Síndrome de Churg-Strauss: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 3: Liña 3:
A '''síndrome de Churg-Strauss''', tamén coñecida como '''granulomatose alérxica''', é unha doenza pertencente ao grupo das [[eosinofilia pulmonar|eosinofilias pulmonares]] é un tipo de [[vasculite]] autoinmune que afecta aos pequenos e medianos [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]], provocando un infiltrado de [[eosinófilo]]s, sobre todo no [[pulmón]]. Este infiltrado pulmonar é causante de asma severa. Ademais, os posíbeis infiltrados noutras partes do corpo poden provocar problemas no sistema gastrointestinal, nervios periféricos, [[corazón]], [[pel]] ou [[riles]]. Por algúns autores, a síndrome de Churg-Strauss é considerada un tipo de [[poliarterite nodosa]], polas súas semellanzas morfolóxicas.

Non é unha enfermidade contaxiosa nin herdada, e pode moitas veces ser confundida coa asma, moito máis frecuente que a síndrome de Churg-Strauss, que resulta ser unha doenza rara, cunha incidencia de 0.9/millón habitantes e lixeiramente máis frecuente entre os homes<ref>[http://www.meiga.info/meiga.asp?cap=1&mat0=8&mat1=414&mat=416&id=997 Fernández Bouza, Elena et al. ''Síndrome de Churg-Strauss: ¿enfermedad geriátrica?'' meiga.info (Medicina Interna de Galicia) ]</ref>

Foi por primeira vez claramente definida en [[1939]]<ref> Thurlbeck, William M. e Churg, Andrew (1995) ''Pathology of the Lung'' Thieme, p. 425</ref>, e o seu nome procede dos [[medicina|doutores]] [[Jacob Churg]] e [[Lotte Strauss]] que describiron o trastorno en [[1951]].<ref>http://www.harrisonmedicina.com/content.aspx?aID=3743395</ref>

== Síntomas ==
== Síntomas ==
Liña 11: Liña 11:
* Unha '''fase inicial''', nos primeiros meses, caracterizada por [[asma (doenza)|asma]] e [[rinite alérxica]].
* Unha '''fase inicial''', nos primeiros meses, caracterizada por [[asma (doenza)|asma]] e [[rinite alérxica]].
* Unha '''fase eosinofílica''', máis tardía, na que os [[eosinófilo]]s comezan a se infiltrar sobre todo nos [[pulmón]]s, pero tamén na [[pel]], no [[tracto gastrointestinal]] e nos [[riles]].
* Unha '''fase eosinofílica''', máis tardía, na que os [[eosinófilo]]s comezan a se infiltrar sobre todo nos [[pulmón]]s, pero tamén na [[pel]], no [[tracto gastrointestinal]] e nos [[riles]].
* Unha '''fase de vasculite''', a fase final, na que os síntomas son moito máis graves e abarcan dende perda de peso severa, [[astenia]], e afectación multiorgánica ([[corazón]], [[sistema nervioso]], [[músculo]]s, etc.).
* Unha '''fase de vasculite''', a fase final, na que os síntomas son moito máis graves e abarcan dende perda de peso severa, [[astenia]], e afectación multiorgánica ([[corazón]], [[sistema nervioso]], [[músculo]]s etc.).

== Diagnóstico ==
== Diagnóstico ==
Liña 29: Liña 29:

== Tratamento ==
== Tratamento ==
O tratamento da síndrome adoitan ser os [[corticoide]]s ([[prednisolona]]) combinados con outros inmunosupresores, como poden ser [[azatioprina]] ou [[ciclofosfamida]]. Tamén hai estudos de tratamentos con [[montelukast]].

== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 13 de abril de 2015 ás 07:01

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Infiltrado eosinofílico nun pulmón dun paciente con Síndrome de Churg-Strauss.

A síndrome de Churg-Strauss, tamén coñecida como granulomatose alérxica, é unha doenza pertencente ao grupo das eosinofilias pulmonares é un tipo de vasculite autoinmune que afecta aos pequenos e medianos vasos sanguíneos, provocando un infiltrado de eosinófilos, sobre todo no pulmón. Este infiltrado pulmonar é causante de asma severa. Ademais, os posíbeis infiltrados noutras partes do corpo poden provocar problemas no sistema gastrointestinal, nervios periféricos, corazón, pel ou riles. Por algúns autores, a síndrome de Churg-Strauss é considerada un tipo de poliarterite nodosa, polas súas semellanzas morfolóxicas.

Non é unha enfermidade contaxiosa nin herdada, e pode moitas veces ser confundida coa asma, moito máis frecuente que a síndrome de Churg-Strauss, que resulta ser unha doenza rara, cunha incidencia de 0.9/millón habitantes e lixeiramente máis frecuente entre os homes[1]

Foi por primeira vez claramente definida en 1939[2], e o seu nome procede dos doutores Jacob Churg e Lotte Strauss que describiron o trastorno en 1951.[3]

Síntomas

A sintomatoloxía da síndrome depende da gravidade e tamén do etapa da enfermidade no que se atope o paciente. Basicamente, podemos diferenciar tres fases na doenza.

Diagnóstico

Probas diagnósticas

As probas diagnósticas máis empregadas para a diagnose da síndrome de Churg-Strauss son a detección de anticorpos anti-citoplasma dos neutrófilos (ANCA). Na metade dos pacientes doentes desta síndrome, os ANCA son positivos. Outras probas de laboratorio útiles son a presenza de eosinófilos (eosinofilia), o aumento da VSG (un marcador de inflamación), e unhas inmunoglobulinas E elevadas. No lavado broncoalveolar (BAL) tamén se aprecia a presenza de eosinofilia. Nunha radiografía de tórax obsérvase infiltrados pulmonares, nódulos, e incluso derrame pleural.

No caso de houber dúbidas, a biopsia dun pulmón ou de outro tecido afecto pode proporcionar o diagnóstico se se atopan vasculites necrotizantes en pequenas arterias e veas, granulomas extravasculares ou infiltración de eosinófilos nos alvéolos e no intesticio.

Criterios diagnósticos

Poderemos afirmar que existe nun 99.7% dos casos unha síndrome de Churg-Strauss se se cumpren, coma mínimo, 4 ou máis destes criterios[4]:

  • Asma.
  • Eosinofilia (presenza de máis dun 10% de eosinófilos en sangue periférica).
  • Anormalidades nos seos paranasais.
  • Opacidades pulmonares transitorias ou migratorias.
  • Neuropatía.
  • Biopsia de vasos sanguíneos con acumulación de eosinófilos fóra do sangue, é dicir, noutros tecidos.

Tratamento

O tratamento da síndrome adoitan ser os corticoides (prednisolona) combinados con outros inmunosupresores, como poden ser azatioprina ou ciclofosfamida. Tamén hai estudos de tratamentos con montelukast.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos