Provincias Unidas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Celandia -> Zelandia
Liña 40: Liña 40:
|moeda = [[Florín neerlandés|Florín]]
|moeda = [[Florín neerlandés|Florín]]
}}
}}
'''Provincias Unidas''' ou '''República dos Sete Países Baixos Unidos''' foi un estado que con frecuencia adoita ser chamado erroneamente '''Holanda''', formado polas sete provincias do Norte dos [[Países Baixos]] ([[Frisia]], [[Groninga]], [[Güeldres]], [[Holanda (rexión)|Holanda]], [[Overijssel]], [[Utrecht]] e [[Celandia]]), agrupadas dende a [[Guerra de Flandres|Unión de Utrecht]] ([[1579]]), ata a ocupación francesa de [[1795]].
'''Provincias Unidas''' ou '''República dos Sete Países Baixos Unidos''' foi un estado que con frecuencia adoita ser chamado erroneamente '''Holanda''', formado polas sete provincias do Norte dos [[Países Baixos]] ([[Frisia]], [[Groninga]], [[Güeldres]], [[Holanda (rexión)|Holanda]], [[Overijssel]], [[Utrecht]] e [[Zelandia]]), agrupadas dende a [[Guerra de Flandres|Unión de Utrecht]] ([[1579]]), ata a ocupación francesa de [[1795]].


== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 13 de marzo de 2015 ás 09:23

Modelo:País desaparecido Provincias Unidas ou República dos Sete Países Baixos Unidos foi un estado que con frecuencia adoita ser chamado erroneamente Holanda, formado polas sete provincias do Norte dos Países Baixos (Frisia, Groninga, Güeldres, Holanda, Overijssel, Utrecht e Zelandia), agrupadas dende a Unión de Utrecht (1579), ata a ocupación francesa de 1795.

Historia

A orixe das Provincias Unidas radicou nos problemas políticos e relixiosos baixo a dominación dos casa de Habsburgo. O enfrontamento entre católicos e calvinistas produciu o estabelecemento da Unión de Arras e da Unión de Utrecht (1579), que deu orixe ás Provincias Unidas. En 1581, os representantes da Unión depuxeron a Filipe II de España e nomearon a Guillerme de Orange (asasinado en 1584). Johan van Oldenbarnevelt foi unha peza clave na creación da República en 1588.

A cohesión das provincias foi posible grazas á hexemonía da burguesía e o liderado en Holanda. As Provincias Unidas obtiveron axuda militar de Inglaterra, que xunto a Francia recoñecerían a República en 1596. En virtude da Tregua dos Doce Anos, entre 1609 e 1621, con Filipe II, a Coroa de España recoñeceu finalmente a existencia das Provincias Unidas.

A Idade de Ouro

A alianza con Francia durante a guerra dos Trinta Anos logrou para as provincias o status de Estado independente no Tratado de Westfalia (1648).

Nesta época o seu poder medrou ata converterse nunha das potencias mariñas e económicas do século XVII, o que foi considerado como a época dourada dos Países Baixos. Foi unha época na que se estableceron colonias e postos mercantís ao redor de todo o mundo. En 1784, Federico II, rei de Prusia, organizou unha Liga de príncipes alemáns para salvagardar o statu quo nas Provincias Unidas fronte ás ambicións de Baviera.

Declive

Emprendeu unha confrontación contra Inglaterra pola supremacía naval e tras a agresión por parte de Luís XIV, consumouse o declive do seu poder e en 1795, logo dunha invasión francesa, as Provincias Unidas foron substituídas pola República Bátava.

Véxase tamén