Louis Néel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 22: Liña 22:
[[Categoría:Premios Nobel de Francia]]
[[Categoría:Premios Nobel de Francia]]
[[Categoría:Nados en Lión]]
[[Categoría:Nados en Lión]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Estrasburgo]]

Revisión como estaba o 27 de marzo de 2015 ás 19:15

Louis Eugène Félix Néel, nado en Lión o 22 de novembro de 1904 e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 2000, foi un físico e profesor universitario francés, galardoado en 1970 co Premio Nobel de Física.

Traxectoria

En 1924 ingresou na Escola Normal de París, doutorándose en ciencias físicas no ano 1932 na Universidade de Estrasburgo, onde será profesor entre 1937 e 1945. Profesor da Facultade de Ciencias de Grenoble entre 1945 e 1976, sera sucesivamente Director do Laboratorio de Probas Mecánicas do Instituto Politécnico de Grenoble entre 1942 e 1953, director do Laboratorio de Electrostática e de Física do Metal de Grenoble entre 1946 e 1970 e finalmente Director de Laboratorio de Magnetismo de Grenoble entre 1971 e 1976.

Investigacións científicas

As súas contribucións á física do estado sólido atoparon usos útiles numerosos, particularmente no desenvolvemento da mellora das unidades de memoria dos ordenadores.

En 1930 determinou a existencia dunha nova forma de comportamento magnético, o antiferromagnetismo denominado así por oposición ao ferromagnetismo. Demostrou así mesmo como, a certa temperatura, actualmente denominada a temperatura de Néel, este comportamento párase. Néel precisou no ano 1947 que tamén poderían existir materiais que presentasen comportamento ferrimagnético. Doutra banda, deu unha explicación ao magnetismo débil de certas rocas, facendo posible o estudo da historia do campo magnético terrestre.

No ano 1970 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre o ferromagnetismo, premio compartido co astrónomo Hannes Alfvén o cal foi galardoado polos seus traballos relacionados co plasma

Véxase tamén

Ligazóns externas


Modelo:Premios Nobel de Física