Afumadura: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lameiro (conversa | contribucións)
m Lameiro moveu a páxina "Afumado" a "Afumadura" sen deixar unha redirección: termo correcto (afumado só vale como adxectivo)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 31 de marzo de 2015 ás 14:29

Afumado da matanza en Donís (Cervantes)
Arenque secado e afumado
Un exemplo de carne afumada: o Kasseler

O afumado é unha técnica culinaria que consiste en someter alimentos a fume proveniente de lumes realizados de madeiras de pouco nivel de resina. Este proceso, ademais de dar sabores afumados serve como conservador alongando a vida dos alimentos.

Características

Existen dous tipos de afumados, en frío e en quente. En frío, o proceso dura aproximadamente de 24 a 48 horas (dependendo do alimento) e non debe superar os 30 °C e en quente a temperatura debe ser maior aos 60º e non superar o 75 °C. Recoméndase primeiro realizar o afumado en frío e logo en quente.

Esta forma de preservación de alimentos, provén de épocas remotas onde se descubriu posiblemente por casualidade que os alimentos pendurados arriba dos fogóns empregados para calefacción e cociñar duraban máis cós alimentos que non estaban en contacto co fume. Este proceso de preservación poderíase comparar co salgado para preservar o alimento; basicamente, quítalle a humidade aos alimentos e transfírelles sabores.

Alimentos afumados

Bibliografía

  • "Home Book of Smoke-cooking Meat, Fish & Game", Jack Sleight, Raymond Hull

Véxase tamén

Ligazóns externas