Diferenzas entre revisións de «Staphylococcus epidermidis»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
As probas bioquímicas indican que este microorganismo tamén leva a cabo unha reacción debilmente positiva na [[proba da nitrato redutase]]. É positiva para a produción de [[urease]], é oxidase negativa, e pode utilizar [[glicosa]], [[sacarosa]], e [[lactosa]] para formar produtos ácidos. En presenza de lactosa, tamén producirá gas. ''S. epidermidis'' non posúe o [[encima]] [[xelatinase]], polo que non pode hidrolizar a xelatina. É sensible á [[novobiocina]], que pode utilizarse como un importante test para distinguila de ''[[Staphylococcus saprophyticus]]'', o cal é coagulase negativo tamén, pero resistente á novobiocina.<ref name="Levinson, W. 2010 94–99"/>
 
A parede celular de ''S. epidermidis'', igual que a de ''S. aureus'' ten unha proteína de unión á transferrina que a bacteria utiliza para obter ferro a partir de [[transferrina]]. Crese que os tetrámeros[[tetrámero]]s dunha proteína exposta na superficie chamada [[gliceraldehido-3-fosfato deshidroxenase]] se unen á transferrina e retíranlle o seu ferro. Os pasos seguintes son a transferencia do ferro a [[lipoproteína]]s de superficie, e despois a proteínas de transporte, que transportan o ferro ao interior da célula.<ref name="Salyers" />
 
==Virulencia e resistencia a antibióticos==
190.252

edicións

Menú de navegación