Refectorio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot - Trocar uso de {{Referencias}} por {{Listaref}}; cambios estética
Liña 12: Liña 12:


== Notas ==
== Notas ==
{{Referencias}}
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Refectories}}
{{commonscat|Refectories}}
Liña 20: Liña 20:


{{Elementos da arquitectura eclesiástica}}
{{Elementos da arquitectura eclesiástica}}

[[Categoría:Elementos arquitectónicos]]
[[Categoría:Elementos arquitectónicos]]

Revisión como estaba o 9 de marzo de 2015 ás 10:16

Bóveda de cruzaría do refectorio no Mosteiro de Oseira.

Refectorio[1] é o cuarto que nas comunidades relixigosas e nalgúns colexios se emprega como comedor[2]. Todos os mosteiros adoitan ter un refectorio onde os freires fan o xantar, e xeralmente ten forma rectangular, e se acha situado na galería oposta á igrexa.

Disposición

As mesas están aliñadas ao longo das paredes. Os monxes instálanse segundo o seu rango de antigüidade; a mesa do prior, na cabeceira, presida ás demais. Os xantares desenvólvense en silencio, roto tan só polas lecturas da Biblia que realizan, xeralmente desde un púlpito, por un dos freires. Adóitase acceder a esta sala polo claustro ou dende a cociña.

É unha sala bastante importante xa que os monxes pasan moito tempo nela a comer, cear ou almorzar. É crucial o silencio durante os xantares para non interromper a lectura da Biblia, de xeito que mentres os freires congregados alimentan os seus corpos coa comida, alimentan así mesmo a súa alma coa palabra de Deus.

Usos

Todos os relixiosos encóntranse nesta gran sala para as dúas (ou tres) comidas do día. Antes de pasar ao refectorio os monxes lavan as mans e entran en silencio, pregan en voz alta antes de tomar asento e mentres comen escoitan as lecturas.

Notas

  1. Denominación galega en Portal das Palabras da RAG.
  2. Definición en Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 e Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004

Véxase tamén

Outros artigos