Partido Andalucista: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=marzo de 2015}}
{{Partido Político
{{Partido Político
|nome = Partido Andalucista (PA)
|nome = Partido Andalucista (PA)

Revisión como estaba o 15 de marzo de 2015 ás 19:35

Partido Andalucista (PA)
Partido político de Andalucía
MocidadesJuventudes Andalucistas
Filiación internacionalAlianza Libre Europea
Historia
Fundación1976 (Como Partido Socialista de Andalucía)
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo andaluz
Socialdemocracia
Federalismo
Representación
RepresentaciónSen representación parlamentar
Outros datos
SedeSevilla
Publicacións/d
Na rede
www.partidoandalucista.org

O Partido Andalucista é un partido político nacionalista de Andalucía, o máis importante dentro do nacionalismo andaluz.

Foi fundado en 1965 cando a Alianza Socialista de Andalucía, creada en 1971, adopta o nome de Partido Socialista de Andalucía (PSA). Posteriormente en xaneiro de 1979 no II Congreso Andalucista adopta o nome de PSA-Partido Andaluz. En febreiro de 1984 adopta o seu actual nome Partido Andalucista.

Ideoloxía

O Partido Andalucista declárase ideoloxicamente como unha organización política nacionalista, federalista, progresista e de esquerdas. Segundo o partido, o seu principal sentimento é a rebeldía contra a desactivación da autonomía andaluza, en contra dunha actitude conformista e desfacendo a cohesión interna da identidade e do liderado histórico.

Historia

A orixe do PA está no nacionalismo andaluz desenvolvido durante o século XIX e século XX. En 1962 Alejandro Rojas-Marcos aglutinou a diversos sectores sociais para impulsar unha organización política de ámbito andaluz, forzada á clandestinidade polo franquismo. Na primavera de 1965 estabeceuse o primeiro grupo político andalucista cando se formou unha célula en torno á facultade de Dereito da Universidade de Sevilla e que tiña como sinais de acción a identidade andaluza, esixencia de autonomía, non separatismo, posicións de esquerda moderada, reivindicación de igualdade con Cataluña e o País Vasco, etc. O grupo adopta o nome de Compromiso Político de Andalucía, elixiu unha Secretaría colexiada, integrada por Alejandro Rojas-Marcos, Luis Uruñuela e Guillermo Jiménez.

En 1971, a revista Ruedo Ibérico publica en París o primeiro manifesto de Alianza Socialista de Andalucía, no que se pedía a autonomía. En 1974 integrouse na Junta Democrática de España. Coa fin da ditadura franquista o PsA foi legalizado e puido realizar actividades políticas legais. En 1978, a Junta Liberalista de Andalucía que fundara Blas Infante integrouse na organización andalucista. En 1979, conseguen cinco deputados nas Eleccións Xerais celebradas en marzo conseguindo 326.000 votos, baixo o nome de Partido Socialista Andaluz, e conseguindo 250.000 votos nas municipais pactando co PSOE e o PCE para constituír gobernos municipais de esquerdas en Andalucía. Como consecuencia dos malos resultados das eleccións autonómicas de 1982 Alejandro Rojas-Marcos dimitiu da secretaría xeral, o partido iniciaba unha etapa descendente electoralmente.

En 1996 os andalucistas participan no goberno andaluz en coalición co PSOE, ocupando as consellerías de Relacións co Parlamento e a de Turismo e Deporte, a cargo de Antonio Ortega e José Nuñez respectivamente.

En 1999 presentouse ás Eleccións Europeas formando a Coalición Europea, coalición nacionalista na que concorrerán ás Eleccións Europeas Coalición Canaria, Unió Valenciana, Partido Aragonés e o Partido Andalucista. Nas eleccións municipais de xuño, o Partido Andalucista obtivo 356.000 votos, 30 alcaldías e 545 concelleiros.

En outubro de 2000, celebrou o XII Congreso Nacional en Torremolinos, presentáronse tres correntes: a oficialista, a de Novo Andalucismo liderado por Julián Álvarez e Antonio Moreno, e a de Maioría polo Cambio liderada pola concelleira de Sevilla, María del Mar Calderón e apoiada por Pedro Pacheco. Durante o Congreso as dúas correntes renovadoras pretenderon alcanzar un acordo de consenso para presentar un candidato común e así poder cambiar a dirección do partido. Con todo, a existencia de tensións entre membros de Novo Andalucismo e Maioría polo cambio, impediron o acordo, Novo Andalucismo aliouse coa candidatura oficialista, dando a vitoria así de novo a Antonio Ortega que iniciou o proceso de expulsión dos membros de Maioría polo Cambio,o que deu lugar o Partido Socialista de Andalucía liderado por Pedro Pacheco.

No 2004 celebrouse o XIII Congreso Nacional, ademais da Candidatura do Secretario Xeral Antonio Ortega presentouse unha segunda candidatura liderada polo ex alcalde de Écija, Julián Álvarez, quen gañou producindo unha renovación do Partido Andalucista, o que provocou a marcha de membros históricos do partido.

Na actualidade (2015) o partido conta con 0 deputados no Parlamento de Andalucía e 470 concelleiros.