Manila: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 13: Liña 13:
Durante a retirada [[Xapón|xaponesa]] na [[Segunda Guerra Mundial]], por mor do avance das tropas [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|aliadas]] mais de 70.000 persoas foron asasinadas polo [[exército xaponés]] das cales unhas 300 eran españolas.<ref>[http://www.abc.es/20100324/historia-/masacre-espanoles-liberacion-manila-201003241024.html Artigo de prensa] en www.abc.es.</ref>
Durante a retirada [[Xapón|xaponesa]] na [[Segunda Guerra Mundial]], por mor do avance das tropas [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|aliadas]] mais de 70.000 persoas foron asasinadas polo [[exército xaponés]] das cales unhas 300 eran españolas.<ref>[http://www.abc.es/20100324/historia-/masacre-espanoles-liberacion-manila-201003241024.html Artigo de prensa] en www.abc.es.</ref>


==Notas==
== Notas ==
{{referencias}}
{{Listaref}}


[[Categoría:Xeografía de Filipinas]]
[[Categoría:Xeografía de Filipinas]]

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2015 ás 05:21

Ficheiro:Sherman intramuros.jpg
Trala Segunda Guerra Mundial debido os constantes bombardeos aliados o antigo patrimonio artístico colonial español sufriu daños de enorme consideración. Como Intramuros; na imaxe.

A historia urbana de Manila ten os seus antecedentes nos asentamentos comerciais establecidos polos musulmáns moito antes da chegada dos españois, destacando os dous da desembocadura do río Pasig: Tondo ao norte, o máis importante, e Maynilad na beira sur. Comerciaban cos chineses e outras zoas da rexión. Os dous asentamentos estaban fortificados con troncos de palmeira.

Foi coa chegada e toma do poder polos conquistadores españois ao mando de Miguel de Legazpi en 1571, cando estes levantaron un forte na península onde se estendía Maynilad, confinada entre o Pasig e a ampla e pechada baía do oeste da illa de Luzón, coma ten comezado a historia de Manila.

Inicialmente construíron un simple bastión (Fortaleza de Nosa Señora da Guía 1571-91), seguido dun forte propiamente dito na punta máis defendible da península (Forte de Santiago 1589-1592)[1] e finalmente o amurallamento de toda a poboación asentada (1590-1606). Por iso recibiu o nome de Intramuros[2]. Eran 64 hectáreas coa típica disposición en cuadrícula das fundacións coloniais españolas:[3] rúas cruzándose ortogonalmente e deixando un bloque baleiro coma praza central cos poderes representativos o redor, catedral e palacio[4]. Fóra, por desconfianza despois do ataque chinés de 1574, ao leste foi disposto o barrio para ese grupo étnico á vez que mercado (Parián, demolido en 1783 e trasladado a beira oposta do río). Xusto onde se construíu a primeira ponte sobre o Pasig e por moito tempo a única, a Ponte Grande ou de España.[5]

A cidade sufriu con frecuencia terremotos que a destruíron. Ata sete veces ten sido reconstruída a catedral.

Os séculos XVIII e XIX verán o crecemento de Manila fora de murallas pola imposibilidade física de facelo no interior.[6] Así desenvolveranse os diferentes barrios ou distritos: na beira norte do río o antigo asentamento de Tondo e Binondo xunto á ponte;[7] San Miguel augas arriba co Pazo de Malacañang. Despois chegaría a quenda das grandes infraestruturas, ferrocarril e porto, este último pechando Intramuros ao mar.[8]

Durante a retirada xaponesa na Segunda Guerra Mundial, por mor do avance das tropas aliadas mais de 70.000 persoas foron asasinadas polo exército xaponés das cales unhas 300 eran españolas.[9]

Notas

  1. Imaxe en www.aenet.org.
  2. Imaxe en members.aol.com.
  3. Imaxe en www.fototeca.us.es.
  4. Imaxe en www.aenet.org.
  5. Imaxe en www.aenet.org.
  6. Imaxe en www.aenet.org.
  7. Imaxe en www.aenet.org.
  8. Imaxe en www.aenet.org.
  9. Artigo de prensa en www.abc.es.