Península de Monterreal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
Liña 9: Liña 9:


== Parador "Conde de Gondomar-Baiona" ==
== Parador "Conde de Gondomar-Baiona" ==
{{AP|Parador de Baiona}}
{{Artigo principal|Parador de Baiona}}
O recinto converteuse en residencia de gobernadores, como o [[Conde de Gondomar]]. Despois de pasar a mans privadas o [[Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo de España|Ministerio de Información e Turismo]] mercou o terreo e construíu o [[Parador de turismo|Parador]] "Conde de Gondomar".<ref name=":0" />
O recinto converteuse en residencia de gobernadores, como o [[Conde de Gondomar]]. Despois de pasar a mans privadas o [[Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo de España|Ministerio de Información e Turismo]] mercou o terreo e construíu o [[Parador de turismo|Parador]] "Conde de Gondomar".<ref name=":0" />



Revisión como estaba o 10 de marzo de 2015 ás 22:53

A península de Monterreal ou de Monteboi é un promontorio natural situado na vila de Baiona, na provincia de Pontevedra.[1]

A península de Monterreal ou de Monte do Boi.

Historia

Coñécese dende hai máis de 2.000 anos como recinto amurallado. Habitaron aquí celtas, fenicios e romanos, os cales foron moitas veces atacados. Antigamente asentouse aquí a vila de Baiona, por privilexio outorgado polos Reis Católicos para defenderse das incursións corsarias.[1]

Xeografía

A península ocupa unha extensión de 18 hectáreas rodeadas de 3 km. As murallas datan de entre os séculos XI e XVII.[1] Na península hai catro praias: Cuncheira, Os Frades, Barbeira e A Ribeira.

Parador "Conde de Gondomar-Baiona"

Artigo principal: Parador de Baiona.

O recinto converteuse en residencia de gobernadores, como o Conde de Gondomar. Despois de pasar a mans privadas o Ministerio de Información e Turismo mercou o terreo e construíu o Parador "Conde de Gondomar".[1]

Muralla

A muralla mantén as tres torres dende as que se vixiaba a fortaleza. Na entrada está a torre do Reloxo ; ó leste érguese a torre da Tenaza e na parte oriental da fortaleza, sobre a baía de Baiona, atópase a torre do Príncipe. Esta última ten tres escudos (dos Austrias, dos Soutomaior e o de Baiona). Debe o seu nome ó príncipe portugués Afonso Enriques que estivo retido nesa torre.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Concello de Baiona. "Fortaleza de Monterreal". Consultado o 30/10/2014.