Alfred Werner: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
m {{Icona nobel química}}
Liña 1: Liña 1:
{{Científico
{{Científico
| nome = Alfred Werner [[Ficheiro:Nobel prize medal.svg|20px|link=Premio Nobel de Química]]
| nome = Alfred Werner {{Icona nobel química}}
| imaxe = Alfred_Werner.jpg
| imaxe = Alfred_Werner.jpg
| tamaño = 220px
| tamaño = 220px

Revisión como estaba o 11 de marzo de 2015 ás 09:59

Infotaula de personaAlfred Werner

Alfred Werner
Nome orixinal(de) Alfred Werner Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1866
Mulhouse, Alsacia, Alemaña (hoxe en Francia)
Morte15 de novembro de 1919
Zúric Suíza Suíza
Lugar de sepulturaRehalp Cemetery (en) Traducir, 85067 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSuíza Suíza
País de nacionalidadeSuíza Suíza
EducaciónUniversidade de Zúric
Director de teseArthur Rudolf Hantzsch (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porA configuración dos complexos metálicos transitivos.
Actividade
Campo de traballoQuímica
Ocupaciónquímico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Zúric Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeEmma Giesker (1894)
Premios
Premio Nobel de Química (1913)

WikiTree: Werner-1049 Find a Grave: 127296952 Editar o valor em Wikidata

Alfred Werner, nado en Mulhouse, Alsacia, antes en Alemaña, actualmente en Francia, o 12 de decembro de 1866 e finado en Zúric o 15 de novembro de 1919, foi un químico suízo, profesor da Universidade de Zúric e gañador do Premio Nobel de Química en 1913 por propor a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica. Werner desenvolveu as bases do complexo metálico moderno. Foi o primeiro químico inorgánico en gañar o Premio Nobel, de feito o único antes de 1973.

Traxectoria

Aos 18 anos realizou os seus primeiros experimentos químicos. Realizou os seus estudos en Karlsruhe, Zúric e París. Foi profesor de química orgánica do Politécnico de Zúric en 1895 á idade de 29 anos. Foi membro de asociacións de investigadores de Suíza, Francia, Inglaterra e Rusia.

Padeceu de Arteriosclerosis a partir de 1913 e morreu diso en 1919 en Zúric.

Investigacións científicas

Werner desenvolveu no seu traballo de doutoramento as bases para o estudo dos complexos metálicos.

En 1893 enunciou a teoría da coordinación tamén chamada das valencias residuais segundo a cal os compoñentes moleculares inorgánicos actúan como un núcleo central ao redor do cal sitúanse un número definido doutros átomos, radicais ou outras moléculas segundo un patrón xeométrico sinxelo, e grazas á cal chegaron a descubrirse os isómeros de moitas combinacións metálicas. Propuxo a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica.

En 1913 foi galardoado co Premio Nobel de Química en recoñecemento do seu traballo sobre o axuste de átomos nas moléculas polas cales abriu novas portas en investigacións anteriores e abriu novos campos de investigación especialmente en química inorgánica.

En 1914 descubriu o exol, un sal de cobalto, o primeiro composto quiral que non contiña átomos de Carbono.

Obras escritas

  • Beiträge zur Theorie der Affinität und Valeur, Lehrbuch der Stereochemie (1904)
  • Ueber die Konstitution und Konfiguration von Verbindungen höherer Ordnung (1914).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Victor Grignard
Paul Sabatier
Premio Nobel de Química

1913
Sucesor:
Theodore William Richards

Modelo:Nobel de Química