Roseta (botánica): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m termoDRAG
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 6: Liña 6:
As follas en roseta aportan vantaxes ás especies alpinas, onde a luminosidade é intensa durante o día (e a superficie [[fotosíntese|fotosintetizante]] destas é grande), mais o frío á noite podería danificar o seu [[meristema]] apical. Por iso as follas máis novas permanecen curvadas sobre o mesistema, cubríndoo e illándoo da temperatura ambiente.

Na familia [[Bromeliaceae]], a roseta actúa coma un captador de auga. As follas posúen vaíñas largas e apértanse unhas ás outras, facendo que o interior da roseta acumule a auga da choiva. Esta auga, algunhas veces con parte da materia orgánica alí depositada en decomposición, é absorbida polas células das propias follas, facendo que moitas bromelias, especialmente as [[epífita]]s teñan a súa función de absorción desempeñada máis polas follas que polas propias raíces.

== Notas ==
== Notas ==
{{referencias}}
{{Listaref}}

[[Categoría:Morfoloxía vexetal]]
[[Categoría:Morfoloxía vexetal]]

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2015 ás 16:50

Os áloes teñen as follas a xeito de roseta.

En botánica chámase roseta[1] á disposición na que as follas dunha planta se distribúen moi xuntas, imbricadas en círculo, a xeito dos pétalos dunha rosa. Tamén se chaman follas rosuladas. Distribúense nunha porción moi curta do caule, dispostas espiraladamente.

As follas en roseta aportan vantaxes ás especies alpinas, onde a luminosidade é intensa durante o día (e a superficie fotosintetizante destas é grande), mais o frío á noite podería danificar o seu meristema apical. Por iso as follas máis novas permanecen curvadas sobre o mesistema, cubríndoo e illándoo da temperatura ambiente.

Na familia Bromeliaceae, a roseta actúa coma un captador de auga. As follas posúen vaíñas largas e apértanse unhas ás outras, facendo que o interior da roseta acumule a auga da choiva. Esta auga, algunhas veces con parte da materia orgánica alí depositada en decomposición, é absorbida polas células das propias follas, facendo que moitas bromelias, especialmente as epífitas teñan a súa función de absorción desempeñada máis polas follas que polas propias raíces.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para roseta.