Almiscre: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q323461
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
O '''almiscre''' (do [[lingua árabe|árabe]] ''al-mísk'' e este do [[sánscrito]] ''musk'', 'testículo') é un grupo de substancias aromáticas que se usan como [[base (perfumaría)|base]] en [[perfumaría]]. Inclúense secrecións glandulares de animais, plantas que emiten cheiros similares e mesmo materiais artificiais con arrecendos parecidos. Orixinariamente denominaba un segregación de profundo cheiro obtido dunha glándula do [[cervo de almiscre]] ([[cérvido]] do xénero ''[[Moschus]]'', orixinario da India, Paquistán, Tíbet, China, Siberia e Mongolia), que se converteu nun dos produtos animais máis caros do mundo, para logo estenderse a unha ampla variedade de substancias con ulidos semellantes, malia posuír estruturas químicas diferentes.
O '''almiscre''' (do [[lingua árabe|árabe]] ''al-mísk'' e este do [[sánscrito]] ''musk'', 'testículo') é un grupo de substancias [[aromaticidade|aromáticas]] que se usan como [[base (perfumaría)|base]] en [[perfumaría]]. Inclúense secrecións glandulares de animais, plantas que emiten cheiros similares e mesmo materiais artificiais con arrecendos parecidos. Orixinariamente denominaba un segregación de profundo cheiro obtido dunha glándula do [[cervo de almiscre]] ([[cérvido]] do xénero ''[[Moschus]]'', orixinario da India, Paquistán, Tíbet, China, Siberia e Mongolia), que se converteu nun dos produtos animais máis caros do mundo, para logo estenderse a unha ampla variedade de substancias con ulidos semellantes, malia posuír estruturas químicas diferentes.


== Fontes naturais ==
== Fontes naturais ==

Revisión como estaba o 8 de abril de 2015 ás 12:28

O almiscre (do árabe al-mísk e este do sánscrito musk, 'testículo') é un grupo de substancias aromáticas que se usan como base en perfumaría. Inclúense secrecións glandulares de animais, plantas que emiten cheiros similares e mesmo materiais artificiais con arrecendos parecidos. Orixinariamente denominaba un segregación de profundo cheiro obtido dunha glándula do cervo de almiscre (cérvido do xénero Moschus, orixinario da India, Paquistán, Tíbet, China, Siberia e Mongolia), que se converteu nun dos produtos animais máis caros do mundo, para logo estenderse a unha ampla variedade de substancias con ulidos semellantes, malia posuír estruturas químicas diferentes.

Fontes naturais

Así pois, o cheiro tamén se atopa no boi de almiscre (Ovibos moschatus), na rata de almiscre da India e Europa (Ondatra zibethicus, coñecida dende o século XVII por segregar unha substancia con cheiro a almiscre e cun método extractivo ideado contra 1940, pero que comercialmente non compensaba[1]), na civeta africana (Civettictis civetta), no pato de almiscre do sur de Australia (Biziura lobata), no muraño de almiscre (Crocidura, do xénero do furaño común e o furaño de xardín), no escaravello de almiscre ou dos lamigueiros (Aromia moschata e Calichroma moschata), na tartaruga de almiscre (Sternotherus), no caimán de América Central (Alligator mississippiensis) e noutros animais. No reino vexetal está presente principalmente nas sementes de sementes dalgúns abelmoscos (Abelmoschus moschatus), aínda que tamén na anxélica (Angelica archangelica), na flor de almiscre común (Mimulus moschatus) ou na madeira de almiscre de Australia (Olearia argophylla).

Ata o século XIX usábase o almiscre natural en perfumaría ata que motivos econónimos, éticos e ecolóxicos levaron á adopción actualmente case universal de almiscre sintético, pois para obtelo sacrifícase un animal que está en perigo de extinción para só quitarlle unha glándula (comercio que está regulado polo convenio CITES). O composto orgánico que lle dá principalmente ó cheiro é a muscona. O almiscre natural úsase aínda na medicina tradicional chinesa. Este almiscre puro ten un cheiro moi intenso, insoportable para o nariz humano, razón pola cal só se usa se se deixa secar ben e en concentracións moi diluídas. Tras este proceso é roxo escuro, seco, suave e oleoso ó tacto e amargo ó gusto. Ningunha outra sustancia natural ten un aroma tan complexo asociado con tantas descricións contraditorias, aínda que xeralmente se describe abstractamente como animalesco, terroso, amadeirado [2] ou algo parecido ó cheiro do bebé [3]. Ademais dos seus principios odoríferos, contén amoníaco, colesterol, graxa animal e outros principios.

Compostos artificiais

Dado que obter almiscre require matar o animais en extinción, case toda a fragrancia usada en perfumaría actualmente é sintética. Chamada ás veces "almiscre branco", poden dividirse en tres clases principais: nitroaromáticos, policíclicos e macrocíclicos[2]. Os primeiros dous grupos teñen usos xerais na industria que varían dende cosméticos a deterxentes. Por exemplo, o galaxólido úsase para enmascarar o cheiro dos produtos químicos dos deterxentes. Tamén é o composto aromático responsable de darlle á roupa lavada o "aroma limpo" que os consumidores esperan e demandan. Con todo, a súa detección en mostras humanas e ambientais, así como as súas propiedades carcinóxenas iniciou un debate público sobre a utilización destes compostos así como a prohibición ou redución da súa utilización en moitas rexións do mundo. Espérase que os substitutos sexan os almiscres macrocíclicos, xa que parecen ser máis seguros[2].

Imaxes das fontes do almiscre

Notas

  1. Groom, Nigel (1997). New Perfume Handbook. Springer. pp. 219–220. ISBN 0-7514-0403-9.
  2. 2,0 2,1 2,2 Rimkus, Gerhard G. (Ed.); Cornelia Sommer (2004). "The Role of Musk and Musk Compounds in the Fragrance Industry". Synthetic Musk Fragrances in the Environment (Handbook of Environmental Chemistry). Springer. ISBN 3-540-43706-1.
  3. Rowe, David J. (Ed.); Philip Kraft (2004). "Chapter 7. Aroma Chemicals IV: Musks". Chemistry and Technology of Flavours and Fragrances. Blackwell. ISBN 0-8493-2372-X.

Ligazóns externas