Grande intercambio americano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
corrixo
corrixo
Liña 1: Liña 1:
{{zooloxía en progreso}}
{{zooloxía en progreso}}
[[Ficheiro:Great American Biotic Interchange examples.svg|miniatura|300px|Exemplos do intercambio faunístico americano tras o xurdimento de [[América Central|Centroamérica]].<br> Os animais de orixe sudamericana, en verde oliva, e os de orixe norteamericanoa, en azul.]]
[[Ficheiro:Great American Biotic Interchange examples.svg|miniatura|300px|Exemplos do intercambio faunístico americano tras o xurdimento de [[América Central|Centroamérica]].<br> Os animais de orixe suramericana, en verde oliva, e os de orixe norteamericanoa, en azul.]]


O '''grande intercambio americano''' foi un importante acontecemento paleozooxeográfico en que a [[fauna]] terrestre e dulciacuícola emigrou de [[América do Norte]] a través de [[América Central|Centroamérica]] cara a [[América do Sur]] e viceversa, como resultado do xurdimento do [[istmo]] de [[Panamá]] entre as metades boreal e austral do actual [[América|continente americano]], que até aquela eran [[continente]]s separados. Esta migración masiva culminou hai aproximadamente tres millóns de anos, na primeira metad do [[plioceno]] superior.
O '''grande intercambio americano''' foi un importante acontecemento paleozooxeográfico en que a [[fauna]] terrestre e dulciacuícola emigrou de [[América do Norte]] a través de [[América Central|Centroamérica]] cara a [[América do Sur]] e viceversa, como resultado do xurdimento do [[istmo]] de [[Panamá]] entre as metades boreal e austral do actual [[América|continente americano]], que até aquela eran [[continente]]s separados. Esta migración masiva culminou hai aproximadamente tres millóns de anos, na primeira metad do [[plioceno]] superior.

Revisión como estaba o 22 de abril de 2015 ás 07:17


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Exemplos do intercambio faunístico americano tras o xurdimento de Centroamérica.
Os animais de orixe suramericana, en verde oliva, e os de orixe norteamericanoa, en azul.

O grande intercambio americano foi un importante acontecemento paleozooxeográfico en que a fauna terrestre e dulciacuícola emigrou de América do Norte a través de Centroamérica cara a América do Sur e viceversa, como resultado do xurdimento do istmo de Panamá entre as metades boreal e austral do actual continente americano, que até aquela eran continentes separados. Esta migración masiva culminou hai aproximadamente tres millóns de anos, na primeira metad do plioceno superior.

Este evento significou a interacción da rexión biogeográfica Neotropical (América do Sur) e a Neártica (América do Norte) para formaren definitivamente o conxunto bioxeográfico das Américas.

O intercambio de especies faise visíbel a partir da observación dos estratos xeolóxicos e do atento estudo da fauna de ambos os subcontinentes. O seu efecto foi máis importante sobre a distribución dos mamíferos, pero tamén deu unha oportunidade única para expandirse a aves, artrópodos, réptiles, anfibios e incluso permitiu a migración de peixes de auga doce entre ambos os subcontinentes.

Os intercambios foron advertidos por primeira vez polo chamado pai da bioxeografía, Alfred Russel Wallace. Entre 1848 e 1852, Wallace dedicouse a explorar e recoller mostras e espécímes na conca do Amazonas.

Intercambios similares ocorreron a principios do cenozoico, cando as masas de terra anteriormente illadas da India e África entraron en contacto con Eurasia hai 50 e 30 millóns de anos, respectivamente.