Diferenzas entre revisións de «Narrativa»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
(corrixo)
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
[[Roland Barthes]], mestre no estudo da narrativa, afirma que "''a narrativa está presente en todos os tempos, en todos os lugares, en todas as sociedades, comeza coa propia historia da humanidade. [...] é froito do xenio do narrador ou posúe en comun con outras narrativas unha estrutura acessíbel á análise''".
 
== Acción ==
A acción é o conxunto de acontecementos que transcorren nun determinado espazo e tempo.
[[Aristóteles]], na súa [[Poética]], xa afirmaba que "sen acción non poderia haber traxedia". Sen dificultade se estende o termo traxedia á narración, e así a presenza de '''acción''' é o primeiro elemento esencial ao texto narrativo.
 
=== Estrutura da narración ===
A acción da narrativa pode dividirse en tres accións: Intriga, Acción principal e Acción secundaria.
* Intriga: acción considerada como un conxunto de acontecementos que se suceden, segundo un principio de casualidade, con vista a un desenlace. A intriga é unha acción fechada.
* Acción principal: integra o conxunto de secuencias narrativas que teñen maior importancia.
* Acción secundaria: a súa importancia defínese en relación á principal, da que depende, por veces; relata acontecementos de menor relevo.
 
A narración consiste en arranxar unha secuencia de feitos na cal os personaxes se moven nun determinado espazo á medida que o tempo pasa. O texto narrativo está baseado na acción que envolve personaxes, tempo, espazo e conflito. Os seus elementos son: narrador, enredo, personaxes, espazo e tempo.
# Desenlace.
 
==== Secuencia ====
A acción está constituída por un número variábel de secuencias (segmentos narrativos con principio, medio e fin), que poden aparecer articuladas dos seguintes xeitos:
* Encadeamento ou organización por orde cronolóxica
 
A acción pode dividirse en:
* '''Presentación''': é o momento do texto en que o narrador presenta os personaxes, o escenario, o tempo, etc. Nese momento el sitúa o lector nos acontecimentos (feitos).
* '''Nó''' ou desenvolvemento: é nese momento que se inicia o ''conflito'' (a oposicilón entre duas forzas ou dous personaxes). A paz inicial é quebrada a través do conflito para que a acción, a través dos feitos, se desenvolva.
* '''Clímax''': momento de maior intensidade dramática da narración. É nese momento que o conflito fica insustentábel, algo ten de ser feito para que a situación se resolva.
* '''Desenlace''': é como os feitos (situación) se resolven no final da narración. Pode ou non presentar a resolución do conflito.
 
==== Tempo ====
* [[Tempo cronolóxico]] ou tempo da historia, determinado pola sucesión cronolóxica dos acontecementos narrados.
* Tempo histórico, refírese á época ou momento histórico en que a acción se desenvolve.
* Tempo psicolóxico, é un tempo subxectivo, vivido ou sentido pola personaxe, que flúe en consonancia co seu estado de espírito.
* Tempo do discurso, resulta do tratamento ou elaboración do tempo da historia polo narrador. Este pode escoller narrar os acontecementos:
** por orde lineal
** a un ritmo diferente ([[anisocronía]]), recorrendo ao resumo ou sumario (condensación dos acontecementos), á elipse (omisión de acontecementos) e á pausa (interrupción da historia para dar lugar a descricións ou divagacións).
 
=== Personaxes ===
[[Roland Barthes]], alén de retomar a importancia que os clásicos daban á acción, avanza ao afirmar que “non existe unha soa narrativa no mundo sen '''personaxes'''”. Aquí enténdese personaxe non como persoas, seres humanos. Un animal pode ser personaxe ([[Animal Farm|Revolución na granxa]]), a morte pode ser personaxe ([[As intermitencias da morte]]), unha cidade decadente ou unha caneta caendo poden ser personaxes, desde que estean nun espazo e realizando unha acción, aínda que involuntaria.
 
==== Relevo das personaxes ====
* Protagonista, personaxe principal ou heroe: desempeña un papel central, a súa actuación é fundamental para o desenvolvemento da acción.
* Personaxe secundaria: asume un papel de menor relevo que o protagonista, sendo ainda importante para o desenvolver a acción.
* Figurante: ten un papel irrelevante no desenvolvemento da acción, cabéndolle, no entanto, o papel de ilustrar un ambiente ou un espazo social de que é representante.
 
==== Composicilón ====
* Personaxe redonda (ou esférica): dinámica, dotada de densidade psicolóxica, capaz de alterar o seu comportamento e, por conseguinte, de evolucionar ao longo da narrativa.
* Personaxe plana (ou deseñada): estática, sen evolución, sen gran vida interior; noutras palabras: a personaxe plana compórtase da mesma forma previsíbel ao longo de toda a narrativa.
* Personaxe colectiva: representa un grupo de individuos que actúa como se os animase unha única vontade.
 
==== Caracterización ====
* Directa
** Autocaracterización: a propia personaxe refire as suas características.
* Indirecta: o narrador pon a personaxe en acción, cabéndolle ao lector, a través do seu comportamento ou da súa fala, trazar o seu retrato.
 
=== Espazo (ou ambiente) ===
* Espazo ou ambiente físico: é o espazo real, que serve de escenario á acción, onde as personaxes se moven.
* Espazo ou ambiente social: é constituído polo ambiente social, representando, por excelencia, polas personaxes figurantes.
O espazo ou ambiente pode ser desde unha praia a un lago conxelado. De acordo co espazo é que os feitos da narración acontecen.
 
=== Narrador ===
* Participación
** Heterodiexético: non participante.
** Autodiexético: participa como personaxe principal.
** Homodiexético: participa como personaxe secundaria.
* Focalización: é a perspectiva adoptada polo narrador en relación ao universo narrado, isto é, a maneira como o narrador ve os feitos da historia.
** Focalización omnisciente: colocado nunha posición de transcendencia, o narrador mostra coñecer toda a historia, manipula o tempo, e coñece o mundo interior (incluídos os pensamentos e sentimentos) das personaxes.
** Focalización interna: o narrador adopta o punto de vista dun personaxe (ou de varios), resultando unha diminución de coñecemento.
** Focalización externa: o coñecemento do narrador limítase ao que é observábel do exterior.
** Focalización neutra: o narrador non expón o seu punto de vista (este modo non existe na práctica, só na teoría).
** Focalización restritiva: a visión dos feitos dáse a través da óptica dalgún personaxe.
** Focalización interventiva: o autor fai observacións sobre os personaxes (típica das novelas modernos)
 
=== Sucesión e Integración ===
[[Claude Bremond]], ao definir narrativa, acrecentará a '''sucesión''' e a '''integración''' como esenciais para a narratividade: "''Toda narrativa consiste nun discurso integrando unha sucesión de acontecemento de interese humano na unidade dunha mesma acción. Onde non hai sucesión non hai narrativa, senón, por exemplo, descrición, dedución, efusión lírica, etc. Onde non hai integración na unidade dunha acción, non hai narrativa, senón soamente cronoloxía, enunciación dunha sucesión de feitos non relacionados''".
 
=== Totalidade de significación ===
 
A '''totalidade de significación''' é apuntada por [[Greimas]] como outro elemento fundamental da narrativa. Ainda que aparentemente o lector non entenda un texto, ha de ter nel unha significación para que se configure como historia, como narración.
 
=== En prosa e verso ===
A pesar de aparecer comunmente en prosa, a narración pode existir en '''versos'''. Os exemplos clásicos son as [[Poesia épica|epopeas]], como a [[Odisea]], ou os [[romanceiro]]s, como o [[Romanceiro da Inconfidencia]]. Poemas como ''O Caso do Vestido'' e ''Quadrilha'', de [[Carlos Drummond de Andrade]], son verdadeiras narrativas en versos, con acción, personaxes, sucesión, integración e significación.
 
== Véxase tamén ==
* [[Narración]]
* [[Técnicas narrativas]]
* [[Diexese]]
 
[[categoríaCategoría:Narrativa]]
 
[[az:Hekayə]]
[[da:Narrativ]]
[[de:Erzählung]]
[[et:Narratiiv]]
[[en:Narrative]]
[[es:Narrativa]]
[[eo:Rakonto]]
[[fres:narrationNarrativa]]
[[et:Narratiiv]]
[[fr:Narration]]
[[gan:敘事]]
[[he:סיפר]]
[[ja:ストーリー]]
[[nl:Verhaal]]
[[nn:forteljingForteljing]]
[[pl:Narracja]]
[[pt:Narração]]
393.002

edicións

Menú de navegación