Terry Porter: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 64: Liña 64:
* [http://www.basketball-reference.com/coaches/portete01c.html Estatísticas de Terry Porter como adestrador]
* [http://www.basketball-reference.com/coaches/portete01c.html Estatísticas de Terry Porter como adestrador]


{{ORDENAR:Skiles, Scott}}
{{ORDENAR:Porter, Terry}}


[[Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América]]

Revisión como estaba o 19 de abril de 2015 ás 23:36

Terry Porter
Posición Base
Dorsal 30
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Nacemento 8 de abril de 1963 (61 anos)
Milwaukee, Wisconsin
Carreira
Universidade Wisconsin–Stevens Point (1981–1985)
NBA Draft 1985 / Rolda: 1 / Elección: 24
Por Portland Trail Blazers
Tempadas 19852002
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     15 586
Asistencias     7 160
Roubos     1 583
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador

Terry Porter, nado o 8 de abril de 1963 en Milwaukee, Wisconsin, é un adestrador e ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou durante dezasete tempadas na NBA. Actualmente é adestrador asistente dos Minnesota Timberwolves. Con 1,91 metros de estatura, xogaba na posición de base.

Traxectoria deportiva

Profesional

Porter foi elixido no posto 24 do Draft da NBA de 1985 polos Portland Trail Blazers, onde xogou durante dez tempadas, e disputou dúas finais da NBA. Antes do comezo da tempada 1995-96, Porter asinou coma axente libre cos Minnesota Timberwolves, a quenes axudou a clasificarse por primeira vez para os Playoffs na tempada 1996-97, e a conseguir a primeira tempada da historia da franquía con récord positivo ó seguinte ano.

Asinou cos Miami Heat antes da tempada 1998-99, e cos San Antonio Spurs antes da 1999-00. Retirouse tras a tempada 2001-02, sen ser traspasado ningunha vez na súa carreira na NBA. En 1.274 partidos, Porter acadou 12.2 puntos, 5.6 asistencias e 1.24 roubos, incluíndo dúas participacións no All-Star Game da NBA (1991, 1993), dúas Finais da NBA (1990, 1992) e 15.586 puntos na súa carreira.

O 16 de decembro de 2008, os Portland Trail Blazers retiraron o dorsal número 30 de Porter.[1]

Adestrador

Na primeira tempada da súa etapa coma adestrador, Porter pasou a tempada 2002-03 coma adestrador asistente dos Sacramento Kings.

O 6 de agosto de 2003, foi contratado coma adestrador principal dos Milwaukee Bucks. Adestrou ós Bucks durante dous anos, antes de ser despedido durante a postempada de 2005. Tras unha tempada sen adestrar, fichou polos Detroit Pistons coma adestrador asistente para a tempada 2006-07.

O 9 de xuño de 2008, Porter foi contratado coma adestrador dos Phoenix Suns.[2] O 16 de febreiro de 2009, os Suns despediron a Porter tras 51 partidos.

O 6 de decembro de 2011, foi contratado coma adestrador asistente dos Minnesota Timberwolves.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas