandada polos consumidores (a [[prezo]] actual) iguale a cantidade proporcionada polos produtores (tamén a prezo actual). Isto terá como resultado un equilibrio económico entre o prezo e a cantidade.

As catro normas básicas que regulan a oferta e a demanda son:

1. Se a demanda aumenta (a curva de demanda desprázase cara á dereita) e a oferta permanece sen cambios, prodúcese unha escaseza de bens que provocará un prezo de equilibrio máis elevado.

2. Se a demanda diminúe (a curva de demanda desprázase cara á esquerda) e a oferta permanece sen cambios, prodúcense excedentes que provocarán un prezo de equilibrio máis baixo.

3. Se a demanda permanece sen cambios e a oferta aumenta (a curva de oferta desprázase cara á dereita), prodúcense excedentes que provocarán un prezo de equilibrio máis baixo.

4. Se a demanda permanece sen cambios e a oferta diminúe (a curva de oferta desprázase cara á esquerda), prodúcese unha escaseza de bens que provocará un prezo de equilibrio máis elevado.

=== Representación gráfica da oferta e da demanda ===
=== ''' Representación gráfica da oferta e da demanda ''' ===
Aínda que é habitual que tanto a cantidade demandada como a ofertada se consideren funcións do prezo dos bens, a representación gráfica estándar (cuxa autoría se atribúe a Alfred Marshall) sitúa o prezo no eixe vertical e a cantidade no horizontal, o que supón unha disposición oposta á convención estándar para a representación de funcións matemáticas.

Ademais, dado que no gráfico non están representados explicitamente máis factores determinantes da oferta e da demanda que o do prezo dos bens proden cuestión, os cambios nos valores destas variábeis reflíctense na mudanza das curvas da gráfica (a miúdo descritos como «desprazamentos» das curvas). Pola contra, as reaccións a estas variacións no prezo dos produtos represéntanse cos movementos das curvas da oferta e da demanda.

==== ''' A curva de oferta ''' ====
==== A curva de oferta ====
A curva de oferta representa a relación entre o prezo dun ben e a cantidade ofertada. Se se parte da hipótese da competencia perfecta, a oferta vese determinada polo [[custo marxinal]], o que significa que as empresas producirán cantidades adicionais sempre que o custo desta produción de unidades extra sexa inferior ao prezo que cobrarán.

Liña 30: Liña 29:
Os factores determinantes da oferta son:

1. Os [[custos]] de [[produción]]: canto custa producir bens. Os custos de produción son aqueles relacionados cos custos dos factores produtivos, fundamentalmente a man de obra, o capital, a enerxía e os materiais. Estes dependen da tecnoloxía empregada na produción e/ou dos avances tecnolóxicos. Ver: produtividade.

2. As expectativas das empresas no que respecta aos prezos futuros.

3. O número de provedores.
3. O número de provedores.

==== '''A curva de demanda''' ====
==== A curva de demanda ====
A curva de demanda representa a cantidade de certos produtos que os compradores poden e están dispostos a adquirir a diferentes prezos, asumindo que, fóra do prezo dos bens en cuestión, tódolos factores determinantes coma os ingresos, os gustos e as preferencias, o prezo dos bens substitutivos e o prezo dos bens complementarios permanecen inalterados. Por outro lado, segundo a lei da demanda, a curva de demanda case sempre se representa de maneira descendente, o que significa que a medida que os prezos diminúen, os consumidores compran máis cantidade dese produto.

Liña 43: Liña 42:

Debido á súa natureza, conceptualizar a curva de demanda require que o comprador sexa un competidor perfecto, é dicir, que non teña influencia algunha sobre os prezos de mercado. Isto é así porque cada punto na curva de demanda é a resposta á pregunta de «se este consumidor “se enfrontase” a este prezo potencial, que cantidade deste produto compraría?» Se un comprador ten poder de mercado, a súa decisión sobre a cantidade que merca inflúe nos prezos de mercado; desta forma non se ve na obriga de se «enfrontar» a ningún prezo, polo que a pregunta anterior sería irrelevante.

Como xa ocorría coas curvas de oferta, os economistas tamén distinguen entre a curva de demanda dunha dada empresa e a curva de demanda do mercado. Esta última obtense sumando as cantidades demandadas por tódolos consumidores para cada prezo potencial. Deste xeito, as curvas de demanda das empresas representadas na gráfica súmanse horizontalmente para obter a curva de demanda do mercado.

Os determinantes da demanda son:
Os determinantes da demanda son:

1. Os ingresos.
1. Os ingresos.

2. Os gustos e preferencias.
2. Os gustos e preferencias.

3. Os prezos dos bens e servizos relacionados.

4. As expectativas dos consumidores sobre os futuros prezos e ingresos verificábeis.

5. O número de consumidores potenciais.
5. O número de consumidores potenciais.
[[Ficheiro:Supply-and-demand.svg|miniatura|300px|O prezo P dun produto está determinado por un equilibrio entre a produción a cada prezo (oferta S) e os desexos dos que teñen poder adquisitivo a cada prezo (demanda D). O gráfico mostra un desprazamento positivo na demanda de D1 a D2, que da lugar a un aumento no prezo (P) e na cantidade vendida (Q) do produto.]]
<gallery>
Supply-and-demand.svg|O prezo P dun produto está determinado por un equilibrio entre a produción a cada prezo (oferta S) e os desexos dos que teñen poder adquisitivo a cada prezo (demanda D). O gráfico mostra un desprazamento positivo na demanda de D1 a D2, que da lugar a un aumento no prezo (P) e na cantidade vendida (Q) do produto.
</gallery>

[[Categoría:Terminoloxía económica]]
''Esta é unha tradución do primeiro apartado do artigo en inglés [https://en.wikipedia.org/wiki/Supply_and_demand Supply and demand]''

Revisión como estaba o 4 de maio de 2015 ás 10:22

En microeconomía, a lei da oferta e da demanda é un modelo económico que establece os prezos de mercado. Segundo este concepto, nun mercado competitivo, o prezo unitario dun ben concreto varía até se asentar nun punto no que a cantidade demandada polos consumidores (a prezo actual) iguale a cantidade proporcionada polos produtores (tamén a prezo actual). Isto terá como resultado un equilibrio económico entre o prezo e a cantidade. As catro normas básicas que regulan a oferta e a demanda son:

1. Se a demanda aumenta (a curva de demanda desprázase cara á dereita) e a oferta permanece sen cambios, prodúcese unha escaseza de bens que provocará un prezo de equilibrio máis elevado.

2. Se a demanda diminúe (a curva de demanda desprázase cara á esquerda) e a oferta permanece sen cambios, prodúcense excedentes que provocarán un prezo de equilibrio máis baixo.

3. Se a demanda permanece sen cambios e a oferta aumenta (a curva de oferta desprázase cara á dereita), prodúcense excedentes que provocarán un prezo de equilibrio máis baixo.

4. Se a demanda permanece sen cambios e a oferta diminúe (a curva de oferta desprázase cara á esquerda), prodúcese unha escaseza de bens que provocará un prezo de equilibrio máis elevado.

Representación gráfica da oferta e da demanda

Aínda que é habitual que tanto a cantidade demandada como a ofertada se consideren funcións do prezo dos bens, a representación gráfica estándar (cuxa autoría se atribúe a Alfred Marshall) sitúa o prezo no eixe vertical e a cantidade no horizontal, o que supón unha disposición oposta á convención estándar para a representación de funcións matemáticas.

Ademais, dado que no gráfico non están representados explicitamente máis factores determinantes da oferta e da demanda que o do prezo dos bens proden cuestión, os cambios nos valores destas variábeis reflíctense na mudanza das curvas da gráfica (a miúdo descritos como «desprazamentos» das curvas). Pola contra, as reaccións a estas variacións no prezo dos produtos represéntanse cos movementos das curvas da oferta e da demanda.

A curva de oferta

A curva de oferta representa a relación entre o prezo dun ben e a cantidade ofertada. Se se parte da hipótese da competencia perfecta, a oferta vese determinada polo custo marxinal, o que significa que as empresas producirán cantidades adicionais sempre que o custo desta produción de unidades extra sexa inferior ao prezo que cobrarán.

Un aumento dos prezos das materias primas provocaría o descenso da oferta e a consecuente subida dos custos, mentres que unha redución incrementaría esta oferta, baixaría os custos e prexudicaría aos produtores ao diminuír o excedente do produtor. Debido á súa natureza, conceptualizar a curva de oferta require que a empresa sexa un competidor perfecto, é dicir, que non teña influencia algunha sobre os prezos de mercado. Isto é así porque cada punto na curva de oferta é a resposta á pregunta de «se unha empresa “se enfrontase” a este prezo potencial, canta produción podería e estaría disposta a vender?» Se unha empresa ten poder de mercado, a súa decisión sobre canto produto podería ofrecerlle a este inflúe nos prezos de mercado; desta forma non se ve na obriga de se «enfrontar» a ningún prezo, polo que a pregunta anterior sería menos relevante.

Os economistas distinguen entre a curva de oferta dunha empresa dada e a curva de oferta do mercado. Esta última obtense sumando as cantidades ofertadas por tódolos provedores para cada prezo potencial. Deste xeito, as curvas de oferta das empresas representadas na gráfica súmanse horizontalmente para obter a curva de oferta do mercado.

Os economistas tamén distinguen entre a curva de oferta de mercado a curto prazo e a curva de oferta de mercado a longo prazo. Neste contexto, existen dous factores constantes que se asumen da definición de curto prazo: por un lado, a dispoñibilidade de un ou máis factores produtivos fixos (polo xeral, capital físico) e, por outro, o número de empresas coas que conta o sector. Pola contra, a longo prazo, as empresas teñen a oportunidade de axustar as súas partidas de capital físico, o que lles permite adaptar mellor a súa cantidade ofertada a calquera prezo determinado. A longo prazo poden acceder ao sector ou abandonalo competidores potenciais dependendo das condicións do mercado. Por estas dúas razóns, as curvas de oferta a longo prazo adoitan ser máis planas do que as súas homólogas a curto prazo.

Os factores determinantes da oferta son:

1. Os custos de produción: canto custa producir bens. Os custos de produción son aqueles relacionados cos custos dos factores produtivos, fundamentalmente a man de obra, o capital, a enerxía e os materiais. Estes dependen da tecnoloxía empregada na produción e/ou dos avances tecnolóxicos. Ver: produtividade.

2. As expectativas das empresas no que respecta aos prezos futuros.

3. O número de provedores.

A curva de demanda

A curva de demanda representa a cantidade de certos produtos que os compradores poden e están dispostos a adquirir a diferentes prezos, asumindo que, fóra do prezo dos bens en cuestión, tódolos factores determinantes coma os ingresos, os gustos e as preferencias, o prezo dos bens substitutivos e o prezo dos bens complementarios permanecen inalterados. Por outro lado, segundo a lei da demanda, a curva de demanda case sempre se representa de maneira descendente, o que significa que a medida que os prezos diminúen, os consumidores compran máis cantidade dese produto.

Do mesmo modo que as curvas de oferta reflicten curvas de custo marxinal, as curvas de demanda veñen dadas por curvas de utilidade marxinal. Os consumidores estarán dispostos a mercar unha determinada cantidade de bens a un prezo concreto, sempre que a utilidade marxinal do consumo adicional sexa igual ao custo de oportunidade marcado polo prezo, é dicir, á utilidade marxinal das escollas de consumo alternativas. Así, a curva de demanda defínese como a «disposición» e a «capacidade» dun consumidor para adquirir un determinado produto nun período de tempo concreto. Como xa se mencionou antes, a curva de demanda adoita ser descendente, aínda que existen casos illados nos que a curva de demanda dun ben tende a ascender. Por exemplo, dous casos hipotéticos diferentes nos que isto ocorre son o dos bens de Giffen (produtos básicos aínda que de baixa calidade) e o dos bens de Veblen (produtos que canto maior sexa o seu prezo, máis populares son).

Debido á súa natureza, conceptualizar a curva de demanda require que o comprador sexa un competidor perfecto, é dicir, que non teña influencia algunha sobre os prezos de mercado. Isto é así porque cada punto na curva de demanda é a resposta á pregunta de «se este consumidor “se enfrontase” a este prezo potencial, que cantidade deste produto compraría?» Se un comprador ten poder de mercado, a súa decisión sobre a cantidade que merca inflúe nos prezos de mercado; desta forma non se ve na obriga de se «enfrontar» a ningún prezo, polo que a pregunta anterior sería irrelevante.

Como xa ocorría coas curvas de oferta, os economistas tamén distinguen entre a curva de demanda dunha dada empresa e a curva de demanda do mercado. Esta última obtense sumando as cantidades demandadas por tódolos consumidores para cada prezo potencial. Deste xeito, as curvas de demanda das empresas representadas na gráfica súmanse horizontalmente para obter a curva de demanda do mercado.

Os determinantes da demanda son:

1. Os ingresos.

2. Os gustos e preferencias.

3. Os prezos dos bens e servizos relacionados.

4. As expectativas dos consumidores sobre os futuros prezos e ingresos verificábeis.

5. O número de consumidores potenciais.

O prezo P dun produto está determinado por un equilibrio entre a produción a cada prezo (oferta S) e os desexos dos que teñen poder adquisitivo a cada prezo (demanda D). O gráfico mostra un desprazamento positivo na demanda de D1 a D2, que da lugar a un aumento no prezo (P) e na cantidade vendida (Q) do produto.