Diferenzas entre revisións de «Aeroporto de Logroño-Agoncillo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
m (Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética)
As orixes do aeroporto remóntanse á base militar de Recajo, unha base aérea secundaria construída entre [[1924]] e [[1928]]. Por entón, o campo de voos era de 1.000 metros de longo e 600 de ancho. O 5 de febreiro de [[1932]], cámbiase o seu nome polo de Aeródromo de Agoncillo. En [[1946]] ábrese ao tráfico aéreo civil, con todo, e ata data recente, o seu uso como tal foi bastante moderado, exceptuando as operacións do Aeroclub de Logroño.
 
En [[1996]], o [[Goberno da Rioxa]] decide impulsar a creación do aeroporto de Logroño. É o [[21 de setembro]] de [[1998]] cando culminan eses esforzos, declarándose o aeroporto de Logroño-Agoncillo como "aeroporto de interese xeral" e poñendo en marcha os proxectos necesarios para a súa reforma, ata a súa inauguración en maio de [[2003]], logo dun investimento de 17. 930. 000 euros.
 
É un dos aeroportos españois con menor tráfico aéreo, xestionando en 2005 36.560 pasaxeiros e 3.061 operacións. En 2006 houbo 55.469 pasaxeiros, cun incremento con respecto ao ano anterior dun 41,7%, e as operacións foron 3.334, un 8% máis. En 2010, o aeroporto deu servizo a un total de 24.522 pasaxeiros debido á eliminación da ruta a [[Aeroporto de Barcelona-El Prat|Barcelona]]. En [[2012]], só houbo 19.263 pasaxeiros e 2.630 operacións.
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.aena-aeropuertos.es/csee/Satellite/Aeropuerto-Logroño-Agoncillo/es/ Sitio web do aeroporto en AENA.es] {{es}}
 
{{commonscat|Aeropuerto de Logroño}}
393.002

edicións

Menú de navegación