Motor de corrente continua: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Fusióndesde; cambios estética
Liña 1: Liña 1:
{{Atención|data=maio de 2014}}
{{Atención|data=maio de 2014}}
{{Wikificar}}
{{Wikificar}}
{{Fusióndesde|Máquina de corrente continua}}
{{Fusión desde|Máquina de corrente continua}}
{{Ligazóns internas}}
{{Ligazóns internas}}
{{Sen imaxe}}
{{Sen imaxe}}
Liña 12: Liña 12:
En xeral, os motores de corrente continua son semellantes na súa construción ós xeradores. De feito poderíanse describir como xeradores que funcionan ó revés.
En xeral, os motores de corrente continua son semellantes na súa construción ós xeradores. De feito poderíanse describir como xeradores que funcionan ó revés.


== Funcionamento ==
== Funcionamento  ==
O funcionamento de un motor de corrente continua basease na forza que se produce sobre un condutor eléctrico percorrido por unha intensidade de corrente eléctrica segundo a seguinte expresión:
O funcionamento de un motor de corrente continua basease na forza que se produce sobre un condutor eléctrico percorrido por unha intensidade de corrente eléctrica segundo a seguinte expresión:


Liña 70: Liña 70:


{{Seniw}}
{{Seniw}}

 
[[Categoría:Máquinas eléctricas]]
[[Categoría:Máquinas eléctricas]]

Revisión como estaba o 21 de marzo de 2015 ás 21:43


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

Os motores eléctricos de corrente continua son convertedores electro-mecánicos rotativos de enerxía que debido ós fenómenos de indución e de par electromagnético, transforman enerxía eléctrica, de natureza continua, en enerxía mecánica.

Os primeiros motores eléctricos feitos no século XIX por Michael Faraday e Zénobe Gramme, foron de corrente continua.

En xeral, os motores de corrente continua son semellantes na súa construción ós xeradores. De feito poderíanse describir como xeradores que funcionan ó revés.

Funcionamento 

O funcionamento de un motor de corrente continua basease na forza que se produce sobre un condutor eléctrico percorrido por unha intensidade de corrente eléctrica segundo a seguinte expresión:


F= B X L X I na que:

B é a indución do campo magnético (teslas).

l é a lonxitude do condutor cortado polas liñas do campo magnético (metros).


I é a intensidade que percorre ao condutor (amperios). F é a forza que se produce sobre o condutor (newton).

Para coñecer a dirección da forza aplícase a regra da man esquerda.

Estrutura 

Estator: Tamén chamada carcasa, culata ou xugo, é a parte fixa que dá soporte mecánico ó aparato. No seu interior, suxeitos mediante parafusos á carcasa e regularmente distribuídos, encóntranse en número par os polos indutores. Nos motores pequenos, estes polos poden ser imáns permanentes. Pero o máis habitual é que estean constituídos por un núcleo ferromagnético cunhas expansións nos seus extremos, arredor do cal hai unhas bobinas, que constitúen o debandado indutor, xeralmente de fío de cobre illado. Estas bobinas, ó ser alimentados por unha corrente continua, xeran un campo indutor da máquina, presentando alternativamente polaridades norte e sur (sempre debe haber un número par de polos). Nas máquinas de certa potencia encóntranse distribuídos alternativamente entre estes, outros polos auxiliares o de conmutación, macizos e sen expansións, a súa misión é facilitar a conmutación e evitar a xeración de chisporroteo no contacto entre as delgas do colector e as vasoiras.

Rotor: feito con chapas de aceiro con baixo contido en silicio de 0,5 mm de espesor, illadas unhas de outras por unha capa de verniz ou de óxido, está montada sobre o eixo da máquina. Na súa superficie externa ten practicadas unhas rañuras dunha certa inclinación respecto a súa xeratriz onde van aloxadas as bobinas do debandado inducido da máquina, xeralmente de fío de cobre illado.

Colector de delgas: Vai montado sobre o eixo de xiro e debe dispor de tantas delgas como bobinas ten o debandado inducido, cada delga está unida electricamente ó punto de conexión dunha bobina ca outra. As delgas están fabricadas con cobre de elevada pureza e están separadas unhas de outras por unhas delgadas películas de mica que as mantén illadas.

Vasoiras: Son os elementos que aseguran o contacto eléctrico entre as delgas do colector e o circuíto de corrente continua exterior. Están fabricadas de carbón (grafito) e permanentemente están rozando sobre o colector, van suxeitas cun colar portavasoiras que mantén a presión prevista mediante elementos elásticos para asegurar que o contacto sexa o adecuado, por iso se produce un desgaste progresivo que acurta a súa vida útil, tendo que substituílas cada certo tempo. As vasoiras conéctanse ca placa de bornes da máquina.

Entreferro: Chámase así o espazo que hai entre o estator e o rotor, é imprescindible que exista para evitar o rozamento entre ámbolos dous, aínda que debe ser o menor posible, xa que o aire presenta unha elevada relutancia magnética, e se o entreferro fose moi amplo debilitaríase o campo magnético indutor.

Fases do funcionamento

Distínguense varias fases polo que un motor de corrente continua pasa:

Arranque: o motor empeza a xirar partindo do repouso, neste momento o motor ten exercer o seu par máximo para permitir o movemento e sucesivo funcionamento normal, no momento do arranque e cando o motor consume máis corrente debido a este par máximo. Esta corrente absorbida pode ser prexudicial para os debandados xa que se fose moi elevada podería chegar a queimar os debandados.


Aceleración: despois do arranque o motor xira aumentando de velocidade ata chegar a un réxime de funcionamento, a corrente absorbida neste momento vai diminuíndo a medida que o motor alcanza a súa velocidade de traballo.

Funcionamento en réxime nominal: o motor chegou a súa velocidade normal de traballo ó igual que o seu consumo, que diminúe considerablemente comparado ao momento do arranque.

Estabilidade

Despois de acadar o réxime nominal, os parámetros de funcionamento do motor pódense modificar de forma inesperada, debido a perdas de carga, etc. Para que o motor se comporte de modo estable é preciso que responda a estas variacións de modo que trate de anulalas, para recuperar o réxime nominal. De non ser así, dise que o sistema é inestable, é dicir, cando tras producirse unha acción que modifica os parámetros, estes continúan separándose máis e máis dos seus valores nominais.

Polo tanto cando se produce un aumento brusco da velocidade o motor estable responde cun par motor inferior ó resistente, para tratar de reducir a velocidade e así recuperar o réxime nominal. Se o motor fose inestable o par motor sería maior que o resistente co que aumentaría progresivamente a velocidade, embalándose o motor.

Se as variacións de réxime son no sentido de diminuír a velocidade, un motor estable responde aumentando o seu par motor fronte ó resistente para tratar de corrixir a velocidade e recuperar o réxime nominal de traballo.

Inversión de xiro

O motor pode funcionar en ámbolos dous sentidos de xiro, para o que é necesario intercambiar as conexións dos dous debandados.

Lembremos que o sentido do par motor depende da polaridade do campo magnético e do sentido da corrente do inducido; se invertemos as conexións do inducido, invertemos o sentido da corrente nel, e se o facemos no indutor inverteremos a polaridade do campo magnético.

Se se cambia o sentido de xiro co motor detido, non importa cal sexa o debandado no que se permutan as conexións, pero se o cambio de sentido de xiro se realiza co motor en marcha, é necesario que sexa o debandado inducido o que cambie de conexión, porque se se fixera co bobinado indutor, a máquina quedaría durante un instante sen excitación, o que provocaría o embalamento do motor.

Tipos de freados 

Freado dinámico: faise funcionar o motor como xerador, transformando a enerxía mecánica de rotación en enerxía eléctrica, que pode ser inmediatamente consumida en unhas resistencias conectadas para este fin (freado reostático), ou cedese a rede de alimentación eléctrica (freado rexenerativo). Freado en contramarcha: precisase inverter o sentido do par electromagnético mentres o motor está en marcha