Espectrograma: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 17 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q578970
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 21: Liña 21:
Tamén se empregan no campo da [[sismoloxía]].
Tamén se empregan no campo da [[sismoloxía]].

==Formato==
== Formato ==
[[Ficheiro:Spectrogram.png|thumb|right|175px|Espectograma en 3D dun anaco dunha peza musical.]]
[[Ficheiro:Spectrogram.png|thumb|right|175px|Espectograma en 3D dun anaco dunha peza musical.]]
O formato máis común consiste nun gráfico con dous eixos, o horizontal representa o [[tempo]], mentres que o vertical representa a [[frecuencia]]. Pódese engadir unha terceira dimensión que indique a [[amplitude]] nun tempo e frecuencia concretos, indicándose a [[amplitude|intensidade]] en cada punto, ou mediante cores.

Liña 27: Liña 27:
Hai moitas variedades de formato. Os eixos vertical e horizontal pódense permutar, correndo o tempo horizontalmente. Ás veces a amplitude represéntase mediante a altura dunha superficie en tres dimensións. A frecuencia ou a amplitude poden ser indicadas [[linear]] ou [[logaritmo|logaritmicamente]], dependendo de para que se use o espectograma. No son normalmente emprégase un eixo logarítmico para a amplitude (probablemente en [[decibelio|db]]), e a frecuencia represéntase de xeito linear para enfatizar os [[harmónico]]s e de xeito logarítmico para o [[fundamental (son)|ton fundamental]].

==Notas==
== Notas ==
{{referencias}}
{{Listaref}}

==Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
===Ligazóns externas===
=== Ligazóns externas ===
{{Commonscat|Spectrogram}}
{{Commonscat|Spectrogram}}
{{Wiktionary}}
{{Wiktionary}}

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2015 ás 15:29

Espectrograma das sete vogais da lingua galega.
Espectrograma da oración en checo Strč prst skrz krk ("Insire o dedo pola gorxa"), que carece de vogais.
Espectrograma do son dun violín. As liñas brillantes da parte baixa son os tons fundamentais formantes de cada nota, e as outras liñas brillantes próximas son os sobretóns harmónicos; en conxunto forman o espectro de frecuencia.

Un espectrograma é a representación espectral variando no tempo (formando unha imaxe), que mostra como unha densidade espectral varía no dito tempo.[1]

No eido acústico, é o resultado de calcular o espectro de frecuencia en imaxe dun sinal analóxico de son. Pode resultar nunha gráfica tridimensional que representa a enerxía do contido frecuencial do sinal segundo vai variando esta ao longo do tempo. Obtense a través do espectrómetro.

Aplicacións

É usada para identificar sons fonéticos e procesos da fala. Poden servir para axudar a corrixir trastornos da linguaxe e para axudar a aprender a falar a persoas xordas.

Dentro do campo artístico, foi usado na música electrónica, para crear un sinal acústico a partir dun espectrograma feito cunha imaxe deseñada ou arbitraria. Tamén serve para modificar a intensidade de diferentes frecuencias ou crear novos sons musicais a partir doutros xa existentes.

É usado en sistemas de detección como o radar e o sonar.

Algúns espectrogramas analóxicos foron aplicados no estudo do canto dos paxaros e doutras especies para estudar a modulación de frecuencia da comunicación animal.

Tamén se empregan no campo da sismoloxía.

Formato

Espectograma en 3D dun anaco dunha peza musical.

O formato máis común consiste nun gráfico con dous eixos, o horizontal representa o tempo, mentres que o vertical representa a frecuencia. Pódese engadir unha terceira dimensión que indique a amplitude nun tempo e frecuencia concretos, indicándose a intensidade en cada punto, ou mediante cores.

Hai moitas variedades de formato. Os eixos vertical e horizontal pódense permutar, correndo o tempo horizontalmente. Ás veces a amplitude represéntase mediante a altura dunha superficie en tres dimensións. A frecuencia ou a amplitude poden ser indicadas linear ou logaritmicamente, dependendo de para que se use o espectograma. No son normalmente emprégase un eixo logarítmico para a amplitude (probablemente en db), e a frecuencia represéntase de xeito linear para enfatizar os harmónicos e de xeito logarítmico para o ton fundamental.

Notas

  1. "espectrograma" en digatic.org

Véxase tamén

Ligazóns externas