Peto de ánimas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 3: Liña 3:
Os '''petos de ánimas''' atópanse en camiños e encrucilladas de toda [[Galicia]] e son unha das manifestacións materiais do culto aos [[morto]]s, da devoción polas ánimas.

==Significado==
== Significado ==
[[Ficheiro:Peto Bora.jpg|miniatura|esquerda|200px|Peto de ánimas en [[Bora]]]]

O seu significado vén da crenza na continuidade da [[alma]] despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o [[purgatorio]]), moi arraigada na mentalidade popular galega.

Liña 11: Liña 11:
Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de [[Famelga, Aguasantas, Cotobade|Famelga]] de [[Aguasantas]] ([[Cotobade]]) lese textualmente: "''Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...''". Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "''Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos''". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "''Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos''".

==Orixe==
== Orixe ==
As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.

A idea do [[purgatorio]], aumentada e revitalizada a partir do [[Concilio de Trento]] ([[século XVI]]), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, na [[Galicia]] é no [[século XVIII]] cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao [[século XVII]].

==Localización e dimensións==
== Localización e dimensións ==
As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do [[país]], e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.

Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil estabelecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro, etc.
Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil estabelecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.

==O culto aos petos de ánimas==
== O culto aos petos de ánimas ==
[[Ficheiro:Redondela, Cesantes 01-02.jpg|miniatura|Peto de ánimas en [[Cesantes, Redondela|Cesantes]] (Redondela)]]

Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio. Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos. Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo, pois hai que telas sempre presentes. Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto e non se poden esquecer nunca.

==Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Wayside shrines}}
{{Commonscat|Wayside shrines}}
===Bibliografía===
=== Bibliografía ===
*
*

===Outros artigos===
=== Outros artigos ===
* [[Cruceiro]]
* [[Cruceiro]]
* [[A morte na cultura popular galega]]
* [[A morte na cultura popular galega]]
* [[Purgatorio]]
* [[Purgatorio]]

===Ligazóns externas===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.vigoenfotos.com/et_petos_animas.html Los petos de ánimas de Vigo] por [[Javier Albertos]].

* [http://vigoetnografico.blogspot.com/2007/12/ltimos-petos-de-nimas-y-nuevos-petos_26.html Últimos petos de ánimas y nuevos petos (Vigoetnográfico)]

* [http://usuarios.lycos.es/petos/index-2.html Los petos de ánimas en la provincia de Pontevedra]

* [http://ourensebaixalimia.com/petosdeanimas.htm Petos de ánimas da Limia Baixa]

[[Categoría:Escultura relixiosa de Galicia]]

Revisión como estaba o 13 de abril de 2015 ás 05:21

Peto de ánimas na parroquia de Santa María de Cenlle, no concello de Cenlle
Peto de ánimas en Aguasantas

Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas.

Significado

Peto de ánimas en Bora

O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.

Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo. Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.

Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...". Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".

Orixe

As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.

A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, na Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao século XVII.

Localización e dimensións

As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.

Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil estabelecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.

O culto aos petos de ánimas

Peto de ánimas en Cesantes (Redondela)

Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio. Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos. Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo, pois hai que telas sempre presentes. Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto e non se poden esquecer nunca.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas