Caligrafía xeorxiana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:The Apostle. A fragment of an old Georgian miniature.JPG|miniatura|O apóstolo, fragmento dun manuscrito asomtavruli]]
[[Ficheiro:The Apostle. A fragment of an old Georgian miniature.JPG|miniatura|O apóstolo, fragmento dun manuscrito asomtavruli]]
{{Contén texto xeorxiano}}

A '''caligrafía xeorxiana''' ({{lang-ka|ქართული კალიგრაფია}}) é unha forma de [[caligrafía]], ou escrita artística da [[lingua xeorxiana]] usando os seus tres [[alfabetos xeorxianos|alfabetos]].
A '''caligrafía xeorxiana''' ({{lang-ka|ქართული კალიგრაფია}}) é unha forma de [[caligrafía]], ou escrita artística da [[lingua xeorxiana]] usando os seus tres [[alfabetos xeorxianos|alfabetos]].



Revisión como estaba o 12 de abril de 2015 ás 12:12

O apóstolo, fragmento dun manuscrito asomtavruli

A caligrafía xeorxiana (xeorxiano: ქართული კალიგრაფია) é unha forma de caligrafía, ou escrita artística da lingua xeorxiana usando os seus tres alfabetos.

Historia

Xeorxia goza dunha rica e longa tradición caligráfica, o cristianismo e a Igrexa Ortodoxa Xeorxiana xogaron un papel fundamental na creación e difusión de manuscritos, converténdoos nun fenómeno cultural e nacional ao rexistraren os monxes os acontecementos históricos xeorxianos.[1][2][3]

No interior de Xeorxia o reino de Taoklarjeti foi o centro cultural do país e nel traballaron a maioría dos grandes mestres da arte caligráfica xeorxiana. Fóra de Xeorxia, os monxes xeorxianos tamén crearon manuscritos xeorxianos en varios mosteiros, como o de Bachkovo (Bulgaria), Iviron (Monte Athos), da Cruz e Mar Saba (Xerusalén), Santa Catarina (Sinaí), Antioquía e Constantinopla

En Xeorxia cada ano conmemórase o 14 de abril o Día da Lingua Xeorxiana, entre as actividades máis populares están os concursos de caligrafía, recibindo os gañadores os seus galardóns no Centro Nacional de Manuscritos de Xeorxia.[4]

Galería


Notas

Ligazóns externas