Estrutura de datos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 36: Liña 36:
=== Lista ===
=== Lista ===


Unha lista enlazada é unha das estruturas de datos fundamentais, e pode ser usada para implementar otras estruturas de datos. Consiste nunha secuencia de nodos, nos que se gardan campos de datos arbitrarios e unha ou dúas referencias, enlaces ou punteiros ao nodo anterior ou posterior. O principal beneficio das listas enlazadas respecto aos vectores convencionais é que a orde dos elementos enlazados pode ser diferente á orde de almacenamento na memoria ou o disco, permitindo que a orde do recorrido da lista sexa diferente ao de almacenamento.
Unha lista enlazada é unha das estruturas de datos fundamentais, e pode ser usada para implementar otras estruturas de datos. Consiste nunha secuencia de nodos, nos que se gardan campos de datos arbitrarios e unha ou dúas referencias, enlaces ou punteiros ao nodo anterior ou posterior. O principal beneficio das listas enlazadas respecto aos vectores convencionais é que a orde dos elementos enlazados pode ser diferente á orde de almacenamento na memoria ou o disco, permitindo que a orde do percorrido da lista sexa diferente ao de almacenamento.
=== Cola ===
=== Cola ===



Revisión como estaba o 22 de abril de 2015 ás 22:49

En programación, unha estrutura de datos é unha forma particular de organizar datos nunha computadora para que poida ser utliizada de maneira eficiente.

Diferentes tipos de estruturas de datos son adecuados para diferentes tipos de aplicacións, e algúns son altamente especializados para tarefas específicas.

As estruturas de datos son un medio para manexar grandes cantidades de datos de maneira eficiente para usos tales como grandes bases de datos e servizos de indexación da internet. Polo xeral, as estruturas de datos eficientes son clave para deseñar eficientes algoritmos. Algúns métodos formais de deseño e linguaxes de programación destacan as estruturas de datos, en lugar dos algoritmos, como o factor clave de organización no deseño de software.

Descrición

As estruturas de datos baséanse xeralmente na capacidade dunha computadora para recuperar e almacenar datos en calquera lugar da súa memoria.

Estruturas de datos en programación

En Programación unha estrutura de datos pode ser declarada inicialmente escribindo unha palabra reservada, logo un identificador para a estrutura e un nome para cada un dos seus membros, sen olvidar os tipos de datos que estes representan. Xeralmente, cada membro vai separado por algún tipo de operador, caracter ou palabra reservada.

Na linguaxe de programación Pascal é posible crear unha estrutura de datos da forma recién mencionada. A sintaxe básica é:

Estruc Identificador, _
             Membro1:TipoDeDato, _
             Membro2:TipoDeDato, _
             ...
             Membro9:TipoDeDato

Para acceder aos membros dunha estrutura primeiro débese crear unha referencia a esta, xeralmente cunha variable de tipo, logo pódense editar e obtelos datos dos membros libremente.

Estruc Estrutura,Membro1:Enteiro,Membro2:Cadea,Membro3:Byte
Var Variable:Estrutura
Variable.Membro1 = 40000
Variable.Membro2 = "Hola Mundo"
Variable.Membro3 = 255
Mesaxe(Variable.Membro2) ' Mostra "Hola Mundo"

Principais estruturas de datos en programación

Lista

Unha lista enlazada é unha das estruturas de datos fundamentais, e pode ser usada para implementar otras estruturas de datos. Consiste nunha secuencia de nodos, nos que se gardan campos de datos arbitrarios e unha ou dúas referencias, enlaces ou punteiros ao nodo anterior ou posterior. O principal beneficio das listas enlazadas respecto aos vectores convencionais é que a orde dos elementos enlazados pode ser diferente á orde de almacenamento na memoria ou o disco, permitindo que a orde do percorrido da lista sexa diferente ao de almacenamento.

Cola

Unha pila é unha lista ordenada ou estrutura de datos na que o modo de acceso aos seus elementos é de tipo FIFO (do inglés First In First Out, primerio en entrar, primeiro en sair) que permite almacenar e recuperar datos. Esta estrutura aplícase en multitude de ocasións na área de informática debido á súa simplicidade e ordenación implícita da propia estrutura.

Pila

Unha pila é unha lista ordenada ou estrutura de datos na que o modo de acceso aos seus elementos é de tipo LIFO (do inglés Last In First Out, último en entrar, primeiro en sair) que permite almacenar e recuperar datos. Esta estrutura aplícase en multitude de ocasións na área de informática debido á súa simplicidade e ordenación implícita da propia estrutura.

Árbore

Unha árbore é unha estrutura de datos amplamente usada que imita a forma dunha árbore (un conxunto de nodos conectados). Un nodo é a unidade sobre a que se construe a árbore e pode ter cero ou máis nodos fillos conectados a él. Dícese que un nodo a é pai dun nodo b se existe un enlace dende a ata b (nese caso, tamén dicimos que b é fillo de a). Só pode haber un único nodo sen pais, que chamaremos raíz. Un nodo que non ten fillos coñécese como folla. Os demáis nodos (ten pai e un ou varios fillos) coñéceselles como rama.