Coello: Diferenzas entre revisións
arranxiños |
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética |
||
Liña 48: | Liña 48: | ||
=== O coello na cultura popular galega === |
=== O coello na cultura popular galega === |
||
{{ |
{{Artigo principal|O coello na cultura popular galega}} |
||
En [[Cambados]], para cura-la ''decipla'' (erisipela), untan a parte enferma con sangue de coello. Tamén se cre que se unha muller [[embarazo|embarazada]] come carne de lebre ou de coello, o meniño durmirá despois cos ollos abertos. |
En [[Cambados]], para cura-la ''decipla'' (erisipela), untan a parte enferma con sangue de coello. Tamén se cre que se unha muller [[embarazo|embarazada]] come carne de lebre ou de coello, o meniño durmirá despois cos ollos abertos. |
||
Liña 69: | Liña 69: | ||
{{listaref|1}} |
{{listaref|1}} |
||
==Véxase tamén== |
== Véxase tamén == |
||
{{commonscat|Oryctolagus cuniculus}} |
{{commonscat|Oryctolagus cuniculus}} |
||
Revisión como estaba o 10 de marzo de 2015 ás 13:25
Coello | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Oryctolagus cuniculus' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución
|
O coello (Oryctolagus cuniculus) é un mamífero lagomorfo, da familia dos Lepóridos, que existe en estado salvaxe, habendo tamén moitas subespecies domesticadas en case todo o planeta. Útil ás persoas pola súa carne, usada como alimento, e pola pel, usada para confeccionar vestiario. Crese popularmente que a pata de coello é un amuleto de boa sorte. Hoxe en día é tamén frecuente criar coellos como animais de compañía.
Os coellos distínguense das lebres por seren altriciais [2]
O tamaño dos coellos é variábel. Como todos os lagomorfos, posúen catro incisivos na mandíbula superior e dous na inferior que medran continuamente durante a súa vida. Nisto diferéncianse dos roedores, que posúen dous incisivos tanto na superior como na inferior. Os coellos teñen orellas longas, patas posteriores grandes e colas pequenas e suaves. Desprázanse saltando, para o que utilizan as súas poderosas patas posteriores. Para facilitar o movemento rápido estas se achan revestidas dunha cuberta grosa de pel que amortece o impacto dos pulos rápidos. Dependendo da especie poden atinxir unha velocidade de 15-20 m/s. Os coellos novos (cazapos, cazapellos ou láparos) parecen "camiñar" en vez de saltar. Os coellos viven entre 4 e 10 anos.
Os coellos escavan redes de túneles, ou tobos ou coelleiras, nas que permanecen a maior parte do tempo.
Os coellos domésticos
Cando os coellos están ben coidados son animais amigables e xoguetóns, son comúns en todo o mundo e téñense tanto en interior como en exterior.
Os mantidos en interior son máis sans e sociables xa que están a salvo dos seus depredadores naturais e de temperaturas extremas. Os mantidos en exterior necesitan un abrigo que sexa caloroso en inverno e un lugar que lles proporcione sombra no verán.
A temperatura ideal para os coellos domésticos oscila entre os 10 e 21 graos centígrados.
O coello na cultura
O coello é un animal presente na cultura popular como símbolo de fertilidade e asociado tamén á Pascua. Polo seu carácter de animal de presa parece que se presta como símbolo da inocencia e do ser que non desexa mal para outros. Ademais, utilízase con frecuencia como símbolo de sexualidade, baseada precisamente na imaxe de inocencia xunto coa súa reputación como enxendrador (como o logotipo da revista Playboy).
Tamén é un arquetipo popular do trampulleiro, que utiliza o seu enxeño para vencer os seus inimigos, como aparece nas fábulas centroeuropeas e no personaxe de Bugs Bunny. Ademais deste último, teñen aparecido moitos outros coellos antropomórficos na literatura, como o Coello Branco das aventuras de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll e nas novelas de Beatrix Potter.
Un dos doce animais do Zodíaco chinés é un coello.
Disque as patas de coellos traen sorte, polo que se levan como amuleto.
Na tradición xaponesa, os coellos viven na Lúa, onde fan mochi, un petisco a base de arroz. Esta idea parte da interpretación visual dos mares da lúa como un coello de pé nas puntas dos pés mirando cara a esquerda e traballando cunha manteigueira.
No manga Sailor Moon aparece un personaxe cuxo nome é Usagi (coello en xaponés).
O coello na cultura popular galega
- Artigo principal: O coello na cultura popular galega.
En Cambados, para cura-la decipla (erisipela), untan a parte enferma con sangue de coello. Tamén se cre que se unha muller embarazada come carne de lebre ou de coello, o meniño durmirá despois cos ollos abertos.
- Cada coello no seu tobo arránxase de calquera modo.
- ¡Inda o demo ten cara de coello!
- Labrego cazador, coellos na cociña e fame no comedor.
- O coello, por san Xoán, e a perdís por Navidá.
- Ó abade vello, polos e coello.
- Ó coello fuxido, consello vido.
- Se os coellos morreran con palabras, cantos matabas.
-
Trampa para coellos
Notas
- ↑ Smith, A. T. & Boyer, A. F. (2008). "Oryctolagus cuniculus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 May 2011. Database entry includes a brief justification of why this species is Near Threatened
- ↑ Chámanse altriciais ás crías que nacen cegas, practicamente sen pelo e cunha mobilidade moi limitada, necesitando un largo proceso de aprendizaxe. Cando as crías nacen xa desenvolvidas se denominan precociais.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coello |