Diferenzas entre revisións de «Fonoloxía»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot - Trocar {{Ver artigo principal}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (Bot - Trocar {{Ver artigo principal}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
A fonoloxía utiliza procedementos de estudo propiamente lingüísticos, como poden ser a [[conmutación]] ou estudo das [[relacións paradigmáticas]] e [[relacións sintagmáticas|sintagmáticas]] na distinción de oposición e contraste.
 
== Os fonemas ==
A fonoloxía estuda as unidades ideais que os falantes cren pronunciar ou ouvir e que reciben o nome de fonemas. Os fonemas son unidades [[funcionalismo|funcionais]] constituídas por un conxunto de trazos relevantes, mentres que os sons realmente producidos van acompañados de trazos irrelevantes. En consecuencia, distínguense fonema e halófonos, ou posíbeis realizacións na fala.
 
A clasificación máis inmediata dos fonemas é entre [[vogal|vogais]] e [[consoante|consoantes]]s, se ben nestas tamén se inclúen ás veces as [[líquidas]] e as [[glotais]].
 
=== Os alófonos ===
{{Ver artigoArtigo principal|Alófono}}
Os alófonos pódense dar en distribución complementar ou libre. Os alófonos en distribución complementar son os que aparecen sempre en determinados contextos e non noutros: onde aparece unha variante non pode aparecer outra. Por exemplo, en galego o ''b'' oclusivo ([b]) dase despois dunha pausa ou dunha nasal. O ''b'' fricativo ([β])aparece en todos os demais casos. Hai complementación entre unhas realizacións e outras, estoutras valen para uns casos e aqueloutras para outros.
 
As diferenzas fonolóxicas permiten que nunha lingua determinada se poidan distinguir significados. Os dous b de ''vai'' e ''avó'' non manteñen unha oposición distintiva, pero si /p/ e /b/ en todos os casos, aínda que estes fonemas en [[Lingua árabe|árabe]] son só alófonos e se confunden, como sucede co /l/ e o /r/ nalgunhas linguas asiáticas.
 
=== Os trazos ===
Un trazo diferencial é a diferenza mínima que opón dous fonemas. Os exemplos inclúen a [[Abertura (fonética)|abertura]] para as vogais ou a [[localización]] ([[labial]], [[dental]]) nas consoantes. Os trazos son os constituíntes dos fonemas, de maneira que un fonema é un conxunto de trazos pertinentes pronunciados simultaneamente. O fonema non ten realidade concreta en si mesmo mais si ten un valor práctico porque é a unidade que o falante identifica, e non os trazos.
 
== Transcrición fonolóxica ==
 
A transcrición fonolóxica é a representación dos valores dos fonemas nunha lingua dada, descartando os halófonos. O alfabeto máis estendido a nivel mundial é o [[Alfabeto Fonético Internacional]], ou AFI, cuxa primeira versión apareceu en 1888 auspiciada pola ''International Phonetic Association'' ("Asociación Fonética Internacional" ou IPA, siglas que tamén se usan para se referiren ao alfabeto mesmo). Para o galego usouse até hai pouco unha adaptación do alfabeto fonético da ''Revista de Filología Española''. Os fonemas transcríbense entre barras inclinadas.
393.002

edicións

Menú de navegación