San Cristovo de Cea: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias
→‎Historia: historia
Liña 84: Liña 84:


En [[1137]] foi fundado pola [[orde de San Bieito]] o [[mosteiro de Oseira]], pertencente dende 1141 á [[orde do Císter]]. A partir do século XII e durante o [[antigo réxime]] o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao [[Condado de Ribadavia]].
En [[1137]] foi fundado pola [[orde de San Bieito]] o [[mosteiro de Oseira]], pertencente dende 1141 á [[orde do Císter]]. A partir do século XII e durante o [[antigo réxime]] o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao [[Condado de Ribadavia]].

O nome do pobo aparece escrito ao longo da súa historia como Cea, Çea, Ceia e Zea, posiblemente é un topónimo de orixe celta. Tería dous posibles significados "muralla" ou "pradeira"<ref>[http://www.concellodecea.com/web/gl/historiac-gl Historia. concellodecea.com]</ref>.


A inicios do século XIX foron creados os concellos de Oseira, Cea e Mandrás, fusionados trala [[división territorial de España en 1833]].
A inicios do século XIX foron creados os concellos de Oseira, Cea e Mandrás, fusionados trala [[división territorial de España en 1833]].

Revisión como estaba o 31 de marzo de 2015 ás 22:42

Coordenadas: 42°28′N 07°58′O / 42.467, -7.967

San Cristovo de Cea
Praza do reloxo e, á dereita, o edificio do concello.
Situación
Xentilicio[1]ceés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Carballiño
Poboación2.418 hab. (2009)[2][3]
Área93,9 km²[3]
Densidade25,75 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias[4]
Política (2011)
AlcaldeXosé Luis Valladares Fernández (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en San Cristovo de Cea
Uso do galego[5] (2014)
Galegofalantes81,17%
Na rede
www.concellodecea.com
Facebook: concellodecea Twitter: concellodecea Instagram: concellodecea Youtube: UCxyq_ngB2ob_3BG619m3hiQ Flickr: 107632267 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceés».

Demografía

Censo Total (Habitantes) 2.418 (2014)
Menores de 15 anos 139 (5.75 %)
Entre 15 e 64 anos 1.276 (52.77 %)
Maiores de 65 anos 1.003 (41.48 %)
Evolución da poboación de San Cristovo de Cea   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.441 6.102 6.043 5.358 2.994
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.

O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.

O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.

Historia

Consérvanse restos megalíticos (mámoas) e os poboados castrexos da Martiñá, Covas e San Fagundo.

En 1137 foi fundado pola orde de San Bieito o mosteiro de Oseira, pertencente dende 1141 á orde do Císter. A partir do século XII e durante o antigo réxime o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao Condado de Ribadavia.

O nome do pobo aparece escrito ao longo da súa historia como Cea, Çea, Ceia e Zea, posiblemente é un topónimo de orixe celta. Tería dous posibles significados "muralla" ou "pradeira"[6].

A inicios do século XIX foron creados os concellos de Oseira, Cea e Mandrás, fusionados trala división territorial de España en 1833.

Patrimonio

Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica. No concello está o Museo Etnográfico de Liste.

Economía

O concello basea o seu sustento económico no sector primario. As parroquias de Oseira e Vales contan con explotacións leiteiras, e a zona sur do concello ten granxas porcinas, avícolas e de coellos, integradas en COREN. Por outra banda, a agricultura inclúe a recollida do trigo que serve para facer o pan de Cea, con denominación de orixe, habendo máis de 40 fornos de cocción.

A feira local celébrase os días 6 e 22, e o primeiro domingo de xullo celébrase a festa do pan de Cea.

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de San Cristovo de Cea

Castrelo (San Cibrao) | Cea (San Cristovo) | Covas (Santa María) | Lamas (San Martiño) | Longos (Santa Baia) | Mandrás (San Pedro) | Oseira (Santa María a Real) | Pereda (Santa Baia) | San Fagundo (San Fagundo) | Souto (San Salvador) | Vales (San Pedro) | Vilaseco (San Miguel) | Viña (San Román)

Lugares de San Cristovo de Cea

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de San Cristovo de Cea vexa: Lugares de San Cristovo de Cea.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "San Cristovo de Cea".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Historia. concellodecea.com

Véxase tamén

Outros artigos



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.