Owen Willans Richardson: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 30: Liña 30:
[[Categoría:Premios Nobel do Reino Unido]]
[[Categoría:Premios Nobel do Reino Unido]]
[[Categoría:Nados en Yorkshire Occidental]]
[[Categoría:Nados en Yorkshire Occidental]]
[[Categoría:Membros da Royal Society]]

Revisión como estaba o 5 de abril de 2015 ás 10:18

Owen Willans Richardson (sentado), Niels Bohr (de pé), en 1927

Sir Owen Willans Richardson, nado en Dewsbury, Yorkshire o 26 de abril de 1879 e finado en Alton, Hampshire o 15 de febreiro de 1959, foi un Físico inglés.

Traxectoria

Estudou na Universidade de Cambridge, graduándose no Trinity College en 1900.

Dn 1906 a 1914 foi profesor de física na Universidade de Princeton, regresando a Inglaterra en devandito ano, onde foi catedrático de física na Universidade de Londres entre 1914 e 1924. Foi tamén director do Laboratorio de Física, así como profesor de investigacións en Yarrow para a Royal Society. En 1920 foi galardoado coa medalla Hughes da Royal Society (da que xa era membro), polos seus traballos en termoiónica, base do tubo sen carga.

Estableceu as bases da termoiónica, como resultado das investigacións que realizou sobre a perda de electróns polos corpos quentes no baleiro. Foron tamén importantes as investigacións que realizón nos campos da espectroscopia, a radioloxía e da emisión fotoeléctrica. Unha das súas achegas é a lei de Richardson ou ecuación de Richardson-Dushmann (1901).

Foi galardoado en 1928 co premio Nobel de Física polos seus estudos sobre os fenómenos termoiónicos e especialmente polo descubrimento da lei que leva o seu nome.

Entre os seus escritos figuran The Electron Theory of Matter (1914), The Emission of Electricity from Hot Bodies (1916) e Molecular Hydrogen and Its Spectrum (1934).


Véxase tamén

Ligazóns externas


Modelo:Premios Nobel de Física