Panteón de Galegos Ilustres: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Cambiei o ano da fundación da Fundación, xa que foi fundada no 1947 e ademais o feito de que actualmente o Patronato Rosalía de Castro recibe o nome de Fundación Rosalía de Castro.
m Concordancia de Fundación con fundado.
Liña 13: Liña 13:
Finalmente, en [[1988]] foi enterrado o intelectual e cartógrafo [[Domingo Fontán]], trasladado desde o Cemiterio Xeral de Santiago. Tanto este como Cabanillas soterráronse no chan da capela.
Finalmente, en [[1988]] foi enterrado o intelectual e cartógrafo [[Domingo Fontán]], trasladado desde o Cemiterio Xeral de Santiago. Tanto este como Cabanillas soterráronse no chan da capela.


O Panteón está ó coidado da [[Fundación Rosalía de Castro]], fundado en [[1966|1947]].
O Panteón está ó coidado da [[Fundación Rosalía de Castro]], fundada en [[1966|1947]].


==Galería de imaxes==
==Galería de imaxes==

Revisión como estaba o 23 de abril de 2015 ás 18:17

Coordenadas: 42°52′58″N 08°32′19″O / 42.88278, -8.53861

Sepulcro de Alfredo Brañas.
Sepulcro de Rosalía de Castro.

O Panteón de Galegos Ilustres atópase na capela lateral esquerda da igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. A idea foi proposta inicialmente polos emigrantes galegos en Cuba.

Historia e características

Neste lugar descansan os restos de varios personaxes galegos da máxima relevancia. A primeira en ser trasladada alí foi Rosalía de Castro, o 25 de maio de 1891, seis anos despois da súa morte e trasladada desde o cemiterio de Adina (en Iria Flavia, Padrón). O seu mausoleo é obra de Jesús Landeira Iglesias.

O seguinte foi Alfredo Brañas, en 1900, colocado fronte a Rosalía. En 1961 foi enterrado o escultor Francisco Asorey, o chamado escultor da raza, inhumado directamente no Panteón, e o 12 de agosto de 1967, Ramón Cabanillas, que foi trasladado desde o cemiterio de Cambados.

O 28 de xuño de 1984 o Panteón recibiu os restos do político, escritor e debuxante Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que fora trasladado desde Bos Aires onde morreu en 1950. O seu mausoleo atópase nunha capela anexa á principal, a do Santo Cristo, que é a máis antiga da igrexa.

Finalmente, en 1988 foi enterrado o intelectual e cartógrafo Domingo Fontán, trasladado desde o Cemiterio Xeral de Santiago. Tanto este como Cabanillas soterráronse no chan da capela.

O Panteón está ó coidado da Fundación Rosalía de Castro, fundada en 1947.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

  • FERNÁNDEZ FERREIRO, Xosé: "O Panteón de Galegos Ilustres", en La Voz de Galicia, 29.06.1984.
  • Gran Enciclopedia Galega, tomo 34.