Goto Muñiz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
m elimino cat xenérica
XoseBot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-Category: reis de Galiza +Category:Reis de Galicia)
Liña 9: Liña 9:
Seguiu sendo considerada como raiña ata a súa morte en 964. Consérvase un documento do ano 947 no que o seu cuñado e novo rei [[Ramiro II]] lle fai diversas doazóns e recibe tal consideración: ''Domine Gotho Regina''
Seguiu sendo considerada como raiña ata a súa morte en 964. Consérvase un documento do ano 947 no que o seu cuñado e novo rei [[Ramiro II]] lle fai diversas doazóns e recibe tal consideración: ''Domine Gotho Regina''


[[Category: reis de Galiza]]
[[Category:Reis de Galicia]]

Revisión como estaba o 18 de abril de 2007 ás 22:28

Goto Núñez foi unha raíña de Galicia, casada co rei Sancho Ordóñez.

Era filla de Munio Guterrez, señor de A Mahía e o monte Ilicino (actual Pico Sacro) e neta de Arias Pérez, conde de Coimbra; propiciou os apoios ao seu home entre os magnates galegos para facerse co Reino de Galicia trala morte de Froila II. Estes apoios foron fundamentais para derrotar aos fillos de Froila e poder reinar en Galicia e ser coroado en Santiago de Compostela polo bispo Hermenexildo no ano 927. O irmán de Sancho Ordóñez, Afonso IV sería coroado en León.

Asinou varios documentos co seu home de doazóns e privilexios a prol da Igrexa de Iria Flavia-Santiago de Compostela e en beneficio da nobreza galega.

Trala morte de Sancho Ordóñez, retirouse á vida monacal. Hai testemuños de que residiu no mosteiro de Castrelo de Miño e no de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Seguiu sendo considerada como raiña ata a súa morte en 964. Consérvase un documento do ano 947 no que o seu cuñado e novo rei Ramiro II lle fai diversas doazóns e recibe tal consideración: Domine Gotho Regina