ASTANO: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
marca astano
Liña 2: Liña 2:
{{Compañía
{{Compañía
| nome_compañía = Astano
| nome_compañía = Astano
| logo_compañía =
| logo_compañía = [[File:Astilleros y Talleres del Noroeste ASTANO.svg|150px]]
| pé =
| pé = Astano
| imaxe = [[Ficheiro:González Llanos.JPG|250px]]
| imaxe = [[Ficheiro:González Llanos.JPG|250px]]
| pé_imaxe = Escultura de [[José María González-Llanos]], fundador de ASTANO, na Avenida de Esteiro ([[Ferrol]])
| pé_imaxe = Escultura de [[José María González-Llanos]], fundador de ASTANO, na Avenida de Esteiro ([[Ferrol]])

Revisión como estaba o 13 de abril de 2015 ás 19:52

Coordenadas: 43°28′32 47″N 8°10′47 73″O / 43.46667, -8.16667{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Astano
Ficheiro:Astilleros y Talleres del Noroeste ASTANO.svg
Astano

Escultura de José María González-Llanos, fundador de ASTANO, na Avenida de Esteiro (Ferrol)
Fundación1941
MatrizAstillero Fene, Navantia (SEPI)
LocalizaciónNavantia, Avenida das Pías, 15500 Fene, A Coruña Galicia Galiza
FundadorJosé María González-Llanos
Persoas clavePedro Barrié de la Maza
IndustriaNaval
ProdutosBuques, Offshore, reparacións navais
editar datos en Wikidata ]

ASTANO (acrónimo de Astilleros y talleres del noroeste) foi unha empresa do sector naval, actualmente integrada en Navantia. Foi fundada en 1941 por José María González-Llanos tamén fundador de FENYA, enxeñeiro e antigo director de Bazán, cun capital social de 1 600 000 pesetas e 33 empregados.

Historia

Astano en 2008.

Estableceuse na ribeira da ría de Ferrol, no concello de Fene e comezou dedicándose á construción de barcos pesqueiros en madeira. En 1944 converteuse en sociedade anónima, entrando na empresa o Banco Pastor, e co seu capital acométese o paso á construción en metal iniciado o ano anterior, e comeza un medre sostido apoiado na expansión da pesca e nun mercado protexido. A entrada na dirección da empresa do enxeñeiro e ex director de Bazán José María González-Llanos iniciou o medre de Astano que chegaría a ser un dos máis importantes estaleiros do mundo. A empresa modernizou as instalacións, creou escolas de aprendices, comedores para os traballadores, vivendas sociais, economato e beneficios sociais e melloras económicas. Pasando da construción de buques en madeira a construir os maiores buques que se estaban a botar no mundo. A primeira crise chega en 1956 co esgotamento dos caladoiros do Gran Sol e comeza un xiro cara á elaboración de navíos de carga, fundamentalmente para carbón e petróleo nun mercado en expansión. A crise definitiva chega en 1971 coa empresa nunha situación crítica que provoca a toma de control polo Instituto Nacional de Industria, que non conseguiu endereitala. A subseguinte crise do petróleo de 1973 acabou por condenar ao estaleiro a perdas cada vez maiores e unha situación sen saída. Cando en 1972 se bota o Arteaga, navío de 323 000 toneladas, de enorme éxito na construción naval nacional, a empresa estaba en franca decadencia, o que non impediu o seu medre tecnolóxico e a botadura do navío mais grande, o Santa Maria en 1975 de 365 000 toneladas de peso morto. A factoría traballaba por debaixo da súa capacidade e en 1979 o INI faise cargo da totalidade da empresa e inxecta un capital de 3 500 millóns de pesetas.

Nese contexto de profunda reconversión prodúcese a negociación do ingreso de España na Unión Europea (entón CEE). O plano para o sector naval da CEE era moi duro e propoñía unha enorme redución da capacidade produtiva en toda a Unión. A España esixíaselle o peche dun estaleiro entre os de Puerto Real, Sestao ou Fene. O goberno socialista de Felipe González propuxo limitar a produción de Astano á construción Off-Shore, sector que estaba entrando nunha recesión, o que foi aceptado pola CEE con fortes reservas. O estaleiro poderá volver á construción naval civil o 1 de xaneiro de 2015, cando remate o veto actual.[1]

Construción naval

A Discoverer Enterprise encaixada na ponte das Pías.
Construcións off-shore de Astano

Discoverer Enterprise no Golfo de México.
Número Nome Tipo Botado
266 Drillmar I Plataforma 15-09-1989
267 Gryphon A FPSO 15-04-1992
269 Alba FSU FSU 09-03-1993
273 Petrojarl Foinaven FPSO 28-08-1995
274 Captain FPSO FPSO 2-07-1996
275 Discoverer Enterprise Drill Ship 12-12-1997
276 Discoverer Spirit Drill Ship 14-05-1999
277 Discoverer Deep Seas Drill Ship 22-12-1999

Dende os seus inicios Astano leva botados preto de 300 buques e construcións navais. Dende as súas orixes como estaleiro de pesqueiros en madeira a empresa foi evolucionando, pasando da construción de petroleiros ata un LNG (o Laietta, primeiro construído en España) e construcións offshore como os FPSO dos que foi un dos pioneiros en todo o mundo. Astano foi o primeiro estaleiro do mundo en construír un buque Off-Shore para a perforación e extracción de petróleo. Tódolos que existían ata entón eran transformacións de buques existentes. O Discoverer Enterprise[2] botado en 1998 foi o primeiro dunha serie de dous máis: Discoverer Spirit botado en 1999 e Discoverer Deep Seas botado en 2000 construídos para a multinacional norte americana Transocean.

Astano ademais foi o estaleiro que sufriu unha mais forte reconversión perdendo 3 600 empregos fronte a reducións menores en Puerto Real e Sestao. A empresa enfrontábase a un mercado pequeno e moi competitivo cunha factoría sobredimensionada e con baixa produtividade, isto provocou a necesidade de enormes axudas do goberno, consideradas ilegais pola Unión Europea. Nesa situación de inviabilidade chégase á negociación coa UE do 2004 onde o goberno opta por integrar as instalacións no grupo de estaleiros do sector militar, primeiro chamado Izar e despois Navantia. Isto deu lugar a unha última reconversión pasando de 1 150 empregados aos 300 que ten hoxe. Actualmente o estaleiro está adicado só á construción naval militar, bloques, e ás reparacións de todo tipo de buques.

Reparacións navais

Un dos diques de reparacións de Astano cun buque militar.

Ademais da construción naval Astano adícase á reparación de todo tipo de buques, tamén militares. O estaleiro conta con once peiraos que suman 2 700 metros. Tamén hai dous diques para reparacións:

  • 1 Dique de 260 x 38 m.
  • 1 Dique de 160 x 24m.

Galería de imaxes

Notas

  1. El astillero de Fene, en la encrucijada Diario de Ferrol.
  2. "Discoverer Enterprise", na web de Transocean.

Véxase tamén

Ligazóns externas