Teatro García Barbón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Teatro
{{Teatro
| nome = Centro Cultural Afundación Vigo
| nome = Teatro Afundación Vigo
| imaxe = Teatro García Barbón.jpg
| imaxe = Teatro García Barbón.jpg
| tamaño_imaxe = 300px
| tamaño_imaxe = 300px
Liña 38: Liña 38:
Tralo lume o propietario do inmoble, o Sr. García Barbón, encargou ao arquitecto [[Antonio Palacios]], un dos principais arquitectos do momento, un ambicioso proxecto de complexo cultural inspirado no modelo da [[Opera de París]] e formado por dúas salas teatrais superpostas, amplos salóns de columnas e unha monumental escaleira. A obra do inmoble comezouse no ano [[1913]] no seu emprazamento da rúa Policarpo Sanz. O teatro inaugurouse o [[23 de abril]] de [[1927]] coa obra “Madame Pompadour”. O inmoble non defraudou a ninguén e impresionou ao público pola súa grandiosidade e calidade artística.
Tralo lume o propietario do inmoble, o Sr. García Barbón, encargou ao arquitecto [[Antonio Palacios]], un dos principais arquitectos do momento, un ambicioso proxecto de complexo cultural inspirado no modelo da [[Opera de París]] e formado por dúas salas teatrais superpostas, amplos salóns de columnas e unha monumental escaleira. A obra do inmoble comezouse no ano [[1913]] no seu emprazamento da rúa Policarpo Sanz. O teatro inaugurouse o [[23 de abril]] de [[1927]] coa obra “Madame Pompadour”. O inmoble non defraudou a ninguén e impresionou ao público pola súa grandiosidade e calidade artística.


A parte exterior do “García Barbón” construíuse en bloques de [[granito]], material típico do [[O Porriño|Porriño]] natal do arquitecto. O seu estilo califícase como [[neobarroco]], dentro da corrente modernista de comenzos do século pasado<ref name=Teatro_Garcia_Barbon>[http://www.afundacion.org/es/centro/centro_cultural_afundacion_vigo Tetaro Afundación].{{Ligazón morta}}</ref>.
A parte exterior do “García Barbón” construíuse en bloques de [[granito]], material típico do [[O Porriño|Porriño]] natal do arquitecto. O seu estilo califícase como [[neobarroco]], dentro da corrente modernista de comenzos do século pasado<ref name=Teatro_Garcia_Barbon>[http://www.afundacion.org/es/centro/centro_cultural_afundacion_vigo Teatro Afundación].{{Ligazón morta}}</ref>.


Entre os anos [[1982]] e [[1984]] o inmoble foi restaurado polo arquitecto [[Desiderio Pernas]] ao ser adquirido pola entidade financeira Caixa Vigo (actualmente [[Afundación]]) que pretendía convertelo nun centro cultural.
Entre os anos [[1982]] e [[1984]] o inmoble foi restaurado polo arquitecto [[Desiderio Pernas]] ao ser adquirido pola entidade financeira Caixa Vigo (actualmente [[Afundación]]) que pretendía convertelo nun centro cultural.

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2015 ás 08:49

Teatro Afundación Vigo
Teatro García Barbón.
Localización de Teatro García Barbón en Galicia
Teatro García Barbón
Mapa de Galiza
EnderezoPolicarpo Sanz, 13, Vigo. 36202, Pontevedra
CidadeVigo
PaísGalicia Galiza
Coordenadas42°14′16″N 8°43′24″O / 42.237903, -8.723389Coordenadas: 42°14′16″N 8°43′24″O / 42.237903, -8.723389
Arquitecto/sDesiderio Pernas e Antonio Palacios
Propiedade deAfundación
Capacidade994[1]
Inauguración23 de abril de 1927
Reapertura22 de marzo de 1984
Outros nomesTeatro García Barbón
Páxina webPáxina web

O Centro Cultural Afundación Vigo é un centro cultural cuxa sede se atopa no Teatro García Barbón no concello de Vigo. Constitúe unha das obras arquitectónicas máis emblemáticas da cidade olívica.

Historia

Fachada traseira.

O actual Teatro García Barbón ten a súa orixe nun teatro anterior queimado polo lume no mes de febreiro de 1910 e localizado no mesmo emprazamento e cuxo derradeiro propietario foi don Xosé García Barbón. O teatro anterior foi chamado primeiro “Romea”, logo “Cervantes” e finalmente “Rosalía de Castro” ata que o lume o consumiu.

Tralo lume o propietario do inmoble, o Sr. García Barbón, encargou ao arquitecto Antonio Palacios, un dos principais arquitectos do momento, un ambicioso proxecto de complexo cultural inspirado no modelo da Opera de París e formado por dúas salas teatrais superpostas, amplos salóns de columnas e unha monumental escaleira. A obra do inmoble comezouse no ano 1913 no seu emprazamento da rúa Policarpo Sanz. O teatro inaugurouse o 23 de abril de 1927 coa obra “Madame Pompadour”. O inmoble non defraudou a ninguén e impresionou ao público pola súa grandiosidade e calidade artística.

A parte exterior do “García Barbón” construíuse en bloques de granito, material típico do Porriño natal do arquitecto. O seu estilo califícase como neobarroco, dentro da corrente modernista de comenzos do século pasado[2].

Entre os anos 1982 e 1984 o inmoble foi restaurado polo arquitecto Desiderio Pernas ao ser adquirido pola entidade financeira Caixa Vigo (actualmente Afundación) que pretendía convertelo nun centro cultural.

Entre as novidades da restauración destaca a cúpula de cobre engadida para acoller a biblioteca do derradeiro andar. Rematando o edificio, engadíronse tamén dúas esculturas dos cabalos de bronce de Juan Oliveira Viéitez nos machóns da fachada principal e o resto das figuras de pedra de Manuel García Buciños, alegorías da pintura, teatro, escultura, literatura, cine e música[2]. Rematados os traballos de restauración, o teatro, convertido no Centro Cultural Caixavigo foi aberto de novo o 22 de marzo de 1984[3]. Cumpridos vinte anos da súa inauguración, o centro levou a cabo unhas 300.000 actividades, tivo uns 8 millóns de usuarios, e unha media de catro actos ao día[3].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas