Mona Lisa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 77: Liña 77:


[[Categoría:Obras pictóricas de Leonardo da Vinci]]
[[Categoría:Obras pictóricas de Leonardo da Vinci]]
[[Categoría:Pintura do Renacemento]]

Revisión como estaba o 26 de abril de 2015 ás 08:39

Mona Lisa
ArtistaLeonardo da Vinci
Data1503-1519
Técnicaóleo sobre madeira de lamigueiro
Dimensións77 cm × 53 cm
LocalizaciónMuseo do Louvre

A Mona Lisa (tamén coñecida como a Monna Lisa; Italiano La Gioconda; Francés La Joconde), é unha pintura feita polo artista italiano Leonardo da Vinci mostrando unha muller cunha expresión introspectiva, lixeiramente sorrinte. É probabelmente o retrato máis famoso na historia da arte. Poucos outros traballos de arte son así conmemorados ou reproducidos.

O cadro foi pintado entre 1503 e 1519 [1]. A pintura ao óleo en madeira exposta agora no Museo do Louvre en París é a maior atracción do museo.

Historia

A pintura foi traída da Italia para Francia polo propio Leonardo en 1516, cando foi convidado polo rei Francisco I de Francia para traballar na súa corte. Francisco comprou a pintura, que pasou a exhibirse en Fontainebleau e despois no Palacio de Versailles. Após a revolución francesa, o cadro foi levado para o Museo do Louvre. O emperador Napoleón Bonaparte era un apaixonado polo cadro e mandou colocalo nos seus apousentos. Durante as guerras coa Prusia, a Mona Lisa, xunto a outras pezas da colección do Museo, foi escondida nun lugar seguro.

O 22 de agosto de 1911 a Mona Lisa foi roubada. O poeta francés Guillaume Apollinaire foi preso e posto na cadea baixo sospeita do roubo o 7 de setembro. Pablo Picasso foi preso para un interrogatorio, mais ambos foron liberados mais tarde. Acreditouse entón que a pintura estaba perdida para sempre, pero o certo é que todo foi moito máis simple. O empregado do Louvre Vincenzo Peruggia, acreditando que a pintura pertencía á Italia e non debía ser mantida na Francia, roubouna simplemente levándoa escondida debaixo da roupa para fóra do museo. O cadro foi recuperado cando Peruggia intentou vendelo a un negociante de arte de Florencia. A Mona Lisa foi despois exhibida en varios museos italianos e retornou ao Louvre en 1913. Durante a Primeira e a Segunda Guerra Mundial a pintura foi outra vez removida do Louvre e almacenada nun lugar seguro.

En 1956, a parte inferior da pintura foi severamente danada despois dun ataque con ácido. Varios meses mais tarde, a pintura foi novamente obxecto dun atentado, desta vez por un individuo que lle tirou unha pedra. Desde entón, o cadro encóntrase protexido por un vidro de seguridade. En 1962, a pintura foi emprestada aos Estados Unidos e exhibida en Nova York e Washington. Antes desta viaxe, a pintura foi asegurada en cerca de 100 millóns de dólares americanos, o que lle mereceu unha mención no Guinness Book of Records como o obxecto mais valioso de sempre [1]. Este valor só foi sobrepasado recentemente (4 de maio polo cadro de Picasso Garçon à la pipe vendido por 104,1 millóns de dólares. A Mona Lisa saíu do Louvre unha vez máis, en 1974, nunha xira que incluíu Toquio e Moscova.

Identidade do modelo

Moitos historiadores da arte acreditan que o modelo usado para a pintura pode ter sido a esposa de Francesco del Giocondo, un rico comerciante de seda de Florencia e unha figura prominente no goberno florentino. Esta opinión fundaméntase nunha indicación feita por Da Vinci durante os últimos anos de súa vida, a propósito dun retrato dunha determinada señora florentina feita da vida ao pedido do magnífico Giuliano de' Medici. O primeiro biógrafo de Da Vinci, Vasari, tamén pintor, describe o retrato como sendo de Mona Lisa, esposa do cabaleiro florentino Francesco del Giocondoque. Porén, pouca cousa se sabe da súa vida e moito menos da historia da súa muller, Lisa Gherardini, nacida en 1479. Sábese que casaron en 1495, mais do feito non hai ningunha proba de que podería ter sido a señora dun Medici a muller que Da Vinci referenciou. O título alternativo ao traballo, La Gioconda, aparece apenas por primeira vez nun texto escrito máis tarde, en 1625, que se refire ao traballo como un retrato dunha determinada Gioconda. Esta referencia non contradí nin sostén a hipótese de que o modelo sexa a muller de Giocondo, unha vez que en italiano gioconda pode significar unha muller alegre.

Lillian Schwartz, científico dos Laboratorios Bell, suxire que a Mona Lisa é na verdade un autorretrato de Leonardo. Esta teoría baséase no estudo da análise dixital das características faciais do rostro de Leonardo e os trazos do modelo. Comparando un autorretrato de Leonardo coa muller do cadro, verifícase que as características dos rostros aliñan perfectamente. Os críticos desta teoría suxiren que as similitudes son debidas ao feito de ambos os retratos teren sido pintados pola mesma persoa usando o mesmo estilo. A teoría de que a Mona Lisa é un autorretrato deféndese no libro O Código Da Vinci.

O historiador Maike Vogt-Lüerssen de Adelaida suxeriu, após ter estudado o asunto por 17 anos, que a muller tralo sorriso famoso é Isabel de Aragón, Duquesa de Milán, para quen Leonardo da Vinci traballou como pintor da corte durante 11 anos [2]. O padrón do vestido verde escuro de Mona Lisa indica, segundo este estudoso, que o modelo é un membro da casa de Visconti-Sforza. O retrato de Mona Lisa tería sido o primeiro retrato oficial da nova Duquesa de Milán e pintado no inverno ou verán de 1489. O autor compara cerca de 50 retratos de Isabel de Aragón, representada como a Virxe ou Santa Catarina de Alexandría (nos cales só a propia duquesa podería servir de modelo), e conclúe que a semellanza á Mona Lisa é evidente [3]. Roni Kempler, un fotógrafo suxire que a Mona Lisa é en realidade a nai de Leonardo Caterina[4].

Estética

A Mona Lisa determinou un patrón para retratos futuros. O retrato presenta o seu modelo visto apenas sobre o busto, cunha paisaxe distante visíbel en plano de fondo. Leonardo usou unha composición en pirámide, onde a modelo xorde no centro cunha expresión calma e serea. As mans dobradas encóntranse no centro da base piramidal, reflectindo a mesma luz que lle ilumina o colo, pescozo e face. Esta luminosidade estudada dá ás superficies vivas unha xeometría subxacente de esferas e círculos, que acentúa o arco do seu sorriso famoso. Sigmund Freud interpretou 'o sorriso' como unha atracción erótica subxacente de Leonardo para coa súa nai; outros describiron o sorriso como inocente, convidativo, triste ou mesmo lascivo. Os sorrisos de interpretación dubidosa eran unha característica común dos retratos durante o tempo de Leonardo.

Detalle da face, mostrando o efecto sutil do sfumato, particularmente nas sombras en torno dos ollos.

Moitos investigadores tentaron explicar por que o sorriso é de forma tan diferente para diferentes culturas. As explicacións son diversas e varían desde teorías científicas sobre a visión humana a suposicións sobre a identidade da Mona Lisa e os seus sentimentos. A profesora Margaret Livingstone da Universidade Harvard argumentou que a percepción do sorriso é adquirida a través de frecuencias visuais baixas, o que torna visíbel a través da visión periférica [5]. Christopher Tyler e Leonid Kontsevich, do Instituto Smith-Kettlewell para a Investigación do Ollo, (San Francisco) acreditan que a natureza en mudanza do sorriso é causada por niveis variábeis do ruído aleatorio no sistema visual humano [6]. O historiador Maike Vogt-Luerssen discute que Isabel de Aragón (considerada como modelo) era infeliz porque o seu marido era impotente, alcólico e propenso á agresión física. Isabel describiuse como A máis infeliz esposa do mundo.

Aínda que utilizando unha fórmula aparentemente simple, a síntese expresiva que Leonardo conseguiu entre modelo e paisaxe tornou este traballo nunha das mais populares e analizadas pinturas de todos os tempos. As curvas sensuais do cabelo e da roupa da muller, creadas completamente a través do sfumato, encontran eco nos ríos ondulantes da paisaxe subxacente. A harmonía total conseguida no cadro, visíbel especialmente no sorriso, reflicte a unidade entre Natureza e Humanidade que era parte importante da filosofía persoal de Leonardo.

En segundo plano, a paisaxe esténdese ás montañas xeadas e inclúe camiños ondulantes e unha ponte que dan indicación de presenza humana. Os contornos desfocados, a figura graciosa, os contrastes dramáticos entre claro e escuro que se traducen en serenidade son característicos do estilo de Leonardo. A pintura foi un dos primeiros retratos a describir o modelo no seo dunha paisaxe imaxinaria. Unha característica interesante da paisaxe é a súa desigualdade. Á esquerda da figura, a paisaxe é visibelmente mais baixa do que é á dereita. Isto levou algúns críticos a suxerir que este elemento foi engadido máis tarde.

A pintura foi restaurada numerosas veces. Exames de raios X mostraron que hai tres versións escondidas baixo a actual. O revestimento en madeira mostra sinais de deterioro nunha taxa mais elevada do que se pensou previamente, causando preocupación dos curadores do museo sobre o futuro da pintura.

Influencia e aspectos culturais

A Mona Lisa, o cadro mais famoso do mundo, adquiriu un estatuto de icona cultural. Son numerosas as súas reproducións e utilización na publicidade, obxectos do día a día e como referencia cultural. Algunhas inclúen:

  • En 1919, o dadaísta Marcel Duchamp pintou unha parodia á Mona Lisa que incluía un bigote e pera na modelo e a inscrición LHOOQ (que significa Elle a chaud au cul, algo como Ela ten lume no rabo).
  • En 1950, a Mona Lisa, unha balada de Nat King Cole en tributo do cadro, foi o sinxelo máis vendido durante 8 semanas, alcanzando 3 millóns de copias vendidas, e foi premiada cun Oscar á Mellor Canción nunha Banda Sonora. Outras cancións sobre o cadro son Mona Lisas and Mad Hatters de Elton John (Honky Chateau, 1972), Mona Lisa de Willie Nelson (Somewhere over the Rainbow, 1981), Mona Lisa de Slick Rick (The Great Adventures of Slick Rick, 1988) e A Mona Lisa dos Counting Crows (inédita, 1992).
O sorriso da Mona Lisa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas