Duarte de Portugal: Diferenzas entre revisións
corrixo |
m Bot: Rei de Portugal; cambios estética |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
|nome = Don Duarte I |
|nome = Don Duarte I |
||
|imaxe = [[Ficheiro:Duarte-P.jpg|180px]] |
|imaxe = [[Ficheiro:Duarte-P.jpg|180px]] |
||
|cargoexecutivo1= [[Rei de Portugal |
|cargoexecutivo1= [[Rei de Portugal]] |
||
|periodo1= [[14 de agosto]] de [[1433]] - [[9 de setembro]] de [[1438]] |
|periodo1= [[14 de agosto]] de [[1433]] - [[9 de setembro]] de [[1438]] |
||
|antecesor1= [[Xoán I de Portugal]] |
|antecesor1= [[Xoán I de Portugal]] |
||
Liña 44: | Liña 44: | ||
== Ligazóns externas == |
== Ligazóns externas == |
||
*{{pt}} [http://purl.pt/417 ''Chronica de El-Rei D. Duarte'', Rui de Pina (1440-1522), Porto: Renascença Portuguesa, 1914, na Biblioteca Nacional Digital] |
* {{pt}} [http://purl.pt/417 ''Chronica de El-Rei D. Duarte'', Rui de Pina (1440-1522), Porto: Renascença Portuguesa, 1914, na Biblioteca Nacional Digital] |
||
Revisión como estaba o 13 de abril de 2015 ás 10:04
D. Duarte I de Portugal (31 de outubro de 1391 - 9 de setembro de 1438), foi rei de Portugal, fillo de Xoán I de Portugal con Filipa de Lencastre. Duarte sucedeu a seu pai en 1433. Foi alcumado O Elocuente polo verbo empregado nas obras que escribiu, alternativamente, é tamén chamado O Rei-Filósofo. Era un dos príncipes da "Ínclita Xeración". Recibiu o seu nome en homenaxe ao avó de súa nai, o rei Eduardo III de Inglaterra.
Reinado
Durante o seu reinado, o seu irmán Henrique estableceuse en Sagres, dende onde dirixiu as navegacións: así, en 1434 Gil Eanes dobrou o Cabo Bojador, un punto lendario da época, cuxa travesía causaba terror aos mariñeiros; aí avanzou - para Angra dos Vermellos en 1435, e Afonso Gonçalves Baldaia alcanzou o Río de Ouro e Pedra da Galé en 1436.
Fóra da esfera política, Duarte foi un home interesado en cultura e coñecemento. Escribiu libros de poesía e prosa. Destes últimos destaca o Leal Conselheiro (un ensaio sobre diversos temas onde a moral e relixión teñen especial enfoque) e o Livro da Ensinança de Bem Cavalgar Toda Sela (en forma de manual para cabaleiros). Estaba a preparar unha revisión do código civil portugués cando a Peste negra matoulle.
Descendencia
Da súa esposa, a infanta Leonor de Aragón (1402-1455), tivo nove fillos. A raíña foi rexente do reino ata Afonso V acadar a maioría de idade, o que xerou controversia no reino, pois a opinión pública consideraba os infantes D. Pedro, D.Henrique e D. Xoán máis capaces para a rexencia.
D. Leonor se mantivo rexente ata 1440, asinando os actos rexios como «a triste raíña", e nese ano foi substituída polo Infante D. Pedro e afastada da corte. Exiliouse en España e morreu en Toledo. Deste casamento naceron:
- D. Xoán de Portugal (1429-1433), morreu novo.
- D. Filipa de Portugal (1430-1439), morreu novo.
- D. Afonso V de Portugal (1432-1481), sucesor do seu pai no trono portugués
- D. Maria de Portugal (nacida e morta en 1432)
- D. Fernando de Portugal, duque de Viseu (1433-1470), pai do rei Manuel I de Portugal
- D. Leonor de Portugal (1434-1467), casou con Federico III, Sacro Imperador Romano Xermánico
- D. Duarte de Portugal (nado e morto en 1435)
- D. Catalina de Portugal (1436-1463)
- D. Xoana de Portugal (1439-1475), casou co rei Henrique IV de Castela e foi nai de Xoana a Beltranexa ou A Excelente Señora.
Ligazóns externas
- (en portugués) Chronica de El-Rei D. Duarte, Rui de Pina (1440-1522), Porto: Renascença Portuguesa, 1914, na Biblioteca Nacional Digital
Rei de Portugal | ||
---|---|---|
Segue a: Xoán I de Portugal |
Duarte de Portugal | Precede a: Afonso V de Portugal |
Dinastía de Avis |